Arquivo: TeimaFERROL

Imaxes. Jorge Guzmán. Ferrol, reconversión industrial, demografía

Ferrol: a derrota da actitude

Non é fácil aceptar a realidade. As mozas e mozos non topan incentivos para quedarse e o comercio e a restauración ven que innovar significa ter que pechalo negocio. Só o que era coma antes, coma nos bos tempos, triunfa. Ferrol non é Detroit, está dito, pero Ferrol e Detroit gardan una estreita e melancólica relación de urbes que co paso do tempo mudaron de diamante a peza de carbón.

Mulleres nas loitas obreiras de Ferrol

Ferrol búscase na memoria do 72

Dúas traballadoras que viviron as protestas do 72 reflexionan sobre a cidade de hoxe. Vivíase moi ben en Ferrol, aseguran; pero as mulleres non podían nin abrir unha conta no banco, e cando os nenos ían o colexio, as mulleres non pintaban nada. Tiña que ir o colexio o pai. “Entón, que nostalxia?”. Non parece que Araceli nin Fina caeran na melancolía desta cidade que non é Detroit, pero segue coa mirada triste.

Ferrol. Imaxe: Jorge Guzmán. Maio 2018.

Ferrol, unha balea varada nunha praia

“Ferrol era coma unha especie de illote industrial en Galicia, con horarios pautados, estamental. E ese mundo xa non está. Perdeuse autoestima. Como esas estrelas que xa se extinguiron pero segue a chegar a súa luz. Seguimos pautas ideolóxicas e políticas de un mundo que xa non é. Entre esas inercias e a xente moza que escapou é moi difícil construír. Ferrol unha balea varada nunha praia”. Ferrol é hoxe unha cidade cun pé no pasado e outro no presente, quizais algo insegura para cambiar de posición e encarar o futuro.