Opinións

O que pensamos en alto.

Unha multitude dentro de Dylan

17/07/2021

O pasado 24 de maio, último luns deste quinto mes do 2021, Bob Dylan acadou a moi venerable idade de 80 anos. A pesares da súa avanzada idade, Dylan non está xubilado, nin de momento cursou a solicitude para afiliarse a tan honorable colectivo.