Mitos e pantasmas en Manhattan
Os rañaceos son, case todos, realmente fermosos. Ardía a tarde de nostalxia cando íamos camiño do aeroporto. Froallaba. Miras atrás e recontas. Os teus mitos son fantasmas esquecidos, reliquias daqueles anos sementados de cascallos. Andy Warhol sorrí, mentras o seu sedento cámara, Gerard Malanga, grava o po salvaxe entre Leonard Cohen e Janis Joplin na escaleira de incendios do Chelsea Hotel.