
O 17 é día de Carvalho Calero. Hoxe: “A primeira descuberta”
Bernardo Máiz abre a serie de historias que o día 17 (excepto en maio, por respecto) homenaxearán á figura de Ramón Carvalho Calero, que se resiste a ser celebrada en círculos institucionais. A peza de Máiz anima a lembrar ao ‘primeiro’ Carvalho, un mozo de 18 anos que comezaba a expresarse en castelán. Eran os tempos da ditadura de Primo de Rivera.