Medios en galego para o século XXI

Henrique Sanfiz

Compartilhar no facebook
Facebook
Compartilhar no twitter
Twitter
Compartilhar no google
Google+
Compartilhar no whatsapp
WhatsApp
Compartilhar no telegram
Telegram
Compartilhar no email
Email
Compartilhar no facebook
Compartilhar no twitter
Compartilhar no google
Compartilhar no whatsapp
Compartilhar no telegram
Compartilhar no email

A sociedade dos contratos lixo e precarios rebélase contra as sentenzas xudiciais ofensivas, a corrupción e a política que non sabe dimitir. Os beneficios empresariais dispáranse pero a xuventude continua a carecer de futuro laboral. Como di o xornalista Enric Juliana, “a protesta feminista convoca ás demais enerxías do malestar e as unifica baixo un significante moralmente vencedor”.

O filósofo alemán Peter Sloterdijk advirte dos estoupidos de rabia en forma de geyser das sociedades da era dixital, mentres o traballo autónomo se converte na nova unidade psicolóxica do ser humano. Son as consecuencias da globalización que pese a todo, tamén abre oportunidades no sector dos medios de comunicación rebeldes. Proporciona ferramentas de supervivencia para as culturas minorizadas.

Segundo un estudo recente, o 7% dos usuarios únicos mensuais das web de noticias xera o 50% do tráfico total. A intelixencia artificial convertese nunha ferramenta fundamental para que os medios coñezan aos seus usuarios. Tamén as redes sociais proporcionan información valiosa sobre os intereses da cidadanía.

O duopolio entre Google e Facebook fai difícil sobrevivir aos medios porque funcionan como imáns na atracción do investimento publicitario. Pero hai trazos de esperanza e hai vieiros de supervivencia: O contido patrocinado é unha das portas abertas. Dentro do contido patrocinado, unha opción de futuro que parece consolidarse é o podcast. (En Estados Unidos, un de cada catro cidadáns escoita habitualmente ao menos un podcast todos os meses).

Outra porta aberta para o xornalismo é a subscrición, coñecendo mellor á audiencia e propoñéndolle que financie o tipo de xornalismo que lles gusta.

O blockchain quere criar mercados ou plataformas de xornalismo libre para ser utilizadas por xornalistas e cidadáns (plataforma joincivil.com). A terceira onda tecnolóxica, a través dos asistentes de voz, vén a darlle ao son o protagonismo que perdeu cando a televisión empezou a competir coa radio.

Os medios en lingua galega enfróntanse ao reto de mellorar a súa coordinación, aproveitar as sinerxías respectando as singularidades e o pluralismo.

Segundo o estudio de Nicolás Xamardo e Iñaki Zabaleta, o sistema de medios en lingua galega (Xaneiro 2016) estaba composto por 60 medios. Por categorías existen 28 radios, 16 cibermedios, 15 medios de prensa en papel e un só canle de televisión. A nivel de toda Galicia, a penetración social dos medios, o peso relativo, entendido como o cociente entre o número de habitantes (2,7 millóns) e o número total de medios en galego (60) é de 46.417 habitantes por cada medio en galego. En canto á penetración lingüística, a media é de 24.622 galegofalantes para cada medio en lingua galega.

Con esa realidade, os medios en lingua galega enfróntanse ao reto de mellorar a súa coordinación, aproveitar as sinerxías respectando as singularidades e o pluralismo.

Este ano celebrouse por primeira vez o 7 de febreiro o Dia dos Medios en Galego como data na que conmemorar o primeiro número de O Tío Marcos da Portela en 1876. Pretendíase poñer en valor as heroicidades históricas de Valentín Lamas Carvajal e tanta outra xente que impulsou medios en galego que naceron preñados de innovacións e souberon conectar cos problemas da sociedade do seu tempo. Tamén o DMG pretende petar na conciencia da cidadanía e das institucións para reclamar un maior apoio para os medios en galego.

Que queremos? Trasladar á poboación a idea dunha Galicia extensa e diversa, cohesionada nunha cultura xenuína con experiencias humanas contemporáneas. As experiencias propias, individuais e colectivas, deben servirnos para construír unha axenda informativa galega, articular un discurso e construír un relato propio do século XXI.

Ir máis alá da denuncia -que é necesaria, imprescindible e mellorable- dos recortes en educación, sanidade, servizos sociais e xustiza. Precisamos poñer o dedo na chaga nas desigualdades da centuria, e, ao tempo, erguer novos modelos e ferramentas para deseñar un mundo máis xusto para as persoas, as nacióna e as culturas.

Henrique Sanfiz

Presidente de AMEGA
(Asociación de Medios en Galego).

Outras opinións