A Xunta urxe ao TSXG que desestime a demanda de MDC para anular a arbitraxe aberta pola empresa en Panamá

Teima | Como se para unha mina – Capítulo 2 (Corcoesto)

Compartilhar no facebook
Facebook
Compartilhar no twitter
Twitter
Compartilhar no google
Google+
Compartilhar no whatsapp
WhatsApp
Compartilhar no telegram
Telegram
Compartilhar no email
Email
Compartilhar no facebook
Compartilhar no twitter
Compartilhar no google
Compartilhar no whatsapp
Compartilhar no telegram
Compartilhar no email

Erik Dobaño | A Coruña, 28 de xuño.  Despois da loita veciñal e da decisión da Administración de parala, para parar unha mina aínda queda pasar polos xulgados. A batalla por Corcoesto segue aberta no Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG), na Coruña, en nun tribunal de arbitraxe, o Centro Internacional de Arranxo de Diferenzas Relativas a Inversións (CIADI), en Panamá.

En marzo de 2014, a Consellería de Industria deu carpetazo ao proxecto da mina de ouro en Corcoesto. Despois de dous anos, a loita veciñal conquistara o dereito a preservar o seu entorno natural. En xaneiro de 2015, o secretario xeral técnico de Industria denega definitivamente o proxecto. En agosto de ese ano, declárase a caducidade dos dereitos mineiros de Minería de Corcoesto (MDC), a empresa creada pola canadense Edgewater. Nesa altura, Edgewater xa iniciara a batalla xudicial contra a Xunta de Galiza. Reclamaba 20 millóns de euros.

En decembro de 2014, unha empresa denominada Pedra País S.L., outra sociedade interposta, recorreu diante da Audiencia Nacional a decisión da Comisión Nacional do Mercado e da Competencia de non denunciar á Xunta de Galiza por ter incumprido a normativa comunitaria. A Audiencia Nacional desestimou o recurso en xaneiro deste ano, 2018. En realidade, Pedra País e o seu avogado, Valle Feijóo, facían parte dunha fronte xudicial máis ampla, que incluía a Proamina, constituída en novembro do 2015 (despois do carpetazo ao proxecto) e tamén representada por Valle Feijóo, que iniciou varios procedementos xudiciais co fin de obter expedientes de empresas mineiras, segundo a letrada da Xunta. Eses expedientes sería aportados despois por MDC, con Valle Feijóo como avogado, na súa reclamación contra o Estado o que, en opinión da letrada, “revela una instrumentalización de los procedimientos judiciales seguidos en España por la Asociación Proamina“.

A letrada da Xunta de Galiza no recurso contencioso-administrativo 7383/2014 é Patricia Iglesias. O caso séguese no Tribunal Superior de Xustiza de Galiza e o escrito da letrada ten data de febreiro pasado, en plena folga das traballadoras e traballadores da xustiza. O escrito é o epílogo da batalla por Corcoesto… ou quere selo. “A ameaza segue aí”, comenta Fina Pose. “O lobby mineiro non se deixará vencer tan fácil e para eles, unha disputa como a de hoxe en Touro é decisiva, porque saben que non poden conceder outra vitoria ao movemento contra a minaría en Galiza”, reflexiona Paco García. Fina e Paco deron conta na primeira entrega desta serie da súa experiencia como activistas, de como se para unha mina. Os dereitos de MDC caducaron, pero os xacementos poden activar os intereses do lobby en calquera momento. “espero que non volvan. Pero con esa lei de depredación, con algunha intención a farían… non sei”, di Fina.

A estratexia da empresa é dilatar o proceso

Edgewater mira Corcoesto desde Panamá. A día de hoxe a súa estratexia é dilatar o proceso no TSXG porque o que lle interesa é outro procedemento, o PCA nº 2016/26 que se segue en Panamá nunha arbitraxe do CIADI na que Corcoesto S.A., sociedade panameña e filial de Edgewater, reclama ao Estado español unha indemnización pola denegación do permiso de explotación duns 30 millóns de euros estimada segundo o investimento e o lucro cesante da explotación.

Parece que Edgewater tampouco confía na Xustiza española. Mais as multinacionais teñen esa capacidade abrir de filiais e apelar a tribunais de arbitraxe nos que poidan litigar contra os Estados. E, por iso, alerta a letrada da Xunta, xoga a dilatar a causa aberta en Galiza. A Xunta pide desde hai meses (o escrito é de febreiro, pero daquelas nos xulgados andaban en folgas) que o TSXG “dicte una pronta sentencia estimatoria (que) implicaría una pérdida sobrevenida del objeto del arbitraje internacional“. Desde o Tribunal, informan que o procedemento está en trámite de conclusións. No CIADI a denuncia contra o Estado español segue pendente de resolución.

No TXSG o procedemento está en trámite de conclusións. No CIADI a denuncia contra o Estado español segue pendente de resolución.

A Xunta considera que o TSXG pode anular calquera efecto da arbitraxe internacional se emite un fallo sobre a controversia, que se resume na demanda presentada por MDC denunciando que a Consellería de Industria excederase nas esixencias de solvencia económica. O escrito de conclusións da Xunta insiste en subliñar a “mala fe” da demandante e un exercicio “abusivo” do dereito por parte dela.

Non só se trata que de os canadenses crearan sociedades interpostas para abrir frontes xudiciais, algunhas coa intención de ter acceso a expedientes de outras empresas mineiras –expedientes que, segundo a letrada da Xunta, refírense na maior parte dos casos a permisos de investigación e non de explotacións mineiras, e tampouco foron admitidos como proba–, tamén recorreron a persoal da Administración. Mayte Negreira Pazos, enxeñeira de Minas, di o escrito da letrada, mantiña un vínculo laboral con Industria mentres se tramitaban os permisos de explotación e, anos máis tarde, prestou testemuña a favor de MDC mentres estaba prestando servizos na Cámara Minera de Galicia, o grupo de presión das empresas no país.

