Uxía Casal

1957, Santiago de Compostela. Mestra e escritora. Licenciada en Arte e en Filoloxía Hispánica. En 1984 empezou a súa labor docente na Universidade Laboral en Ourense que despois continuaría no Instituto das Lagoas. Xubilouse no 2003. Autora, entre outras obras, de Saturno tamén é deus (Galaxia, 1997; reeditada por Urco en 2017), O faro de Arealonga (Xerais, 2001), Sede en Ourense (Galaxia, 2005) e Vidas exemplares (Xerais, 2006).