"Reivindicamos Carvalho Calero"
Hei de entrar no meu povo
Por Xosé María Dobarro, Xosé Manuel Pazo, Bernardo Máiz e Vitor Santalha.
Desde 1980, ano de xubilación de Ricardo Carvalho Calero, houbo xente interesada en situar a súa figura nun exilio interior ou ostracismo, situación que se agravaría a raíz do seu falecemento en 1990.
Son coñecidas as contradicións e presións que, até hoxe, impediron á RAG declaralo protagonista do Día das Letras Galegas. Non é, pois, brincadeira afirmar que o primeiro docente de lingua e literatura galegas na Universidade de Santiago, o pai lingüístico de varias xeracións, foi vítima dun interesado esquecemento. El mesmo definiu esa realidade : “… certas elites entenden que non deven realzar a personalidade dun disidente… e que nen como estudoso nen como pensador sobre os problemas culturais da nosa terra atinxo a altura que eles sinalan”.
Con certeza, nesa xenreira influíu decisivamente o feito de don Ricardo defender que o noso idioma forma parte do sistema lingüístico galego-portugués, opción diferente, xa que logo, da oficial. Mais tamén a súa exemplar dignidade persoal, a súa independencia cívica e a súa coherencia fronte aos que, como el escribiu, o deixaron só, “fundando unha colónia co mesmo nome”. Nese sectarismo persistiron até hai uns días.
Non obstante, en diferentes lugares do país, tamén houbo actividades diversas encamiñadas a reivindicar a figura do profesor Carvalho Calero. En 2010, 2011, 2013, 2014, 2015, 2016, 2018, montáronse en Ferrolterra comisións encamiñadas a promover a concesión das Letras Galegas a Carvalho Calero, que acadaron, en todas as ocasións, abondosos apoios institucionais, asociativos e particulares. Recolléronse sinaturas, organizáronse recitais, conferencias, exposicións…, para que lle fóra dedicado o Día da nosa lingua e cultura a don Ricardo, “esgrévio” galeguista que ao longo de máis de sete décadas desenvolvera un inmenso labor poético, narrativo, ensaístico, xornalístico, académico, lingüístico, docente, político a prol da Galiza, da nosa lingua e da nosa cultura. Porén, a Real Academia Galega nunca tomou en consideración positiva a proposta. Sempre apareceu algún pero que lle apor.
Neste xuño de 2019, tanto quen na RAG sempre defenderon a figura de Carvalho Calero como quen a el se opuñan, van propor as Letras Galegas 2020 para don Ricardo, un xigante nun país de moit@s anan@s. Avaliamos como moi positiva esta decisión e facemos votos para que a sociedade ferrolá e a Galiza enteira tiren o máximo proveito desta circunstancia.
Porén, afirmamos que o pensamento e obra de D. Ricardo vai alén do Día das Letras e convidamos aos nosos cidadáns a seguir reivindicándoo. O noso contributo será a publicación Hei de entrar no meu povo. Reivindicarmos Carvalho Calero, libro que, da man da editorial Embora, verá a luz en breve.c.
Ferrolterra, xoves 20 de xuño do 2019.
Xosé María Dobarro, Xosé Manuel Pazo, Bernardo Máiz, Vitor Santalha.
Carvalho
Reivindicamos Carvalho Calero, comunicado de prensa de Xosé María Dobarro, Xosé Manuel Pazo, Bernardo Máiz e Vitor Santalha.
“O debate cultural na Galiza vai lento e hai que ter paciencia”
Entrevista con Eduardo Maragoto, presidente da AGAL, sobre o reintegracionismo e a figura de Carvalho Calero.
Tacto para fortalecer o contacto
O autor considera umha prioridade para o sistema cultural galego esse assunto pendente chamado “Dia das Letras para Ricardo Carvalho Calero”.
“Carvalho representaba unha continuidade coa xeración republicana; Piñeiro non”
“Carvalho é incómodo mais totalmente imprescindíbel”, di De Toro, “a lingua galega ou é galego portugués ou galego castelán, iso é impecábel e vai a misa”.
“Após finar Pedrayo, Carvalho era a figura máis notábel da cultura galega”
O teólogo e lingüísta José Martinho Montero Santalha explora o conflito normativo da década de 1970, proceso que coprotagonizou con Carvalho Calero.
O filólogo ordense define as dimensións da figura de Ricardo Carvalho Calero na política, literatura e no proceso de normalización.
“Carvalho converteuse nunha bandeira sen el procuralo”
José Luis Rodríguez é catedrático en Filoloxía Galego Portuguesa e profesor xa xubilado da Universidade de Santiago de Compostela.
Carvalho Calero na historia do noso teatro
Carvalho, poeta, narrador, historiador e crítico literario, foi un home de teatro: actor, investigador, director, editor, divulgador, xurado, autor…
Outras novas
Recadación de fondos para crear o Bosque da Lingua nos Montes de Couso
O aparato de propaganda dos xigantes eólicos sae a escena
Ecoloxistas exixen en Ourense moratoria para frear as macrogranxas
Outras novas
Recadación de fondos para crear o Bosque da Lingua nos Montes de Couso
O aparato de propaganda dos xigantes eólicos sae a escena
Ecoloxistas exixen en Ourense moratoria para frear as macrogranxas