Criadas para a precariedade
Erea Blanco
Ter un traballo non garante unha vida digna, os salarios que hai non dan para vivir, segue a haber pobreza en persoas asalariadas, a precariedade non reside só nos traballos temporais, no é algo único da época estival, das ETT ou das subcontratacións, non reside só nos centros de traballo con salarios abrasantes, non é facer máis horas e non cobralas; a precariedade e a pobreza son estruturais.
Dicía o Marx: “os propietarios do capital estimularán á clase obreira para que compre máis e máis bens, casas e tecnoloxía cara, empurrándoa a contraer débedas máis e máis caras, até que estas se fagan insoportábeis”.
Na actualidade, a conspicua clase media está ateigada de débedas que pasarán de xeración en xeración. Así, a maior parte das nosas familias, as que nos achamos clase media nalgún momento histórico, atopámonos na maior situación de precariedade que se podía imaxinar. Pasamos de sentirnos familias acomodadas que se podían permitir unha mariscada ou ir de ferias a Portugal a sermos o que de verdade somos, familias precarizadas que serven cos ollos tapados ao capitalismo máis feroz.
Vivimos nun país cunha poboación completamente avellentada que pasa porque as nosas maiores sexan moitas veces, e malia as súas miserentas pensións, o sustento de familias enteiras, son elas as que coas súas pequenas plantacións garanten a metade da compra dunha familia, as que cos seus aforros teñen que pagar a miseria de familias que non poden sobrevivir.
Pasamos de sentirnos familias acomodadas que se podían permitir unha mariscada ou ir de ferias a Portugal a sermos o que de verdade somos, familias precarizadas que serven cos ollos tapados ao capitalismo máis feroz.
Nesta altura, imaxinar o futuro sen traballo precario ou que non sexa temporal está fóra das miras da maior parte da mocidade galega. Termos unha independencia económica das nosas figuras parentais próximas ou mesmo vivir do noso traballo é un futuro impensábel. Estudar o que queremos fóra da casa é mesmo unha fantasía máis que unha posibilidade real se non queremos aumentar a débeda familiar.
Os estudos superiores representan grandes dificultades económicas para moitas familias que non poden pagar as taxas dunha Universidade supostamente pública. A insuficiencia das bolsas fan que centos de estudantes teñan que deixar ou non comezar os estudos que desexan. Moitas estudantes con “falta de solvencia” pulan pola Formación Profesional, un ensino académico moi completo pero menosprezado no mundo laboral. Unha combinación entre estudos e traballo semella ridículo e inviábel e ten como final máis probábel deixar os estudos.
Deste xeito, a mocidade camiña cara á emigración inminente, esta que garante sobrevivir economicamente e deixar de ser unha carga para o núcleo familiar. Aínda que a opción da emigración semella dura para moitas de nós remata sendo unha das máis factíbeis. Galiza ten unha alta taxa de paro xuvenil, apenas hai investimento en investigación, moitas nin optamos a traballos semellantes aos nosos estudos ou especialidades… É un camiño duro abandonar a nosa terra para podermos ter futuro coa de posibilidades que ten o noso país, mais as alternativas á emigración son poucas: formarnos para traballar en condicións miserentas, prepararnos unhas oposicións para intentar optar a un posto de traballo fixo… Neste sentido, o Estado tamén pon o seu grao de area animando ás mozas pasar a formar parte dos seus corpos e forzas de seguridade, como futuro prometedor ao servizo de quen inviste na súa miseria.
Estudar o que queremos fóra da casa é mesmo unha fantasía máis que unha posibilidade real se non queremos aumentar a débeda familiar. Unha combinación entre estudos e traballo semella ridículo e inviábel e ten como final máis probábel deixar os estudos.
O sistema non só se encarga de ter o control sobre as clases populares e sobre a economía para favorecer ao capital, tamén se encarga de que colaboremos, crea en nós necesidades que nos fan gastar o pouco que temos en modelos de vida que só serven para manter o sistema cada vez máis forte.
Seguiremos soportando todas as súas formas de explotación ou daremos un paso para denunciar as condicións de vida ás que se nos condena? A crise que fundiu ao Estado no 2008 non foi unha casualidade, a recuperación nunca existirá de verdade, o poder segue concentrado nunha clase explotadora e minoritaria que goberna contra a maioría.
A Coruña | 30 de maio
Erea Blanco
Ourense, 1996. Estudante na Facultade de Filoloxía da UDC. Militante de Isca! e activista da Marcha Mundial das Mulleres.
Apúntate ao boletín!
Recibe o noso Boletín cada 15 días cunha selección das nosas historias e outras recomendacións
“Abolir a prostitución sería dar un golpe irreparábel ao capitalismo neoliberal e ao patriarcado máis duro”
Rosa Cobo Bedía, ensaísta e profesora de Socioloxía na Universidade da Coruña.
Coeducación e corresponsabilidade
“En España dedicáronse ao longo de 2018 máis de 130 millóns de horas en traballo non remunerado; isto equivale a unha poboación de 16 millóns que tivesen unha xornada laboral de oito horas diarias e case un 15% do PIB. Uns coidados que non coñecen vacacións nin idade de xubilación”, advirte o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.
Manifesto lido en Verín o 1M
Un ano máis, o conxunto do feminismo galego unimos a nosa forza para deixar moi claro que somos unha voz importante. Todas xuntas somos un berro que non poden, aínda que queiran, desouvir.
“O feminismo é a punta de diamante dunha insurxencia internacional”
Volvemos publicar unha conversa con Silvia Federici case dous anos despois daquela en Pontevedra con motivo da súa presenza na Semana de Filosofía 2018. En esta ocasión, agradecemos a parcería a zur, pueblo de voces, unha web uruguaia, por permitirnos traducir para o galego e reproducir a entrevista de ‘Zur, pueblo de voces’.
Outras opinións
A vida extínguese sen fogos de artificio
Lupe Ces: Licuar o sexo/Liquar o sexo
Unha multitude dentro de Dylan
Algúns erros de esquerda que axudaron Ayuso
Outras opinións
A vida extínguese sen fogos de artificio
Lupe Ces: Licuar o sexo/Liquar o sexo
Unha multitude dentro de Dylan
Algúns erros de esquerda que axudaron Ayuso