886 días berrando "Mina non!"
Comunicado das organizacións e colectivos que loitan contra o megaproxecto de extracción de cobre nos concellos de Touro e O Pino.
Carril | 31 de xaneiro de 2020. Este venres, representantes de plataformas e asociacións ecoloxistas ofreceron nunha rolda de prensa que se celebrou na C.A.D. Gato Negro, en Carril, a súa valoración a respecto da declaración de impacto ambiental negativa emitida pola Consellería de Medio Ambiente sobre o proxecto que promove Cobre San Rafael en Touro e O Pino. Este é o comunicado que fixeron público despois da comparecencia:
«En primeiro lugar, queremos salientar a unidade de todos os sectores afectados, gandeir@s e labreg@s, cooperativas agrarias, veciñ@s, confrarías de pescadores, agrupacións de produtores de mexillón, parquistas, mariscadoras, sindicatos, colectivos ecoloxistas e culturais e plataformas.
Unidade e mobilización que demostrou que é posible parar un proxecto destas características, a pesar da súa capacidade económica e da influencia política no goberno da Xunta de Galicia, que foi o gran valedor desta iniciativa e que amosou ao longo do procedemento unha interese que ía máis aló do estritamente administrativo, incluso defendendo o proxecto en reunións cos sectores afectados como se eles foran a empresa promotora.
As eivas do proxecto mineiro presentado por Cobre San Rafael quedaron xa ben patentes desde o principio. Calquera cunha mínima capacidade lectora e de comprensión, e sobre todo interés, podía percibir que aquelas promesas de traballo e progreso para os concellos e a comarca traían envolta unha soga coa que esganarnos de levarse a cabo a explotación de cobre a ceo aberto.
A valoración que facemos da decisión administrativa da DIA [Declaración de Impacto Ambiental] negativa é, ademais da evidente insostibilidade do proxecto, a forte oposición social amosada ao longo de todo este tempo -cáseque dous anos e medio- que cristalizou nunha Praza do Obradoiro chea ata o tope de manifestantes que reclamaban parar os lixiviados contaminantes, a restauración da antiga mina e o rexeitamento do novo proxecto. A proposta de Cobre San Rafael era inviable e insostible, pero foi o clamor popular o que provocou o desenlace.
Declaran negativa a DIA porque non é sostible o proxecto, pero a realidade é que toda a contorna da antiga mina leva máis de 30 anos nunha situación de ABSOLUTA INSOSTIBILIDADE, contaminando os afluentes do río Ulla e zonas ZEC, coa pasividade da Xunta de Galicia, a pesar de recoñecer en documentos públicos que levan 30 anos sen autorización de vertido!!!
Por tanto, para nós é unha decisión acertada, aínda que motivada, ao noso entender, polas recentes actuacións da fiscalía de medio ambiente e polos posibles custes electorais á beira dunhas autonómicas.
Temos a firme decisión de seguer adiante fiscalizando e esixindo a RESTAURACIÓN DA ANTIGA MINA E A SÚA CONTORNA. O noso papel seguirá activo e vixiante para seguir moi de preto os pasos de todas as empresas do entramado mineiro de Touro e O Pino, nas que aínda hai moitas responsabilidades que depurar e moito dano medioambiental que restaurar e somos conscentes de que poden voltar a presentar o proxecto ao carón da nova lexislación que promove o actual governo da Xunta, que elimina garantías no procedimento ambiental e acurta prazos, dificultando a participación cidadán.
Por todo isto valoramos que a nosa UNIDADE é fundamental para a saúde das nosas augas en Touro, O Pino, na contorna do río Ulla, na ría de Arousa e para garantir o progreso de miles de familias que viven do mar e do campo.
En Carril, a 31 de xaneiro de 2020»
Touro
Mina Touro-O Pino, NON (un texto de Emma Pedreira)
As máscaras. O engano. O veleno nas mans de quen chega para arrincar os metais metendo os dedos por baixo da nosa pel e turra. Os camións a pisotear o resto. O roubo, o espolio, a precariedade e o engano; as botas da morte na nosa cara. Canto tardan en sandar as feridas dunha guerra?
Outras novas
Recadación de fondos para crear o Bosque da Lingua nos Montes de Couso
O aparato de propaganda dos xigantes eólicos sae a escena
Ecoloxistas exixen en Ourense moratoria para frear as macrogranxas
Outras novas
Recadación de fondos para crear o Bosque da Lingua nos Montes de Couso
O aparato de propaganda dos xigantes eólicos sae a escena
Ecoloxistas exixen en Ourense moratoria para frear as macrogranxas