Roupa negra
O mundo negro da guerra, do fanatismo, da violencia, fica atrás, pero alí tamén queda xente inocente e asustada. Non é fácil non pensar neles.

Unha viaxe de ida e volta a Deir ez-Zor. Temos que desprendernos do pasado para seguir adiante.
Pasara o medo, sentía alegría e inmediatamente de novo, medo. Estaba nun estado de caos, en metade dunha viaxe xogando coa morte. A seguinte etapa sería saltar a outro territorio. Quedei durmida. Tamén podía ter morto de fatiga.
O noso pasado é unha parte de nós e non hai xeito de evitalo, mesmo se nos doe. Pasou o coche. Senteime na beirarrúa. Pechei os ollos e berrei sen voz. Chorei. Quixen morrer. Quero un tregua. Quero un tempo misericordioso, que pare isto.
Pode que a miña historia non teña interese ou che pareza incríbel. O que conto é verdade; dígocho porque o vivín, vino e está probado. Vivímolo a miña nai, meus tres irmáns e eu. Primeiro foi a guerra civil entre o goberno sirio e o chamado exército sirio libre. E a xente confinada entre as dúas forzas.