O golpista que veu chantar unha cruz na vila de seu pai

Ríos Capapé recibiu orde de sublevarse o 16 de xullo do 36, entrou en Madrid antes que ninguén á cabeza da 18ª División, e rematada a guerra trouxo a tropa pasar o verán en Celanova, onde nacera seu pai.

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on google
Google+
Share on whatsapp
WhatsApp
Share on telegram
Telegram
Share on email
Email
Share on facebook
Share on twitter
Share on google
Share on whatsapp
Share on telegram
Share on email

Redacción | Celanova | 2 de marzo. “Allí, en la Plaza de España de Melilla, junto al Ayuntamiento, se alza el Casino Militar, elegante edificio de corte neoclásico en donde la tarde del 16 de julio, tomaban café el coronel Solans Labedán, de la Agrupación de Cazadores de la Circunscripción Oriental y 2º Jefe de la Comandancia General, y el coronel interventor del Rif, Juan Bautista Sánchez González. El prestigio en el Ejército de Marruecos de ambos conspiradores, las tensiones entre los mandos de las Circunscripciones occidentales y orientales, el riesgo cierto de filtraciones, el deseo irrefrenable de figurar en los libros de historia como los desencadenantes del Alzamiento o, quizá, todas esas razones a la vez, llevaron a los dos jefes a apretar el botón rojo con veinticuatro horas de antelación. En efecto, sobre las 18.00 horas de ese día, ordenaron al capitán de Estado Mayor J. Menor que comunicara de manera inmediata al comandante del 3er tabor de Regulares de Alhucemas nº 5, acuartelado en Villa Jordana (actual Torres de Alcalá), la orden de que partiera en dirección a la kasba de Snada, asentamiento situado a doce kilómetros al sudeste de Villa Jordana. En ejecución de dicha orden, el teniente Chacón se desplazó a Villa Jordana, y a las 21.00 horas se reunía con el comandante Ríos Capapé, a la sazón, responsable de la unidad de Regulares citada”, así narra o avogado e historiador Raúl Cancio Fernández a entrada na ‘Historia’ de Joaquín Ríos Capapé, con 38 anos, criado como militar no Protectorado, que se levantou contra a República “antes que Franco”, que entrou en Madrid “antes que Franco” e que, rematada a guerra, veu chantar unha cruz fascista en Celanova… porque era a vila onde nacera seu pai.

“[…la madrugada del día 17] el tabor, en marcha nocturna, atraviesa las cabilas de Beni bu Frah y Beni Iteft, llegando a Snada las 2 de la madrugada, donde vivaquean. Y como estaba previsto, a las 17.00 del día 17, el coronel Sánchez cursó llamada telefónica al comandante Ríos Capapé, anunciándose como el nuevo jefe territorial del Rif por la detención del coronel Romerales, y ordenándole que marchara con su tabor sobre Villa Sanjurjo (actual Alhucemas), enviando camiones a su encuentro. La conversación terminó con un ¡Viva España!”, continúa o apaixonado relato de Cancio Fernández, nun artigo para a revista a asociación Grupo de Estudios del Frente de Madrid.

Capapé dá outro brinco na historia na batalla de Madrid, onde combateu entre xaneiro de 1937 e abril de 1938 e tivo o seu cargo a Brigada de Vanguardia na Cidade Universitaria baixo as ordes do xeneral Orgaz. Cancio Fernández non resiste a comparación apoloxética na seguinte cita: “Con su gorra de plato galantemente ladeada, convirtió la Facultad de Arquitectura en un verdadero foco de atracción para todas las personalidades y visitantes que se acercaban al frente madrileño, donde eran agasajadas merced a la siempre bien surtida despensa y bodega de aquel puesto de mando, en un ambiente de permanente «buen humor y alegría». Puede parecer frívolo ese entorno en un escenario bélico como el de la Ciudad Universitaria, permanente enfilado por la fusilería enemiga y acechado por las minas subterráneas, pero quizá esa era la única forma de mantener y reforzar la moral de unas unidades sometidas a una estresante y continúa amenaza de embolsamiento. ¿Quién no recuerda el peculiar y extrovertido sentido del mando que ejercía el teniente coronel Kilgore en Vietnam?”.

Kilgore, xa saben, é un personaxe de Apocalipse Now de Coppola. Aquel que di: “¡Me sobran huevos para hacer surf aquí!”…

Dionisio Ridruejo foi un dos admiradores dos huevos de Capapé. O historiador catalán Josep Clara, da Universitat de Girona, atribúe o intelectual franquista este relato da actitude do coronel nos seus días na Ciudad Universitaria: “El coronel Ríos Capapé, que mandaba aquel puesto avanzado, tenía por costumbre probar los nervios de los visitantes con una broma de cuidado. Un puentecito de acceso al recinto de su mando estaba, naturalmente, enfilado por las máquinas enemigas. Ríos, aquel gigantón, se divertía en parar a sus acompañantes en medio del puente y extender la mano explicándoles, sin moverse, dónde estaban unas y otras posiciones. El que no sabía aguantar se convertía en el hazmerreír de todos”.

