Publicidade

Eu respaldo este xornal

Precisamos do teu compromiso neste proxecto a través de achegas editoriais ou económicas que contribúan ao sostemento dun xornal independente e xusto.

adiante.gal financiarase coas contribucións das socias traballadoras e das socias promotoras, e cos recursos xerados polas achegas dos subscritores. As modalidades de apoio, antes do comezo da publicación e en todos os casos cun pagamento único, son as que veñen a continuación.

Se prefires só recibir o noso boletín, déixanos o teu email aquí.

Subscritoras

52 ao ano
  • Acceso a todos os contidos da web
  • Publica e debate nos comentarios
  • Boletín quincenal de novas
  • Praza reservada nos actos públicos

Dous anos de confianza

104 pago único bienal
  • Acceso a todos os contidos da web
  • Publica e debate nos comentarios
  • Boletín quincenal de novas
  • Praza reservada nos actos públicos
  • Todas as publicacións en papel editadas

Fai parte da Cooperativa

300 ao ano
  • Todos os servizos de subscriptora por 2 anos
  • 248€ de contribución ao capital social
  • Dereito a voz de voto na Cooperativa
  • Todos os dereitos recollidos na lei galega
O noso modelo de participación coas lectoras​

Subscritoras

Se queres apoiar outra forma de contar e que se conten outras cousas, participa. Di o que queres, elixe a nosa axenda, dinos que nos interesa e cales son as historias sobre as que queres ler, sobre que cuestións queres que se poña o foco e sobre cales temos que profundar.
  • Acceso aos contidos de carácter exclusivo na web.
  • Recibir newsletter quincenal, que inclúa avances de próximos contidos.
  • Avaliar semestralmente as publicacións mediante unha enquisa que sirva de referencia para a programación do semestre seguinte.
  • Formar parte da comunidade de subscritoras para socializar suxestións e achegas ao xornal.
  • Facer propostas de contidos. Unha parte dos contidos do xornal será decidida entre todas.
  • Acceso ás contas da cooperativa e ao informe económico anual.
O noso modelo de participación coas lectoras​

Socias Colaboradoras

Ademais dos dereitos das suscriptoras, todas as socias colaboradoras de Adiante S. Coop Galega gozarán ademais da posibilidade de:
  • Participar na planificación e na elaboración das entrevistas.
  • Participar en debates coas xornalistas.
  • Terán autonomía para organizarse en grupos de traballo para a proposta e elaboración de contidos.
  • Asistir ás reunións de avaliación de adiante.gal que serán como mínimo de periodicidade semestral.
O noso modelo de participación coas lectoras​

Compartamos os espazos

Todas as suscriptoras de adiante.gal, sexa cal sexa a súa modalidade de apoio, gozarán de:
  • Acceso aos eventos exclusivos que realice adiante.gal así como reservas naqueles eventos que sexan de carácter público
  • Espazos de autonomía en blogues que se aloxen na web.
  • Prezos exclusivos nos produtos que edite adiante.gal.
  • Participación nos debates ou conferencias que se poidan transmitir online.

Preguntas Frecuentes

Escribe un correo a soporte@adiante.gal e explícanos o problema.

De xeito automático o sistema permite pagar con tarxeta de crédito. Recibirás un correo de resposta coa confirmación do pagamento e as chaves para acceder á túa conta na web.

Nunhas semanas empezaremos a ofrecer contidos exclusivos para as subscritoras e os subscritores de adiante.gal. Poderás acceder desde a túa conta. No mes de maio habilitaremos un servizo para que recibas quincenalmente un boletín coas últimas historias publicadas na web e outros avisos. Nestes primeiros meses iremos desenvolvendo coas socias e que se sumen á cooperativa ese modelo de participación coas lectoras e lectores do que vos falamos aquí. Acordarémolo con todas. Como subscritora tamén poderás realizar calquera suxestión editorial a través dun correo electrónico que che facilitaremos en breve, unha canle que compartiremos coas colaboradoras e colaboradores.