Pleito pola mina de Corcoesto.

O proceso que se segue no TSXG permite reconstruír o procedemento polo que a Administración pública parou finalmente o proxecto de Edgewater cuestionando a solvencia económica do plan. Entre os instrumentos que utilizou a Xunta para frear o proxecto ocupa un lugar relevante un informe do IGAPE sinalaba debilidades nas liñas de financiamento: un préstamo do RK Mine Finance, firma australiana especializada en inversións mineiras, convertíbel en accións sen que houbera previsión de ampliación de capital; un crédito de Barclays Bank e Credit Suisse por 120 millóns de dólares, que non era máis que un simple posibilidade de crédito sindicado; e dúas subvencións por valor de 12 millóns de euros que se incluían na previsión de ingresos sen que estiveran garantidas as condicións para acceder a elas.

No intercambio de escritos entre a Administración e a empresa, sostén a letrada, queda acreditada que “MDC era consciente de que no cumplía los requisitos de solvencia financiera para llevar a cabo la explotación” e achega diferentes informes, un deles, da Subdirección Xeral de Minas, de outubro de 2013, cando a contestación social se volvera máis intensa, coas veciñas e veciños de Corcoesto e arredores de manifestación en manifestación, de palestra en palestra, denunciando por todo o país a agresión que estaba a piques de suceder.

Nese informe, Minas advirte á empresa que só ten contratadas a 9 persoas (un 4% do que precisa para a execución do proxecto) e que, polo tanto, considera que o resto dos empregos, até o total de 271, dependen de que se acredite a viabilidade; é dicir que a solvencia técnica de MDC depende “necesariamente” da súa solvencia económica. Ese informe está asinado pola enxeñeira de Minas Mayte Negreira Pazos, que a altura de 2016 estaría traballando, explica a letrada, para a Cámara Minera e declarando na demanda de MDC contra a Xunta… a favor da empresa.

A enxeñeira que asinou un dos informes de Minas que cuestionaban a solvencia económica do proxecto prestaría despois testemuño no xuízo no TSXG a favor da mineira.

A empresa, Edgewater/MDC/Corcoesto (a panameña) deita as súas esperanzas na denuncia contra o Estado español pendente da arbitraxe internacional, “un foro artificioso de arbitraxe internacional (…) en paralelo co presente procedemento“, sostén a letrada, que advirte do “solapamento significativo entre a controversia planteada por Corcoesto, S.A. (sociedade cascarón panameña)“. A Xunta sostén que cumpriu a lei, que a intervención de Industria estaba xustificada polas dúbidas sobre a solvencia do proxecto, que as esixencias foron “estándar”, que os prazos dos trámites de foron os axeitados. Finalmente a empresa non puido acreditar a solvencia financeira do proxecto e esa circunstancia provocou, primeiro a denegación e despois a caducidade dos dereitos. A urxencia é que agora a xustiza española poida dar tamén o carpetazo.

Edgewater e lobby mineiro desistirán daquela? Fina Pose e Paco García non as teñen todas consigo. Os movementos ecoloxistas do país recoñecen que a presión sobre os recursos mineiros, incluídos os de Corcoesto, será constante, que hai unha guerra aberta entre o lobby e o movemento cidadá e que hoxe a batalla está en Touro e mañá pode estar noutro sitio. Ao fin, o que se cuestionou no caso de Edgewater en Corcoesto foi a solvencia económica esixida pola lexislación. E a lei cambiou. Cambiou, entre outras cousas, porque o lobby tamén traballa constantemente nese ámbito. Tamén van cambiando os actores no lobby en función da evolución do negocio mineiro. Onde non chegou Edgewater, quizais chegue Sacyr. No propio escrito da letrada a Xunta asume que “MDC ya no puede (explotar) la mina de oro con el mismo proyecto (…) Sin prejuicio, pero ese es otro debate (…) que MDC u outra empresa vuelva a solicitar un proyecto de explotación viable de la mina de Corcoesto cuando se publique el concurso de derechos mineros caducados“.

Teimas

O aparato de propaganda dos xigantes eólicos sae a escena

‘La Voz de Galicia’ difunde un vídeo dun presunto debate sobre a avalancha de proxectos eólicos, “debate promovido por EDPR España”, no que se reforza o discurso das corporacións enerxéticas sobre as bondades das centrais eólicas coa colaboración de representantes políticos e universitarios para lle dar ao formato un ton de obxectividade xornalística e científica.

Ecoloxistas exixen en Ourense moratoria para frear as macrogranxas

Durante a concentración, os activistas exhibiron mostras de auga contaminada polos efectos da gandaría industrial que producen un grave impacto ambiental, salientando a proliferación de toxinas no encoro das Conchas, convertido no sumidoiro da gandería industrial limiá.

A fonte-símbolo: o Xurés non quere eólicos

A plataforma Stop Eólicos Xurés-Celanova denuncia que a pista principal de acceso a un polígono eólico proxectado por Greenalia en Bande esfarelará unha fonte e un bidueiral ao pé da N-540 onde o visitante se atopa por vez primeira coas vistas do Val do Limia enmarcado polos picos dos montes do Parque Natural do Xurés.

Touro: “Feitos”

A Xunta fai pública a resolución que asume a vitoria da veciñanza e frea a mina denegando a Actualización do Proxecto de Explotación e o Plan de Restauración da concesión de explotación á mineira San Rafael.

Deixe um comentário

Deixe um comentário