Crónica

Despois do amor, despois da morte

Emma Pedreira presenta ‘antídoto’ na Alexandre Bóveda da Coruña nunha breve cerimonia de curación.

Compartilhar no facebook
Facebook
Compartilhar no twitter
Twitter
Compartilhar no google
Google+
Compartilhar no whatsapp
WhatsApp
Compartilhar no telegram
Telegram
Compartilhar no email
Email
Compartilhar no facebook
Compartilhar no twitter
Compartilhar no google
Compartilhar no whatsapp
Compartilhar no telegram
Compartilhar no email

Redacción adiante | A Coruña, 2 de outubro de 2018.  Os sistemas literarios esfameados teñen curiosos mecanismos de resistencia. Un deles é abater unha figura das letras a base premios até convertela nunha autora de culto. Hainas que sobreviven, mesmo en vida. Emma Pedreira tivo a mala fortuna de ficar convertida en albo dos xurados, atentos a calquera chío dela para instaurar un galardón. De Vilalba a Bueu, de Muxía a Ponteareas, non hai premio que se sosteña sen ela no palmarés. A muller vaino levando. A poeta e narradora, con resignación e pingas de humor. O sistema, que traballa arreo en modo auto-reprodución, tritura que te tritura. Pasoulle antes a outras. Pasará.

…que teño que facer para que me queiras? [páxina 85]

Onte Emma Pedreira xogaba na casa, na Alexandre Bóveda da Coruña, un refuxio para autoras perseguidas por xurados. E confesouse moito máis do que convén ás poetas confesarse nos seus libros. “Este libro está feito de material real”, dixo. E despois leu algúns versos da expiación.

Volvo aos caixóns onde dobrei o meu vestido de sorrir/ comigo dentro [páxina 95]

Houbo un aplauso fondo e o editor, Henrique Alvarellos, deu por pechado o acto, a breve cerimonia de curación na que a poeta se confesou de viva voz. “Algo real”, dixo a poeta que falou de feridas e cicatrices, de medo e de medos, de que o libro se titula antídoto porque quere selo para que outros topen as palabras para saber que lles pasa despois…

Desaramiar coas mans o meu propio valado./ Aferrollar a boca e comer a chave./ Atravesar cristais cando marchas. [páxina 129]