Cabras Bombeiras (e cabrito ao espeto) no Hío

Pouso da Serra, con tres socios cooperativistas e un empregado, desenvolve actividades gandeiras e forestais e de dinamización do rural.

Compartilhar no facebook
Facebook
Compartilhar no twitter
Twitter
Compartilhar no google
Google+
Compartilhar no whatsapp
WhatsApp
Compartilhar no telegram
Telegram
Compartilhar no email
Email
Compartilhar no facebook
Compartilhar no twitter
Compartilhar no google
Compartilhar no whatsapp
Compartilhar no telegram
Compartilhar no email

Ana Noguerol | Pontevedra, 30 de setembro.  A Asociación de Criadores de Caprino e Ovino de Galiza (Ovica) emitiu unha nota de prensa a principios de mes cunha lista de reivindicacións e algunhas advertencias sobre as potencialidades dunha gandaría que se están deixando pasar.

A lista comezaba por lembrarlle á Administración o caros que resultan hoxe os trámites para sacrificar os animais e o bo que sería dispor de matadoiros móbiles. A relación continuaba cun chamado á recuperación do programa de implantación e mellora de pastos en Montes Veciñais en Man Común. Só se executou un destes plans: en Lucenza, Cualedro, nunha explotación de vacún, lembran os gandeiros. O programa cancelouse no 2015 despois de tres décadas de experiencias… Tamén se queixan os gandeiros dos obstáculos continuados nos trámites das axudas do PAC (desta volta, a non comunicación das axudas acopladas) e doutra circunstancia na que adoitan a pagar xustos por pecadores. “Solicitamos a supresión da prohibición de pastoreo nos terreos queimados nos dous anos sucesivos ao lume cando se produce por causas alleas ao propio gandeiro e tendo en conta as excepcionais condicións de seca con escaseza de alimento para o gando e a posibilidade de declarar esa superficie na PAC sempre que se continúe a traballar e manter”, di Ovica. Nalgunhas zonas, Medio Ambiente, a consellería, di que a prohibición se manterá até o 2021.

A continuación, os gandeiros advirten da urxencia de atopar solución para un problema relativamente novo pero que está producindo o peche de explotacións: as axudas para a prevención e control dos ataques do lobo. Os gandeiros constatan peches en Becerreá, Cotobade, Guitiriz, O Irixo e Vilasantar por esta circunstancia. E o lobo é o único inimigo. “Outra desgracia para a nosa actividade, son os danos que ocasionan os xabaríns nas nosas parcelas agrarias, fundamentalmente en pastizais e pradeiras renovadas ou implantadas por primeira vez. Nalgunhas zonas como o Sur de Lugo, en Sober, Ferreira de Pantón, Quiroga e Monforte de Lemos, converteuse nunha utopía poder sacar adiante unha consolidación de zona de pasto sen que o xabarín che levante todo, coa considerable perda económica que che ocasiona”, explican.

Os gandeiros reclaman un plan de xestión do lobo e do xabarín. Polo de agora, xa se integraron no grupo O-Xan (Grupo de Opinión a Xestión do Lobo en Galicia), onde tamén están outros colectivos de gandeiros (Acruga, Asoporcel e Puraga) xunto a conservacionistas, cazadores e investigadores.

Nos tres parágrafos anteriores resúmese a situación do segmento gandeiro caprino e ovino no país, que conta con dous centenares de explotacións e 30.000 animais censados. Son unha minoría dentro dun sector minguante. “Hoxe en Galiza, xa só quedan 229.000 cabezas de gando ovino e cabrún repartidas entre 21.709 explotacións gandeiras, das cales unicamente 76 ganderías teñen máis de 250 animais”, explican. Neste contexto desenvolve a súa actividade Pouso da Serra, una sociedade cooperativa xuvenil que achega o seu gran de area na prevención de lumes forestais.

Granxa Cabuxa, unha das explotacións socias de Ovica, en Guntín (Lugo). As imaxes desta reportaxa son cedidas por Ovica e Pouso da Serra.

Pouso da Serra é un dos exemplo desas potencialidades ás que se refire Ovica. E sinalan un programa da Junta de Castilla y León (50 millóns de euros, 123 euros por hectárea de monte que xestionan con labores de pastoreo extensivo rabaños de ovellas). O programa chámase Oveja Bombera. En Canaraias veñen de poñer marcha un semellante. En Cangas, no monte do Hío, os gandeiros de Pouso da Serra utilizan cabras, e limpan o monte con elas como parte da súa actividade. Cada día desde hai dous anos.

