O manifesto dos mil
Medra o número de asinantes dun escrito lanzado a semana pasada en apoio das militantes de Causa Galiza e Ceivar que serán sometidas a xuízo na Audiencia Nacional a partir do día 19. De Beiras e Ferrín a Ana Miranda e Isabel Vilalba, personalidades políticas e sindicais, activistas sociais, ensinantes, profesionais da cultural e doutros ámbitos, mostran o seu rexeitamento a este proceso e a súa confianza “en que se impoña a xustiza e a verdade”.