Adiante S. Coop Galega
Ximena González
Bos Aires, 1979. Filla de emigrantes a un lado e outro do atlántico. Feminista, activista e obreira con innumerábeis experiencias no mercado laboral da precariedade e explotación. Editora do fanzine Galiza Nación Cuir, impulsora do C.S. A Galleira, activista da Marcha Mundial das Mulleres. Estou en adiantel.gal porque creo que debemos construír as nosas propias alternativas comunitarias tamén nos medios, para contar a realidade dende onde a vivimos.
Erik Dobaño
Ourense, 1970. Xornalista con vinte anos de experiencia en prensa escrita e, ultimamente, xornais dixitais (laduda, entrenosdigital, sermosgaliza). Estou certo que a independencia do xornalismo é responsabilidade dos xornalistas, e ten que selo tamén das lectoras e lectores aos que convidamos a colaborar desde o principio. Nacemos precarias, pero mesmo desde aquí, esforzarémonos por contar ben e con seriedade as historias que nos interesan.