Breve bitácora urbana

Héctor Tejón

Compartilhar no facebook
Facebook
Compartilhar no twitter
Twitter
Compartilhar no google
Google+
Compartilhar no whatsapp
WhatsApp
Compartilhar no telegram
Telegram
Compartilhar no email
Email
Compartilhar no facebook
Compartilhar no twitter
Compartilhar no google
Compartilhar no whatsapp
Compartilhar no telegram
Compartilhar no email

Ano 2015. Galiza vese sorprendida por un fenómeno eminentemente urbano. Iso que se deu en chamar “mareas/candidaturas de unidade popular”. Alimentadas polo marco do descontento amparado nun 15-M de incidencia igualmente urbana e nado baixo certo mimetismo coa moda mediatica madrileño-centripeta do momento. A necesidade de fuxida da decepción co relato crecentista e altamente economicista da mal chamada transición. Aquilo que informalmente se proclamaba coma unha necesidade de rede. Coma unha posibilidade utópica de reformular o existente-instituído. A impugnación dun relato de clase esgotado polas posibilidades finitas do economicamente posible e o vivencialmente improbábel. O informal da rúa. Do pensamento vivo. Das preguntas sen resposta. Mudou nunha oportunidade electoral, que non política, para o desprazamento “dos de sempre” por esa especie de novidade de mercado electoral que se demostrou, segundo a cidade, escasa e claramente herdeira das formas, vicios e conductas políticas formadas no azar dos tempos.

Onde antes ocorrera un carnaval caótico dos corpos e mentes que en forma de Behemoth hobbesiano pensáronse informes e forza crecente. Agora, formal e ordenadamente, sucede un xerencialismo neoliberal do aforro e o gasto. Onde se berraba “non nos representan”, resoa unha especie de mudar para conservar de corte socialdemócrata amparado nun posibilismo amortuxado. Cada hipotética alternativa toma a forma do lugar onde agroma. Pero non do non-lugar fluído que vive, se non do espazo real e rixido que o goberna.

Onde se berraba “non nos representan”, resoa unha especie de mudar para conservar de corte socialdemócrata amparado nun posibilismo amortuxado.

E velaí, que no tempo presente, na cidade da Coruña acontece o impensábel. Un goberno de “nova esquerda” desaloxando un laboratorio cívico do pensar e de reprodución doutros espazos de vida. Un lugar que no seu nome proclama esperanza: A Insumisa. Un Centro Social Okupado no centro da memoria histórica militar tanática e de clase. Que deu a volta ó signo que o tempo semellaba ter fixado coma epitafio latente dun pasado vergoñento. Un lugar practicado, vivo e rebelde. Tan molesto para os poderes coma necesario para os sentires outros urbanos. Eses sentires do común por chegar, do corpo social por hexemonizar. Dun sentido do urbano afastado da cidade marca. Do supremacismo do ser comercial, ese que vive coma merca e consume coma resiste. Espazo libre de fascismo e comunitario de esperanza.

Noutro exemplo claro de descrédito político (veremos no tempo se tamén electoral). Se non desaloxa, o goberno esquece. Esquece San Vicente de Elviña, a última aldea urbana da cidade. Que nas súas veas leva gravado a lume o derrubo por capricho da casa de Varo e Isabel . A desaparición de familias substituídas polo afán propietarista e especulativo de promotoras, cooperativas e a megalomanía desenfreada dos diferentes gobernos da cidade. Aderezado todo elo nos últimos tempos, pola ruptura (unha de centos) da promesa da desafectación duns fogares que conviven co perigo da expropiación. Coa ameaza do desaloxo forzado por simplemente vivir onde molesta a unha cidade que funestamente medra de costas aos intereses e necesidades reais da súa poboación.

O optimismo da vontade política enunciada chocou co pesimismo da realidade. Coa evidencia que seguindo os guieiros e ferramentas do antagonista, non pode acontecer nada mais que o mesmo pero cuns graos menos de desigualdade formal. Nin A Insumisa vai resistir a forza do Estado nin San Vicente de Elviña vai ser desafectado. Nin vai haber remunicipalizacions. Nin unha proposta transformadora na elaboración e aplicación dos orzamentos públicos. Quizais porque non hai vontade, quizais porque a cidade non se deixa.

O optimismo da vontade política enunciada chocou co pesimismo da realidade. Coa evidencia que seguindo os guieiros e ferramentas do antagonista, non pode acontecer nada mais que o mesmo pero cuns graos menos de desigualdade formal.

E é que no cumio da utopía por construír, o que realmente se atopa é a gobernanza da cidade existente. Da cosmópolis barrial que nunha entrópica sucesión de rúas, recunchos, corpos e afectos, semella domarse nunha disciplina abertamente comercial e baixo un senso común claramente funcional e anónimo. Onde transitamos vías que moven ansiedade celosamente gardada en bolsas de Zara. Estradas que conducen sentires falsamente enfornados no calor artificial do etéreo momento consumista. Limpeza falaz do relato dun pasado por construír. Na Coruña, Vigo, Ferrol, Lugo ou Ourense… pasarán as facianas pero ficarán os seus feitos. Os da decepción co prometido nunca realizado. Da resignación co nunca acadado. A frustración do re-intentado unha e outra vez esnaquizado. E entre os escombros do outro por vir, unha luz que ilumina con forza e nos lembra que temos todas as respostas, pero quizais, trabucamos as preguntas…

Héctor Tejón Sáez

Héctor Tejón Sáez

A Coruña, 1981. É licenciado e doutorando en Socioloxía pola Universidade da Coruña. Desenvolveu gran parte da súa carreira profesional coma investigador social e docente na Facultade de Socioloxía da Coruña. É co-autor do libro La Siniestrabilidad Vial:Un problema desconocido e artigos en diversas publicacións electrónicas. Presentador programa de radio Está a pasar na radio comunitaria CUAC FM. Cursando na actualidade o Grao de Ciencia Política e da Administración pola UNED. @htejon.

Deixe um comentário

Deixe um comentário