Arquivo

O sistema de arquivo é inicialmente moi sinxelo porque o volume de historias é baixo e nos primeiros meses serán fáciles de atopar cunha simple busca a través da ferramenta de categorías, que se corresponden coas seccións do xornal nas que agrupan os contidos por xéneros xornalísticos e ámbitos de interese amplos.

Para completar esa ferramenta están as etiquetas, que permiten un acceso rápido a todas as historias sobre un tema concreto que se tratara en calquera sección do xornal. E tamén podes utilizar todas as sinaturas das colaboradoras e colaboradores que imos facendo posíbel o xornal e as que se vaian sumando para mellorar a túa navegación no arquivo.

 
  • Categorías

  • Etiquetas