Bolivia, entre o golpe e as utopías

Parte I

Compartilhar no facebook
Facebook
Compartilhar no twitter
Twitter
Compartilhar no google
Google+
Compartilhar no whatsapp
WhatsApp
Compartilhar no telegram
Telegram
Compartilhar no email
Email
Compartilhar no facebook
Compartilhar no twitter
Compartilhar no google
Compartilhar no whatsapp
Compartilhar no telegram
Compartilhar no email

Juan Carlos Pinto | La Paz, febreiro de 2020. Bolivia é un país que está a aprender a aceptarse a si mesmo despois de séculos derramando sangue e negación a causa do colonialismo, o mesmo que nos ensinou a sentir vergoña da nosa diversidade. Durante moito tempo os que se acomodaron no poder fixéronnos crer que sermos indios era a maior desgraza desta terra. Os primeiros colonizadores explotaban os indios e preguntábanse se tiñan alma. Na República considerábanos como pobos necesitados de patróns para vivir en relacións servís. Mesmo nos anos 70, a un ditador ocorréuselle a idea de traer africanos brancos para “mellorar a raza”, poñendo de manifesto que o colonialismo se despregou como a forma de dominación permanente contra a maioría plurinacional de Bolivia.

O racismo colonial republicano

Durante as grandes guerras nacionais que tivemos cos países veciños –perdémolas todas, malia heroicas batallas finais que impediron que se apropiasen de máis territorio– foron os pobos indíxenas orixinarios campesiños os que, como carne de canón, estiveron á fronte das batallas, defendendo un país do que non se sentían parte e no que non foran convocados a participar. Con todo, defendíano con sacrificio e heroísmo. Foi neses espazos nos que a diversidade dun país plurinacional se atopou e recoñeceu como tal, alí foi onde se empezaron a xestar os movementos sociais que cambiarían Bolivia. A historia do noso país está chea de ditaduras militares e democracias excluíntes, que unicamente expresaban a estrutura señorial dunha sociedade que xamais quixo verse no espello da súa realidade e viviu de face ao Primeiro Mundo, copiando, imitando e servindo os intereses imperialistas, conxugados co poder local dunha elite cómplice.

A matriz de dominación de clase en Bolivia, sempre estivo ligada ao factor racial na estrutura de dominación. Sempre se deu a confrontación clasista en tempos da colonia e despois na república. A explicación do poder como privilexio duns poucos é que “Deus e o esforzo dotaron os sectores brancos e de apelido para que dominasen a quen foran predestinados só a traballar coas mans e obedecer”.

Por tanto, o racismo non se fundou con tan só nun goberno, senón que foi o sustento do poder das minorías en Bolivia ao longo da nosa historia. Desde esa perspectiva, os sectores dominantes explicaron o atraso boliviano, mentres saqueaban o país. E xustificábanse dicindo que tanto indio “impedía o desenvolvemento, pois non existía o empuxe e a temperanza dos europeos ou norteamericanos”.

O racismo non se fundou con tan só nun goberno, senón que foi o sustento do poder das minorías en Bolivia ao longo da nosa historia.

Por iso, as políticas migratorias dos gobernos oligárquicos non só procuraban ocupar territorio, senón tamén espazos de poder nacional ligados a esta sorte de racismo, buscando “emprendedores que conducirían aos orixinarios na ruta do desenvolvemento”, segundo pensamentos expresados por presidentes e oligarcas pre 52, senón tamén polo propio Banzer nos 70 e varios presidentes do Comité Cívico Cruceño, incluído Camacho, presidente actual; referíndose á migración colla

Fotos: MAS

Por iso, unha primeira constatación histórica é que estes sectores oligárquicos, que gobernaron o país como herdanza colonial, xamais tentaron construír Patria para todos, na que precisamente a bolivianidad fose un dereito fundamental e incluínte. Máis ben, converteuse nunha outra razón de discriminación, pois historicamente estes sectores de poder asumiron que os intereses do país terminaban na fronteira das súas propias facendas ou do seu patrimonio familiar; é dicir, o ideal de construción de nación sempre tivo unha ausencia fundamental para tentar crear un proxecto país.

O 52 foi o maior esforzo que realizaron, montados sobre unha loita popular que aspiraba a construír unha Patria para todos, e rematou en frustración por canto se impuxeron novamente as lóxicas raciais antes que a inclusión patriótica. O neoliberalismo foi outro intento inclusivo a partir do mercado, esgotando os recursos entregándoos ás transnacionais. Non só era un proxecto económico, detrás tamén se expresaba o complexo de inferioridade asumido por uns sectores dominantes que só  vían a posibilidade de converterse en serventes das transnacionais no canto de emprender un proxecto soberano, porque nunca o enxergaron como proxecto de clase. 

