
Nova batalla contra represión xudicial das opinións
Os avogados que levarán diante da Audiencia Nacional a defensa dos activistas galegos investigados nas operacións Jaro I e Jaro II advirten sobre a falta de garantías no proceso e manifestan o seu temor a animosidade do tribunal contra os seus defendidos. Avanzan que a súa defensa pivotará sobre o dereito das persoas a pensar libremente e sobre o dereito a organizarse para manifestar as súas ideas.