“O jazz e os cantos tradicionais galegos encaixan porque son moi libres”
“O jazz é, en orixe, música popular e fusión”. Este é o espírito que reivindica o saxofonista Pablo Castaño co seu novo traballo, A-la-láa, no que reinterpreta en clave de jazz os cantos libres da tradición oral galega. O resultado é un son moi natural, pois ambas músicas se atopan no eido da improvisación.