Por iso é polo que as grandes batallas que libraron os movementos sociais contra o neoliberalismo convertéronse en referentes históricos do país e do continente na defensa dos recursos naturais e da vida. A guerra da auga en Cochabamba, a guerra do gas no Alto, e os innumerables cercos indíxenas orixinarios campesiños (IOC) xeraron o contexto para o derrube neoliberal e a posibilidade histórica dunha nova época. As loitas sociais en Bolivia sempre tiveron, ademais dun contido de clase, unha reivindicación da identidade fronte á discriminación histórica e racial de quen gobernou o país. Por iso, esta reivindicación estrutural é a que permitiu que un indio fose escollido como presidente de todos os bolivianos, saído da maioría.

As loitas sociais en Bolivia sempre tiveron, ademais dun contido de clase, unha reivindicación da identidade fronte á discriminación histórica e racial.

Evo e as maiorías indíxenas orixinarias

A elección de Evo Morales como Presidente significou unha creba na historia boliviana e latinoamericana. Por vez primeira, as maiorías votaron por un deles, arriscáronse, soltáronse dos señoríos e atrevéronse a construír un mundo diferente. O camiño percorrido nestes case 14 anos de construción do Estado Plurinacional está infestado de reflexións e retos na procura de construír o Socialismo Comunitario a través da Democracia Intercultural.

Non só se asumiu que a maioría vota, tamén é un actor político. O Estado consentiu a representación IOC e a equidade de xénero –outro dos factores de exclusión–. Aínda que non se expropiou nin excluíu ás minorías, e mesmo moitos deles tiveron mellores condicións económicas e de representación democrática, primouse o acceso das maiorías a mellores condicións de vida e a unha maior e proporcional representación política en todos os espazos estatais.

En definitiva, estamos a falar de que o camiño para enfrontar o racismo e a discriminación ancestrais, pasaba por xerar iguais oportunidades á maioría, no mercado pero tamén en ser parte da construción do país. Daquela estamos diante dunha Democracia mellor, que non é só o voto e liberdades e dereitos que estiveron plenamente vixentes (mesmo para insultar ao Presidente, para ter portavoces do racismo nos medios de comunicación que non cesaron de vilipendiar o estilo de gobernar do presidente) senón, e sobre todo, o sentírmonos todas e todos parte dunha Patria construída en común.

Luis Arce (á esquerda), como presidente, e David Choquehuanca (dereita), como vicepresidente, son os candidatos do MAS para os comicios do 3 de maio.

Con todo, o racismo ancestral xunto á perda da exclusividade dos privilexios de clase, estiveron presentes ao longo dos case 14 anos, ás veces de forma explícita, como no golpe cívico prefectural do 2008, ou ben velada a través da mensaxe persistente en medios de comunicación que expresaban as demandas das capas medias en disputa con novos sectores que competían polo mercado laboral, invadían os seus espazos de ocio ou accedían ao mercado de privilexios, xunto a eles. Entón aflorou novamente a rebeldía de clase e o odio racista de quen sempre viviron e foron criados con medo aos indios, malia que os indios eran a súa servidume, os seus subordinados, xamais os seus iguais, como sucederá no novo tempo.

Neste tempo de cambio e mirando desde os explotados e excluídos, Bolivia foi capaz de construír a sociedade máis incluínte da súa historia. En termos de teoría política pódese concluír que as tarefas liberais, nunca antes asumidas polos grupos de poder na República, hoxe son parte da realidade en base o acceso dos explotados á representación política e a oportunidades para mellorar a súa capacidade económica e limitar as desigualdades.

Existen leis que penalizan a discriminación e existe un recoñecemento político a respecto da acción das organizacións sociais, á marxe do sistema político institucional. Estas, entre moitas, outras xeraron unha Democracia mellor e Representativa.

Á marxe quedaban, por un tempo, as voces discordantes dos grupos minoritarios, que excluídos do poder de outrora berraron nos medios de comunicación opositores denunciando a falta de liberdade de expresión.

Mentres insultaban ao Presidente Evo, denunciaban sentirse perseguidos e non rendían contas da súa xestión nos gobernos neoliberais. Outros convertéronse en xornalistas intocables que ofrecían o discurso a unha oposición case inexistente e que era incapaz de producir liderados propios. Sen dúbida, e nesta Democracia, a oposición nunca antes tivera tantas posibilidades de xerar propostas de país. Dispuxo de liberdade de opinión e organización. Con todo, a súa única contribución foi o insulto e a mentira como estratexia política. Por iso a súa maior proposta alternativa de país foi o non á continuidade do proceso de cambio.

(*) Juan Carlos Pinto é sociólogo e analista político boliviano.

Por un erro na edición, este artigo atribuiuse inicialmente a Ernesto Eterno, pseudónimo do escritor que asinou as pezas sobre Bolivia o pasado mes de decembro.​

Deixe um comentário

Deixe um comentário