A hexemonía da marca "Pride" e a colonización do noso imaxinario

Ángel Amaro

Compartilhar no facebook
Facebook
Compartilhar no twitter
Twitter
Compartilhar no google
Google+
Compartilhar no whatsapp
WhatsApp
Compartilhar no telegram
Telegram
Compartilhar no email
Email
Compartilhar no facebook
Compartilhar no twitter
Compartilhar no google
Compartilhar no whatsapp
Compartilhar no telegram
Compartilhar no email

O 28 de xuño de 2019 faranse 50 anos da revolta LGBTIQ do Stonewall Inn. Todo un exemplo de unidade na acción, eclosión popular e solidariedade entre movementos sociais. Medio século despois daquel fito histórico compre reflexionar entre todas, e polo miúdo, sobre a necesidade de seguir mantendo a vixencia da versión orixinal, seguir tendo sempre acesa a chama do espírito radicalmente xenuíno de Stonewall Inn. Unha lembranza colectiva e unha tarefa pendente que nos ten que levar, si ou si, a reconciliármonos co noso pasado e a recompor moitas pezas do puzle do movemento social da sexodiversidade consciente e organizada.

As identificacións, redadas e detencións que tiveron lugar naquel verán de 1969 foron a gota que terminou por desbordar un vaso cheo de rabia contido. Prohibida a venta de alcohol a persoas LGBT, censurada a maquillarse ou os bailes, prohibidisimo empregar tres prendas do xénero contrario, abusos policiais indiscriminados, violacións, expulsións masivas de moitos establecementos, veto total para poder alugar un piso. Un status quo insufríbel que non paraba de minguar as condicións materiais de vida das persoas LGBTI. Mais naquel verán todo estoupou e nada volvería a ser como era. Sinalado o camiño naquel bar o foco mediático, político e económico xa nunca se apartou da nosa loita.

Mais, por que se precipitou todo a finais dos 60? Que dinámicas se viñan dando entre as activistas LGBTIQ e o resto de movementos sociais?

O que cristalizou durante varios días no Stonewall Inn, e nas súas inmediacións, foi o punto de encontro e a barricada común, a consecuencia dun traballo realizado previamente de axitación. No imaxinario militante da altura quedou o pouso de que o 28 de xuño representa a trenza onde se deron a man diversas loitas antifascistas, antirracistas, antipatriarcais, antimilitaristas e anticapitalistas.

Reforma ou Revolución? Naquel momento as LGBTIQ optaron pola segunda vía. Era a vía que hexemonizaba outros movementos sociais e era opción desexábel. O camiño do non á Guerra de Vietnam, o camiño da solidariedade intercionalista cos diversos procesos de descolonización, o camiño das Panteras Negras e outras. O efecto contaxio entre movementos sociais existiu e esa noite de 1969 é o exemplo perfecto de que se deu con toda a súa plenitude. Con rapidez, éxito e moita solidariedade.

Foto @Bettye Lane.

Desde finais dos 70 impúxose por decreto o colaboracionismo extremo coa esfera institucional e aplaudiuse a marxinalización das asembleas LGBTIQ críticas, transformadoras e subversivas.

Como ignorar que seis días antes da revolta do Stonewall Inn tivo lugar a morte de Judy Garland? Na historia do movemento sexodiverso consolidouse a teoría de que as drag queens, en pleno loito, non estaban dispostas a dixerir outra humillación rutinaria e ficar sen responder. Mito ou factor desencadeante? O caso é que non facía nin unha semana do enterro da protagonista da icónica película O Mago de Oz e a paciencia é finita. A rabia no verán de 1969 saía polos poros e, como non, o orgullo tamén. Compre ter sempre presente que as primeiras en lanzar a pedra, a lata de cervexa e o adoquín foron as travestis pobres, as trans negras, as drags mexicanas e os gais portorriqueños. Persoas LGBTIQ racializadas, de clase obreira, con pluma, con corpos non normativos e insubmisas ao exército dos EE.UU.

