Compostela, cidade turística pouco accesible no seu

M. Pereira Oliveira

Compartilhar no facebook
Facebook
Compartilhar no twitter
Twitter
Compartilhar no google
Google+
Compartilhar no whatsapp
WhatsApp
Compartilhar no telegram
Telegram
Compartilhar no email
Email
Compartilhar no facebook
Compartilhar no twitter
Compartilhar no google
Compartilhar no whatsapp
Compartilhar no telegram
Compartilhar no email

Día a día, milleiros de persoas utilizamos o transporte público en Compostela para nos movermos pola cidade e, seguramente, moitos suframos algunha diversidade funcional que nos afecte a mobilidade, como é o meu caso.

Probablemente, quen lea estas liñas non comprenderá o motivo polo cal expoño o meu descontento co servizo de autobuses urbanos de Compostela. A miúdo, uso o transporte público da capital galega, dado que me facilita o desprazamento pola cidade, mais atópome cun lastre: a falta de indicacións por audio de cada unha das paradas que a respectiva liña de autobús vai realizar. En caso de existiren eses avisos sonoros, axudaríannos a min e a outras persoas co mesmo problema a baixar na parada que desexamos, sen ter que lle pedir ao condutor ou condutora que nos indique cal é a parada.

No caso que se requira este servizo de axuda, corremos o risco de que quen ten que atender a guiar non se lembre de facernos o recordatorio. Iso xa me ten acontecido algunha que outra vez e vinme obrigado a orientarme desde unha parada que non era a miña.

Bus en Compostela.

Existe ineficacia tanto do Concello de Santiago como da empresa concesionaria dos autobuses. Logo de varias peticións para incluír a megafonía, fíxose caso omiso. O único que se lles comunicaba aos usuarios que o solicitaban é que se ía renovar a flota, xa co sistema incluído. Unha parte foi renovada, mais sen megafonía ou, se a ten, desactivada. O servizo de orientación sonora non só axudaría as persoas con problemas visuais, tamén serviría de axuda aos milleiros de turistas que visitan Santiago.

Outra cuestión non menos importante é a falta de inclusión das liñas de buses coas súas respectivas paradas na coñecida app Google Maps. Compostela é unha das poucas cidades que non o teñen dispoñible na plataforma e, sendo unha cidade tan receptora de turistas, non entendo a deixadez de que este problema non estea arranxado. É certo que o Concello habilitou unha aplicación para ter toda esa información, mais o deficiente funcionamento a mais de un lle ocasionou algún que outro desgusto.

Quero aproveitar este espazo para pedir ao Concello de Santiago de Compostela e á empresa concesionaria dos autobuses urbanos da cidade que atendan as peticións e propicien así unha cidade inclusiva. O transporte accesible será beneficioso para toda a cidadanía.

.

Compostela, marzo de 2020.

O autor

M. Pereira Oliveira

M. Pereira Oliveira

Burela, 1993. Estuda o seu primeiro ano de Xornalismo en Compostela. A Assembleia Nacional Galega nomeouno Estudante Galeguista do Ano en 2018. Marco abriu a primeira edición deste recoñecemento que valora "o uso da língua galega na mocidade, a excelência académica e o compromisso e ativismo em defesa da cultura e da sociedade galega". Antes de chegar a este punto, pasaron moitas cousas. A educación primaria e secundaria, as adaptacións para a súa deficiencia visual conxénita, o ciclo de FP en Administración e Finanzas, as primeiras veces diante dun micrófono, asimilar as dificultades dunha diversidade funcional, superalas, o programa Grandes Vozes do Nosso Mundo, o amor pola radio.

Deixe um comentário

Deixe um comentário