“Queremos potenciar o debate sobre a folla de ruta do soberanismo galego no seu conxunto”

“Chamamos a afortalar un espazo político desacomplexadamente independentista”, di o manifesto co que se presenta o proceso constituínte ‘Sumarmos forzas pola ruptura’. Breixo Lousada, un dos impulsores desde o MGS advirte: “Non é posíbel transformación social ningunha sen unha ruptura democrático do marco do réxime español”.