Égloga urbanita

Héctor Tejón

“Ningun ser human nace camiñando, e moi poucos morren camiñando.”
J. Romañach

A cidade coma espazo de conflicto. Pel de asfalto na cotidianeidade áxil e bípeda. O capacitismo das formas autónomas , ese que narra como normal o sobreesforzo por retribución moral, económica ou de clase. Nunha vida amparada ao abeiro de normas, leis ou conductas determinadas e encauzadas na falsa e confortable normalidade dos corpos e das voces.

Moitas veces fálase do dereito á cidade. Interpelase con forza a esa especie de espectro abstracto que nunha nebulosa utópica semella perderse. Que cidade? Para quen?. Nosos espazos urbanos atópanse colonizados polo funcionalismo. Polas lóxicas económicas da competición normalizada en forma de tempos pra cruzar a rúa dispostos nunha forzada sintonía coa ansiedade e premura do automovilista. A cidade coma corpo masculino, blanco, áxil e de clase media. Urbe depredadora de calqueira espacio colectivo que fuxa do paternalismo institucional. Da marcialidade dunha integración social marcada pola institución traballo (sen reparar nas condicións do mesmo). Da disciplina afectiva en forma de parella ou familia como programa último rematado. Non unha familia calqueira, se non aquela sanguínea que se encauce nos ritos de paso de consumo, tanto económico como afectivo. Cecais, recodo último de esperanza e cobixo. Cecais, espazo calmo de seguridade.

Ficcions sociais dunha coidada estética, pero por momentos baleiras de ética. A cidade executa con normalidade a cartografía do poder. As amplas e lustrosas avenidas centrais, chocan co abandono da lugubridade encantadora do cinturón pèriférico. Falsa separación, pois cada periferia é seu propio centro e cada centro urbano unha periferia do non-ser. A migrante. A muller anciana que vive soa. A nai solteira. O rapaz desempregado. O vello sen coidados. A muller que sinte o medo nunha rua escura, sempre escura canto mais distante da contaminación lumínica que gratuitamente engalana fachadas de bancos, rótulos de empresas e neóns sen corazón proclamando o imperio do gasto que acocha o reino das pobres.

“Cidades mascota encarceladas en habitáculos sendo sua liberdade os minutiños que se rouban ó estres pra pasear o can. Cidade da soidade e illamento. Da vellez invisibilizada e afastada. Da fraxilidade estigmatizada.”

Cidade que se conforma como desexo duns poucos alonxada das necesidades dunhas moitas. Que so cobran relevancia, coma dicía Rousseau, cando cada catro anos se celebran eleccións. Coma se suas demandas puideran quedar en espera. Coma se éstas non determinaran seu día a día. Transporte público deficitario na periodicidade e accesibilidade. Infraestructuras urbanas universais ausentes ou dependentes dun custe-beneficio tan insultante como a carencia das mesmas. Cidades mascota encarceladas en habitáculos sendo sua liberdade os minutiños que se rouban ó estres pra pasear o can. Cidade da soidade e illamento. Da vellez invisibilizada e afastada. Da fraxilidade estigmatizada.

Non importa o lugar, pois a dinámica do capitalismo urbano espállase con premura e normalidade. A da súa integración na política pública, nas ordenanzas municipais ou na cotidianeidade mais banal. Espazos homoxeneos na forma e maneira de construirse. Da man de cada elite e aristocracia municipalmente particular. Non existe municipalismo coma pulo de transformación real das necesidades manifestas. Se non xerencialismo urbano acomodaticio; suficientemente novidoso escasamente innovador.

A Coruña, 11 de marzo.

Compartilhar no facebook
Compartilhar no twitter
Compartilhar no google
Compartilhar no whatsapp
Compartilhar no email
Héctor Tejón

Héctor Tejón

A Coruña, 1981. É licenciado e doutorando en Socioloxía pola Universidade da Coruña. Desenvolveu gran parte da súa carreira profesional coma investigador social e docente na Facultade de Socioloxía da Coruña. É co-autor do libro La Siniestrabilidad Vial: Un problema desconocido e artigos en diversas publicacións electrónicas. Presentador programa de radio Está a pasar na radio comunitaria CUAC FM. Cursando na actualidade o Grao de Ciencia Política e da Administración pola UNED. @htejon

Deixe um comentário