Jacobo Cerviño, é un dos tres socios fundadores (teñen ademais un empregado). Cerviño conta como era a situación cando comezaron e lembra que era insostíbel pola cantidade de biomasa acumulada e a omisión da limpeza forestal. A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo lanzara a voz de alerta e mesmo a prensa recollí en crónicas o abandono. “Toneladas de ramas han quedado esparcidas en el monte después de haberse realizado varias cortas de eucaliptos”, escribía o correspondente na zona de La Voz de Galicia. “La biomasa foresal se acumula cerca de árboles, viviendas y también torretas de cableado aéreo de media tensión eléctrica”. “Pero en só dous anos o monte cambiou, fixemos cortalumes, e co gando fixemos camiños”, di Jacobe, “porén, as Administracións públicas non nolo agradeceron”.

Pouso da Serra é unha illa, si; pero o arquipélago medra e cada vez hai máis proxectos, empresas, cooperativistas por todo o país facendo cousas no rural e ocupándose da custodia do monte e do entorno. Son as brigadas deseucaliptizadoras, que este ano se afanaron na limpeza despois da traxedia da vaga de lumes de hai un ano. Son tamén os gandeiros de Ovica, que enchen de nomes sonoros o espazo labrego: Granxa Cabuxa, As Sabugueiras, Casa da Armada, Pouso da Serra…

As Cíes, desde o Hío, coas cabras ‘bombeiras’ no monte.

Pouso da Serra, no Hío, unha asombrosa paraxe en Cangas do Morrazo, supera con intelixencia e moito esforzo os obstáculos impostos ao sector primario. Con forma de sociedade cooperativa xuvenil, é o campo de traballo de tres socios multifuncionais: ademais do caprino, tamén se dedican á apicultura, á realización de traballos forestais e ao mantemento de xardíns, entre outras actividades. E levan dous anos organizando a Festa do Cabrito no Frendoal de Liméns.

“Só con cabras non se pode apañar toda a economía”, di Jacobo. Un dos socios dedícase ao pastoreo diario do rabaño. Executan o pastoreo extensivo. Para que o rabaño poida pacer de xeito idóneo é precisa unha ampla extensión dotada dos recursos naturais necesarios. As cabras degustan especies leñosas e herbáceas: os toxos, as xestas, as carqueixas e os fentos. Un mecanismo biolóxico de limpeza dos montes… e unha relevante achega a prevención dos lumes. As cabras, no Hío, tamén son bombeiros ou peóns forestais.

Pouso da Serra conta cunha concesión de 40 hectáreas da Comunidade de Montes do Hío, que establece unha duración de 20 anos para pastorear nese terreo comunal.

As subvencións para este tipo de pastoreo son practicamente nulas e os traballadores atópanse nunha aventura continua pola supervivencia. Pouso da Serra conta cunha concesión de 40 hectáreas por un contrato coa Comunidade de Montes do Hío, que establece unha duración de 20 anos para pastorear nese terreo comunal. As cabras viven en excelentes condicións mentres coidan e acondicionan o monte litoral do Morrazo. A súa rutina co pastor comeza as nove da mañá, “ou nos días de verán un pouco máis cedo”, e esténdese ata “a unha ou dúas da tarde, cando van á zona de sombra da carballeira, para logo saír ata a noite, o momento de recollida do gando”, di Jacobo. “O rabaño está precioso, pastorea libremente. Temos preto de 180 cabras, xa é un rabaño curioso”. En Ovica, malia o contexto, din que hai xente incorporándose á actividade e xa planean fundar unha escola de pastores, a primeira do país.

Festa do Cabrito, a fin de semana anterior.

“Tes que buscarte a vida, e moverte moito para vender”, explica o cooperativista. Avanzan paseniño. “Nós estamos bastante fastidiados. Levamos catro anos loitando para facer unha nave adecuada, xa que agora mesmo témola nun lugar provisional, no que tamén temos unha especie de invernadoiro. Pero nós queremos e temos un proxecto serio de nave”. Están próximos a realizar ese desexo, pero “a Administración non axudou en nada. O único que nos puxo foron atrancos, e andar de peregrinación polas distintas oficinas. Tivemos que mirar nós todo o tema do asesoramento, porque a Xunta non colaboraba con nada”.

“Moitos dos cartos que entran na cooperativa son dos encargos forestais que facemos. Tamén traballamos para diferentes cooperativas de montes, e levamos o mantemento dalgúns colexios e xardíns. Facemos un pouquiño de todo”. Ademais contan cun apiario para a produción de mel e derivados. “Durante as parideiras estamos todos un pouco a tope, temos que estar moi atentos das cabras. É un mes bastante complexo. O resto do ano, pois un día imos ás colmeas, outro a desbrozar, outro a facer traballos forestais…” Así se definen as rutinas nesta cooperativa, cunha combinación heteroxénea de labores. Despois está o da Festa do Cabrito. “Facémolo ao estilo da Festa do Carneiro en Moraña, e nela vendemos o 80% da produción”. Unhas mil persoas foron probar os cabritos ao espeto hai só uns días.

illas

Deixe um comentário

Deixe um comentário