Capapé, servido por Chicote, xunto ao reporteiro francés Deschamps, despois da guerra nas ruínas da Ciudad Universitaria en Madrid.

Retrato do fin da guerra

O 1 de abril de 1938 Ríos Capapé é nomeado xefe da 18ª División, que se ocupará da fronte sur da capital. Coa Bandera de Falange de Marruecos abrindo a marcha, a 18ª entrou en Madrid o 28 de marzo, “al mando del coronel Ríos Capapé cruzaba el Puente de Toledo, marchando entre vítores y vivas a Franco por las Rondas hasta llegar al Paseo del Prado, subiendo hasta el Ministerio de Hacienda en Alcalá, donde por parte del teniente coronel de Estado Mayor republicano Naranjo, se entregó formalmente el mando de la capital al referido Capapé”, conta Cancio Fernández.

Despois da guerra Capapé fíxose retratar na asolada Ciudad Universitaria tomando un cóctel servido por un célebre barman chamado Chicote e cun reporteiro de guerra francés, Albert Deschamps. Iso aconteceu en maio. A finais de xuño chegou a Ourense coa 18ª División e recolleuse no Pazo de Razamonde mentres repartía á tropa polas vilas da contorna. A Celanova toucoulle en desgraza a Bandera de Marruecos, a mesma que encabezou o desfile da toma de Madrid.

“Os tres meses que estivo destinada en Celanova, entre xullo e setembro de 1939, xa rematada a guerra, foron un alarde de fachenda e violencia. Esta unidade falanxista é responsable de fusilar a 7 presos que foron inscritos no Rexistro Civil de Celanova ‘por comunicación del Juzgado Eventual de la Bandera de Falange de Marruecos con guarnición en esta villa’. Quen os xulga e condena é un xulgado eventual. Non se trata dun xulgado permanente, senón creado ex profeso para actuar onde e cando fose necesario. Isto, unido á data das execucións, dous días antes das celebracións da Nosa Señora da Mercé, patroa dos presos; a idade dos presos, 26 anos de media; e o feito de abandonar os cadáveres no cemiterio á vista do público demostran a crueldade do acto, que deixou un forte impacto na memoria colectiva do pobo de Celanova”, indica o historiador Pablo Sánchez nun informe que redactou para o Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova, que pretende que a Lei de Memoria Histórica estatal se aplique sobre un símbolo falanxista que deixou esta unidade militar: unha cruz erguida sobre unha rocha no alto dun outeiro que domina a vila e que leva inscrito o escudo da falanxe e unha lenda en tributo dos “caídos por Dios y por España”.

Mentres Capapé gozaba da vitoria no Ribeiro, os soldados ataviados cos puchos do Exército colonial aterrorizaban a vila na que nacera o pai do coronel. Manuel Ríos Fernández era un militar celanovés que estivo destinado en Figueres, onde naceu Joaquín, quen a idade de 14 anos ingresou na Academia de Infantería de Toledo e de alí saíu tenente con praza en Marrocos. Despois da guerra Capapé foi nomeado fillo predilecto de Figueres, e no concello catalán non hai constancia que, a día de hoxe, lle fose retirada esa distinción.

Virrei

Capapé foi un ilustre do franquismo. E na posguerra acelerou o seu rápido ascenso na xerarquía: foi tenente aos 19 anos (1917), capitán aos 24; comandante con 27; tenente coronel con 38 (1936) e coronel ao ano seguinte; en 1941 alcanzou o grao de xeneral de brigada, dous anos máis tarde era xeneral de división e, en 1952, con 54 anos, tenente xeneral. Naquela altura era unha especie de “virrei”, segundo Josep Clara, pois foi sucesivamente capitán xeneral da IX rexión (Granada), da VII (Valladolid) e da III (Valencia).

Protexido de Franco, din os historiadores (tamén os máis entusiastas de Capapé) foi elixido para a delicada misión de convencer, en 1956, ao capitán xeneral de Catalunya, o xeneral Sánchez González -aquel do que partira a orde, vinte anos antes, para que Capapé tomase a dianteira na sublevación- de que cesase na conxura monárquica contra Franco. Sánchez González faleceu, de causas naturais, naqueles días. Aquela xestión non axudou a mellorar a imaxe de Capapé que foi sinalado como contrabandista por militares como Latorre Roca, que deixou dito nunhas memorias que o tenente xeneral “posee un bar al principio de la Gran Vía en Madrid, en el que la ginebra, whisky y demás bebidas de precio las introduce desde Tánger a España personalmente en sus muchos viajes o endosa cajas a los aviadores con dichas bebidas, cafés, habanos, etc., entre otros artículos, para que en vuelo las introduzcan en Madrid de matute”.

