Que é adiante.gal?
adiante.gal é unha comunidade de colaboradoras e lectoras que impulsan un xornal dixital en galego de ámbito galego, unha plataforma aberta para a difusión de información e análise da actualidade social e política do país. Pretendemos dar relevancia a asuntos esquecidos na axenda pública.
adiante.gal inspírase nun xornalismo lento que propón unha lectura pausada das historias e vai na procura doutra mirada sobre o acontecer no país.
adiante.gal é un medio de comunicación libre que aspira a dar conta do que pasa sen filtros.

Política editorial
En adiante.gal cada unha das colaboradoras ten seu punto de vista, aspiramos á liberdade de pensamento e, polo tanto, non se limitarán as opinións, pero estimularanse o rigor na elaboración das informacións e unha práctica de investigación e reflexión como únicas condicionantes do traballo xornalístico. No adiante.gal esforzarémonos no coidado da edición e no respecto do compromiso cunha información precisa, fundamentada, contextualizada, veraz e ponderada.
Traballaremos para darlle voz á xente que sofre e a quen se esforza en mudar o mundo. Buscamos voces que reflictan eses cambios. Avogamos pola transparencia, mais protexeremos aquelas fontes que o precisen cando o anonimato estea xustificado e se corroboren os feitos.
Todas as colaboracións serán remuneradas e non se admitirán colaboracións gratuítas nin extraordinarias sen un acordo previo coa autora.
Calquera corrección dun artigo solicitada polos autores será atendida e anotarase a data e a corrección ao pé da peza. As correccións significativas anotaranse na parte superior da historia. Anotaranse tamén as agregacións que sirvan para completar as novas ou as opinións. Admitiranse comentarios das subscritoras en calquera das seccións do xornal após a obrigada revisión por parte dos editores.
Quen fai parte de adiante.gal?
adiante.gal naceu dunha cooperativa de traballo asociado constituída a comezos de 2018 por tres socias que pretendeu conformar unha estrutura democrática para facer xornalismo e investir en información no marco da economía social. A cooperativa cesa na súa actividade en xaneiro de 2018 e abre un período de revisión da súa base empresarial.