Desobediencia e negociación

Cheikh Fayé

Compartilhar no facebook
Facebook
Compartilhar no twitter
Twitter
Compartilhar no google
Google+
Compartilhar no whatsapp
WhatsApp
Compartilhar no telegram
Telegram
Compartilhar no email
Email
Compartilhar no facebook
Compartilhar no twitter
Compartilhar no google
Compartilhar no whatsapp
Compartilhar no telegram
Compartilhar no email

A historia do Kwame Nkrumah empeza polo final, un final moi parecido ao dos primeiros leóns africanos cos que abrimos esta serie. Nkrumah, o gran impulsor do panafricanismo desde as conferencias de Kumasi (1953) e Accra (1958), tivo que buscar refuxio na veciña Guinea Conakri despois dun golpe de Estado que o sorprendeu nunha viaxe a China. Ahmed Sékou Touré quixo convertelo en ‘co-presidente’ do país. Nkrumah nunca volveu a Ghana, onde accedera a presidencia en 1960 tras tres anos como primeiro ministro desde a independencia dos británicos.

Kwame Nkrumah nacera nunha familia modesta, pero converteuse nun dos primeiros representantes das elites cosmopolitas africanas dos anos corenta. Estudou nos Estados Unidos e en Inglaterra. En Londres, coincidiu con Jomo Kenyatta e Haile Selassie, e con outros activistas fundaron un sindicato de estudantes de África occidental. Xa como dirixente, relacionaríase cos gobernantes británicos, mesmo coa Reina Isabel, con Kennedy e Luther King nos EE.UU., co Che Guevara e Fidel Castro… e o golpe de Estado colleuno mediando (procurando unha negociación) na guerra do Vietnam.

Nkrumah soñou crear os Estados Unidos de África inspirado no federalismo estadounidense. Ghana (1957) e Guinea Conakri (1958) foron dos primeiros países africanos en independizarse. En 1949 fundara o Convention People’s Party e organizou folgas e accións de desobediencia civil que levaron a unha crise política até que o partido puido empezar a concorrer ás eleccións baixo unha nova constitución en Costa de Ouro, que así se chamaba a colonia. Coa independencia, o nome mudou para Ghana, un antigo reino africano.

Despois da independencia, comezou a tecer unha coalición con Guinea Cronaki á que apoiara economicamente para a súa liberación. O seguinte estado en incorporarse debía ser Malí, mais o imperialismo reaccionou. De Gaulle ofreceu un pacto: crear a Communauté. Houbo un referendo nas colonias. Sékou Touré dixo non e mantivo o seu achegamento a Ghana e independizouse deseguido. O resto das colonias apoiaron a idea de De Gaulle, pero sen entusiasmo. Sénghor, o futuro presidente do Senegal, ausentouse durante a visita do Presidente da República a Dakar. Senegal e Malí reclamaron a independencia un ano despois daquela votación.

Kwame Nkrumah teimou na idea do panafricanismo. Acreditaba que eliminando ou reducindo a dependencia da metrópole, e máis amplamente de Occidente, e unido forzas con outros estados, os africanos poderían chegar a unha soberanía plena. Era un plan federalista (mirando ao Oeste) e socialista (mirando cara o Este, pola inspiración marxista). Pero sobre todo era un plan panafricano. Nkrumah deixou dito: “Non nós enfrontamos ao Este nin ao Oeste: enfrontamos ao futuro”.

Era un plan federalista (mirando ao Oeste) e socialista (mirando cara o Este, pola inspiración marxista). Pero sobre todo era un plan panafricano.

Hai que entender esta declaración como unha declaración de intencións nun contexto político de forte polarización. A historia demostrou que proclamas como esta (máis adiante, Selassie ou Gamal Abdel Nasser dirían cousas parecidas) quedaron niso. Non houbo países ‘non aliñados’; había axuda da URSS e un enfrontamento máis ou menos explícito co Oeste. Pero Nkrumah foi un diplomático hábil: visitaba a Kennedy, pero non desaproveitaba a oportunidade para falar tamén con Luther King. Un xogo de negociación e desobediencia que mantivo desde as súas primeiras batallas en política… ou máis ben, ao revés: primeiro, desobediencia; despois, sentarse para falar.

En Ghana a crise económica veu da caída do prezo do cacao. A corrupción e a incapacidade para rachar a dependencia da metrópole, a mala prensa, o inimigo interior, o malestar… cos apoios do Oeste. Sempre sucedeu igual en África.

A Nkrumah non lle torceron o pulso na política exterior. Pero Ghana era terra de ouro para os occidentais. Derrotaron a Nkrumah a base de obstaculizar o seu plan de economía socialista para o novo estado independente. Ese foi o seu fracaso. En Ghana a crise económica veu da caída do prezo do cacao. A corrupción e a incapacidade para rachar a dependencia da metrópole, a mala prensa, o inimigo interior, o malestar… cos apoios do Oeste. Sempre sucedeu igual en África. Ao fin a tensión interna estoupa en guerra civil.

“A liberdade non é algo que un pobo pode dar a outro como un regalo; un pobo reclámaa como propia e ninguén llo pode negar”, reflexionou o antigo estudante de economía e socioloxía. Nkrumah, un home xusto, é reclamado hoxe como o inspirador dun soño: a liberdade de África. O soño está por cumprir, mais a estratexia está definida: desobediencia e negociación… e seguir contando a historia desde o punto de vista dos leóns.

A Coruña, 5 de setembro.

Cheikh Fayé

Cheikh Fayé

Gade Escale (Senegal), 1962. Inmigrante. Vive na Coruña desde 2003. Comezou a escribir o blogue Senegaliza hai tres anos, e en 2017 publicou Ser Modou Modou (AS-PG), con textos dese blogue. Mantén unha colaboración periódica en Sermos Galiza e eventuais noutros medios dixitais.

Senegaliza

Lumumba e as forzas da historia

Lumumba aínda non cumprira os 35 anos cando Bélxica declarou precipitadamente a independencia do Congo en 1960, unha manobra para intentar controlar o proceso. O Movemento Nacional Congoleño, liderado por Lumumba, gañou as eleccións, pero o acordo foi situar na presidencia a Joseph Kasavubu, do Abako, o partido dos Bakongo. Lumumba foi nomeado primeiro ministro e realizou un discurso moi duro contra a etapa da colonización belga en presencia Leopoldo II.

Os homes xustos

A historia de África contada polos libros escritos polos brancos non é a mesma historia que contan os negros. É difícil relatar a historia desde calquera subxectividade; de aí as preguntas: Que é a historia? É unha disciplina científica? Eu adoito a mirar a historia desde o punto de vista dos leóns e non desde o dos cazadores, como dicía Chinua Achebe.

Deixe um comentário

Deixe um comentário