"Desacomplexadamente independentistas"

O MGS chama a crear unha nova organización para avanzar "no camiño da ruptura democrática" e "no horizonte estratéxico" da República Galega.

Compartilhar no facebook
Facebook
Compartilhar no twitter
Twitter
Compartilhar no google
Google+
Compartilhar no whatsapp
WhatsApp
Compartilhar no telegram
Telegram
Compartilhar no email
Email
Compartilhar no facebook
Compartilhar no twitter
Compartilhar no google
Compartilhar no whatsapp
Compartilhar no telegram
Compartilhar no email

Redacción adiante | A Coruña | 5 de outubro.  “Chamamos ao conxunto do soberanismo a participar na nova organización estratéxica centrada na construción de poder popular, a activación social e o traballo de base como alicerces sobre os que articular un proxecto revolucionario de futuro para a Galiza da nova década”, anima o documento que nace do proceso “de debates realizados nos últimos meses e anos” polo Movemento Galego ao Socialismo, unha organización que fai parte do BNG, e que aposta por “intervir e contribuír desde posicións de clase no reforzo das organizacións frentistas e de masas : o BNG, a CIG e todos os movementos sociais transformadores”.

“Cómpre criar ferramentas de intervención adaptadas á nova fase política, que teñan en conta as mudanzas dos últimos anos e permitan que o avance e a relexitimación do soberanismo vaian alén do eleitoral, permitíndonos sumar máis forzas coas que confrontar o Réxime Español do 78”, reflexiona o texto, cuxos autores urxen “reactivar e dinamizar o debate político e a formación no seo do movemento soberanista” nun momento de crise no que “é imprescindíbel motivar, tensionar e mobilizar forzas e vontades”.

“Queremos facelo impulsando novos modelos organizativos que teñan en conta a realidade social e a crecente precariedade das nosas vidas”, prometen.


[nos próximos días, o adiante.gal abrirá un espazo para apuntamentos neste debate sobre a independencia ás diferentes ‘sensibilidades soberanistas’ da Galiza nunha serie baixo o rótulo de A(s) independencias(s) hoxe. Na conta de correo adiante@adiante.gal recolleremos achegas susceptíbeis de facer parte del.]

#Independencia(s)

Deixe um comentário

Deixe um comentário