Florentino coida de nós

Diego Lores

Compartilhar no facebook
Facebook
Compartilhar no twitter
Twitter
Compartilhar no google
Google+
Compartilhar no whatsapp
WhatsApp
Compartilhar no telegram
Telegram
Compartilhar no email
Email
Compartilhar no facebook
Compartilhar no twitter
Compartilhar no google
Compartilhar no whatsapp
Compartilhar no telegram
Compartilhar no email

Propoño unha adiviña. Propoño que descubrades de que estou a falar, tedes catro pistas para resolver o enigma.

Primeira. Este texto o podemos ler na súa web:

«… aborda las principales preocupaciones sociales de la actualidad, el desempleo y la desigualdad, actuando en cuatro ejes:
– Fomento de la empleabilidad.
– Integración laboral de colectivos socialmente vulnerables.
– Sensibilización sobre la realidad de estos colectivos vulnerables.
– Prestación de cuidados extraordinarios, como terapias asistenciales o actividades sociales, para mejorar la calidad de vida de estas personas, con especial atención a niños y mayores.»[1]

Segunda. Nas últimas semanas ofrecían estas tres ofertas de emprego en Vigo:

«1) Seleccionamos educador/a social para centro de intervención familiar ubicado en Vigo. Jornada Parcial 12 horas semanales. Horario de tarde en época escolar y de mañana en periodo de vacaciones. [2]

2) Seleccionamos auxiliares de ayuda a domicilio para Vigo. Incorporación inmediata. Residencia cercana al lugar de trabajo. [3]

3) Seleccionamos enfermero/a para Centro Cedro (Vigo). Turno de tarde de 14 a 21 (Entrada flexible para compatibilizar con SERGAS). Sustitución de Vacaciones desde el 10 al 21 de Diciembre. No necesaria experiencia. [4]» 

Terceira. Un parágrafo extraído dun xornal de negocios:

«La compañía de multiservicios está dedicada a servicios integrales de limpieza de interiores, servicios sociales, mantenimiento, servicios aeroportuarios y restauración social, entre otras actividades. […] Ha integrado ya a 5.032 personas de colectivos vulnerables, de los cuales el 78% son personas con discapacidad. Esto supone el 7,3% de la plantilla, compuesta por 63.316 personas, según la memoria de 2014. El 83% del personal son mujeres.» [5

Cuarta. Xestiona unha importante parte das políticas sociais no Concello de Vigo. En concreto o programa de Axuda no Fogar, o programa de Intervención Familiar e unha parte de CEDRO (Centro de atención para drogodependencias) . [6]

Imaxe promocional na web da compañía Clece. @Clece

Catro pistas penso que son dabondo para atopar a resposta, non si? A solución (xa o vistes) é CLECE. Unha compañía filial da construtora ACS cuxo director e máximo accionista é Florentino Pérez. Estamos diante dunha empresa multiservizo, aínda que gustan dicilo mellor en inglés facility services e facility management, que ofrece case de todo: limpadoras, bedeis, auxiliares axuda no fogar, enfermeiras, traballadoras sociais, educadoras infantís, persoal de mantemento

Os cartos da construción e das grandes infraestruturas non son xa tantos polo que ACS e demais capitais levan tempo na procura de novos negocios. Resultado: ao mesmo tempo que administracións e grandes empresas alixeiraban os seus cadros de persoal, compañías como CLECE, EULEN, ISS, mesmo ILUNION (pertencente ao grupo ONCE) entraban na nosa vida cotiá para xestionalo todo. Así fomos normalizando que o persoal de limpeza de hospitais públicos sexa de CLECE ou que na entrada das oficinas da Seguridade Social foramos recibidas por persoal de seguridade rotulado coas siglas de EULEN.

“Nun momento histórico no que o feminismo foi quen de colocar nas axendas sociais e políticas a importancia dos coidados, grandes capitais están a controlar unha parte moi importante dos servizos que nas nosas sociedades deseñamos para tratar de resolver necesidades básicas.”

Unha vez postas as súas gadoupas neses sectores, o capital esixía máis espazo para os negocios. Nos últimos anos: centros de menores, servizos de axuda no fogar, residencias terceira idade… foron obxectivo de empresas como CLECE. Debido as súas grandes estruturas, á proximidade co poder e á práctica de concorrer a moitas convocatorias públicas estas empresas están en moi boa disposición para conseguir contratos públicos. Se a isto unimos os baixos salarios ou por exemplo o aproveitamento das bonificacións ás contratacións de determinados colectivos, as baixas ofertas nos concursos están listas para gañar adxudicacións onde o económico pondera máis que criterios de calidade na prestación do contrato.

O paradoxo é que nun momento histórico no que o feminismo foi quen de colocar nas axendas sociais e políticas a importancia dos coidados, grandes capitais están a controlar unha parte moi importante dos servizos que nas nosas sociedades deseñamos para tratar de resolver necesidades básicas. Como alertaba o educador Enrique Martínez Reguera a pobreza é rendible e empresarios como Florentino Pérez tomaron moi en serio chuchar dela no seu beneficio.

Vigo, 19 de decembro.

Diego Lores

Diego Lores

Vigo, 1981. Xuntarei letras sobre vivencias e pensamentos sobre o social. Participo na Oficina de Dereitos Sociais de Coia. Diplomado en Traballo Social e profesor do ciclo superior de Integración Social en Vigo.

ODS Coia

Deixe um comentário

Deixe um comentário