Transmaribibolleras que non encaixaban no canon ianqui de WASP (White, Anglo-Saxon and Protestant) e que en 1969 acordaron crear o Gay Liberation Front (GLF) e a Street Transvestite Action Revolutionaries (STAR). Dúas organizacións asemblearias, de base, de corte barrial e popular, anticapitalistas e nada oficialistas. Mais por que en apenas nove anos o capitalismo, na súa faceta máis cínicofriendly, case nos desnortou en termos ideolóxicos e programáticos? Por que en 1978 nos roubaron dúas cores da bandeira? Por que nos amosan un Stonewall Inn protagonizado por gais brancos de clase media alta que berran “amor é amor, tolerancia ou respecto”? É evidente que desde o comezo o capitalismo tentou dulcificarnos, desunirnos, desactivar o potencial discursivo e descafeinar referencias e referentes.

Desde finais dos 70 impúxose por decreto o colaboracionismo extremo coa esfera institucional e aplaudiuse a marxinalización das asembleas LGBTIQ críticas, transformadoras e subversivas. Cumpre que no seo do movemento LGBTIQ se reflexione por que estamos hexemonizadas por un modelo concreto de Pride (InterPride, EuroPride, WorldPride) que bloquea a nosa capacidade creativa para organizar cousas diferentes de nós e para nós.

Neste sentido temos que acreditar e lembrar que non hai unha única forma de autoorganizase para “crear un Orgullo”. Non debemos permitir que nos convenzan de que temos que facer activismo amábel, happyfrienldy, asimilacionista ou baleiro de contido. Se nos despolitizan e colonizan as nosas axendas xa terán gañado unha batalla importante. Non queremos un laciño nin un cartaz no facebook unha vez ao ano.

Non debemos permitir que nos convenzan de que temos que facer activismo amábel, ‘happyfrienldy’, asimilacionista ou baleiro de contido. Se nos despolitizan e colonizan as nosas axendas xa terán gañado unha batalla importante.

As LGBTIQ anticapitalistas transformamos o presente mais tamén temos posta a vista nun horizonte estratéxico de mudanzas globais, porque aspiramos a derrubar o cisheteropatriarcado capitalista e imperialista. O noso obxectivo como activistas LGBTIQ non é crear unha festa heterofriendly, dinamizar 24 horas de troula despolitizada ou amenizarlle algo light ao cisheteropatriarcado. Para nós o 28X é crucial e un verdadeiro campo de batalla político e simbólico. O noso día é un medio para transformalo todo, non un fin para parchear. Para moitas de nós o 28X é a consecuencia dun traballo de base realizado e non o entrecruzamento de intereses persoais, superficiais e con visións curtopracistas que unha vez ao ano se dan a man para sacar votos, lavar caras, aliviar conciencias ou encher algún que outro peto.

Aínda que o capitalismo rosa teña fases de expansión ou aínda que as veces vexamos que somos poucas na trincheira LGBTIQ anticapitalista compre non darse por vencidas porque o Orgullo é e será sempre noso. A nosa Revolta é e será sempre nosa.

Sylvia Rivera, presente!
Marsha P. Johnson, presente!

Ourense, 4 de xullo

Ángel Amaro

Ángel Amaro

Licenciado en Socioloxía e coeducador. Activista marica e xestor do blogue Diáspora Cuir. Amante do rural e da soberanía alimentaria. Membro da asociación cultural A Galleira.

Diáspora Cuir
Ángel Amaro. Membro da Comisión de Sexodiversidade da asociación cultural A Galleira.

Catro décadas despenalizando a homosexualidade

A día de hoxe a homosexualidade segue estando ilegalizada en máis de 70 estados. Non fai moito tempo, un 17 de maio de 1990, a Asemblea Xeral da OMS eliminaba a homosexualidade do listado de doenzas mentais. Aínda que no Estado a lei de perigosidade deixou de aplicarse en 1978 nos “casos de homosexualidade” a derrogación virá 20 anos despois da morte de Franco, concretamente un 23 de novembro de 1995. Até esa data pódese dicir que o colectivo LGBT estivo coa espada de Damocles enriba.

Deixe um comentário

Deixe um comentário