O debate sobre a prostitución

O debate sobre a prostitución

Ler devagar: muller-sen-valor-humano

Erea Blanco

Compartilhar no facebook
Facebook
Compartilhar no twitter
Twitter
Compartilhar no google
Google+
Compartilhar no whatsapp
WhatsApp
Compartilhar no telegram
Telegram
Compartilhar no email
Email
Compartilhar no facebook
Compartilhar no twitter
Compartilhar no google
Compartilhar no whatsapp
Compartilhar no telegram
Compartilhar no email

O capitalismo nos ensina que calquera cousa ten un valor e un prezo para adquirila. Criticamos que o sistema poña valor económico ás cousas que precisamos, cuestionamos o custo do pan, o do café e o pouco que pagan o leite. Por iso sabemos que se somos capaces de vender as nosas mans tamén somos quen de vender os nosos xenitais para o usufruto de xente poderosa. En que momento empezamos a xustificar que unha vaxina ten un valor no mercado e é forza de traballo?

E coa vaxina, o resto do corpo. Deste mercado corporal aínda non coñecemos ben a plusvalía. Porén, o valor dunha prostituta da rúa é inferior que o dunha escort de luxo, ou o dunha prostituta vítima da trata é moito inferior que o doutra, é curioso o maior valor das mozas en situación de prostitución infantil. É canto menos terroríficos considerarmos os fetichismos dos homes cando aumenta a prostitución infantil ou cando día a día aumenta a trata de mulleres para a prostitución.

Mais, primeiro, por que os homes consumen prostitución?

Eles tamén deberían pensar neste tema. Consumir prostitución representa o modelo patriarcal en si mesmo, un home controla economicamente a unha muller. Un home con cartos pode conseguilo todo porque mesmo o corpo é unha mercadoría neste sistema. Mais, a prostitución non vén de que un home con necesidades sexuais busque sexo respectuoso cunha muller e pretenda ter relacións consentidas; non, un puteiro é un home que exerce a súa posición de poder contra unha muller que está nunha situación de prostitución. E busca sexo cunha muller que non o desexa, que nin o coñece, e obteno porque ten o poder económico para que un corpo que non é o seu lle pertenza por un tempo. O consumidor de prostitución é o máis claro defensor do sistema patriarcal, é o primeiro que asimila que unha muller é un produto de mercado e que non ten valor humano. Unha muller sen valor humano. Ler devagar: muller-sen-valor-humano.

prostitución, sexo, escravitude, proxenitismo
Detalle de ‘Femme fatale’, de Kees Van Dongen.

“E busca sexo cunha muller que non o desexa, que nin o coñece, e obteno porque ten o poder económico para que un corpo que non é o seu lle pertenza por un tempo.”

En segundo lugar, como as mulleres chegan á situación de prostitución?

En ningún caso chegan de xeito libre. Milleiros de mulleres no mundo pensaron centos de veces que seguramente gañarían máis na prostitución que en traballos empobrecidos nos que se cobran seis euros a hora. Entón, unha muller exerce libremente a prostitución cando é o sistema económico o que a empuxa a vivir nunhas condicións ás que non son quen de chegar pola súa pobreza económica? É normal que a escolla laboral máis factíbel (economicamente falando) para unha muller sexa a prostitución? E esta é supostamente a escolla libre, é terríbel imaxinar como te poden secuestrar, desprazarte até outro país e obrigarte a prostituír o teu corpo para o lucro dun proxeneta, que nunca será un señor nin amábel nin entrañable. E, se consegues saír da trata, como é o caso dalgunhas, que saídas laborais che esperan nun país que non é o teu, sen cartos e sen onde pasar unha noite?
Mais dinnos que é casual que a prostitución sexa unha saída ‘’laboral” maioritaria. E tamén debe ser casual que sexa unha saída “laboral” habitual para moitas mozas trans que hoxe semellan profundamente aceptadas pola sociedade mais realmente non atopan traballo pola transfobia.

prostitución, sexo, escravitude, proxenitismo

“É terríbel imaxinar como te poden secuestrar, desprazarte até outro país e obrigarte a prostituír o teu corpo para o lucro dun proxeneta, que nunca será un señor nin amábel nin entrañable.”

A min resúltame fascinante ver como algunhas partes da esquerda que tan en contra están da trata, da explotación e do sistema capitalista, apoian este lobby financiado por proxenetas que se lucran de corpos de mulleres que nin sequera escolleron esa vida. Pulamos por medidas para as maiorías sociais, salvo cando se trata dos corpos da mulleres. Haberá que lexislar para 1 de cada 1000 mulleres que exerce a prostitución libremente ou será mellor rematar coa trata e a explotación é lexislar contra este lobby?

Ao goberno do PSOE, que tan antiprostitución se define, se lle colou un sindicato no que as propias traballadoras din que buscan dereitos para garantir a súa seguridade laboral fronte a empresarios. É surrealista que as propias prostitutas chamen empresarios aos proxenetas que determinan unhas condicións laborais infrahumanas, que as explotan, que se lucran esaxeradamente do seu traballo.

Neste debate, non estaría demais lermos a moitas vítimas da trata, mulleres que falan de como é o sistema prostitucional, vermos os exemplos de países como Alemaña e Holanda nos que a prostitución si está regulada e representa un inferno para as prostitutas, países onde medrou a prostitución infantil, medrou a violencia cara as mulleres e aumentaron as violacións. En que mellorou a situación delas?

A Coruña, 12 de setembro

Erea Blanco

Erea Blanco

Ourense, 1996. Estudante na Facultade de Filoloxía da UDC. Militante de Isca! e activista da Marcha Mundial das Mulleres.

prostitución, sexo, escravitude, proxenitismo

A industria dos dereitos

“Só despois de asegurarnos de que combatemos a orixe do problema, a pobreza extrema e a carencia de recursos, poderemos falar dese 5% que exerce libremente asegurándolles un sistema de protección e obrigacións”.
Un artigo de Gloria Vázquez

prostitución, sexo, escravitude, proxenitismo

Pola abolición da prostitución e do traballo alienado

“Crear un sindicato é o xeito de amosar o empoderamento das prostitutas como traballadoras sexuais. E isto pode que sexa mellor para o patriarcado e o capitalismo que para elas mesmas.”
Un artigo de Rebeca Baceiredo.

Deixe um comentário