A toma pola forza da Insumisa esfarela o soño da Marea

A Policía Local e a Nacional reparten golpes no despexo da Insumisa e a maioría dos colectivos veciñais da Coruña mostran na rúa a súa indignación co goberno municipal. Houbo feridos pola mañá e pola tarde. Sangue na rúa e nas redes. A Marea e concelleiras como Rocío Fraga, no albo das críticas. A policía tomando o control. Poñendo a raia aos revoltosos. E o sábado unha manifestación pola defensa do común co goberno municipal sen saber como colocarse na foto. Unha alfombra para o PP.