En xullo de 1939, Capapé festexaba a vitoria en Ourense mentres a Bandera de Marruecos, baixo o mando do comandante Nemesio Fernández Cuesta, festexaba en Celanova disparando contra os presos do cárcere desde as garitas ou desde o piso debaixo das celas, atravesando o chan de madeira. Houbo presos feridos nas duchas, outros por asomar ás fiestras. No cárcere no que se agrupaban a centos presos republicanos traídos de Salamanca ou de Asturias, trasladados algúns desde Burgos, no que convivían anarquistas aragoneses, mineiros asturianos, socialistas casteláns, franceses das Brigadas Internacionais e galegos, que eran mestres, labregos, presos políticos todos, había medo e fame como contou Elixio Rodríguez ao colectivo Arraianos, quen salvou a vida no último momento no alto do Furriolo, ou como lembra Celia Inés Feijóo Soto, presidenta do Comité de Memoria da Comarca, neta, filla e sobriña de represaliados, cando conta como o avó salvou a vida porque un coñecido negouse a sacalo para o paseo daquela noite… Miles de homes. E fóra, rematada a guerra coa derrota da República, o terror naquel verán no que presos que namoraran mozas da vila que lle ían lavar a roupa ou levar comida escribíanlles que se coidasen dos falanxistas porque estes ameazaban con cortarlles elas o cabelo, e algún sometérono a un consello de guerra por advertir diso unha carta de amor.

Nemesio Fernández Cuesta era o irmán pequeno de Raimundo, líder fascista da Falange despois da morte de José Antonio. Un neto del preside hoxe Isolux Corsán. Os Capapé acomodáronse máis modestamente no réxime. Un fillo de Joaquín fíxose avogado e foi nomeado delegado do Ministerio franquista de Información e Turismo en Valencia, cidade na faleceu discretamente no 2016.

Capapé festexaba a vitoria en Ourense mentres a Bandera de Marruecos, baixo o mando do comandante Nemesio Fernández Cuesta, festexaba en Celanova disparando contra os presos do cárcere desde as garitas ou desde o piso debaixo das celas, atravesando o chan de madeira. Houbo presos feridos nas duchas, outros por asomar ás fiestras.

Cambiar o fusil polo sacho

Crónica do acto no Monte da Obra no diario ‘Arco’, de Ourense, o 9 de agosto do 39.

O 8 de agosto de 1939 Joaquín Ríos Capapé, militar africanista, alto, arrogante, veu deixar a súa pegada na historia da vila na que naceu seu pai. Nun outeiro a carón de Celanova a Falanxe levantou unha cruz de pedra na que labrou o xugo e as frechas. “Al terminar la guerra no terminasteis vuestra misión; pronto, muy pronto, seréis soldados del arado, de la fábrica y del taller y con la misma disciplina que hasta hoy seguiréis laborando por esta España Una, Grande y Libre que todos ansiamos. Hasta hoy fuisteis soldados victoriosos en la guerra, desde hoy seréis soldados victoriosos en la paz. Hasta ahora empuñasteis vuestro fusil, desde ahora empuñaréis la esteva que hendirá las entrañas de la tierra y que hará más fecunda la besana porque estará regada con la sangre de tantos y tantos héroes”, clamou Capapé coa convicción de quen acaba de ganar unha guerra e se sente dono de todo o botín. “Y cuando al correr de los años, cuando la nieve cubra vuestras cabezas y en la calma apacible de vuestros hogares, rodeados de vuestros hijos y vuestros nietos, les contéis vuestras hazañas, recordadles también vuestros caídos y, como hoy, rezar una oración por sus almas, y así los educaréis en el amor de Dios y de España y, como vosotros, se sentirán orgullosos de ser españoles. Y cuando oigáis otra vez el ronco sonar de la sirena bélica, cuando España y Franco os necesiten, id y, si vuestra avanzada edad no os lo permite, entonces acompañaréis a vuestros hijos hasta la linde de vuestras aldeas, cantándoles himnos de guerra y de victoria y susurrándoles al oído lo que vosotros hicisteis para que ellos sigan escribiendo las páginas de la nueva Historia de España que vosotros comenzasteis”, sostivo Capapé nun discurso no que resulta difícil imaxinalo como Kilgore antes de lanzar as súas valquirias sobre charlie… chegaba o momento de xestionar a paz e mandar a tropa para a casa. Despois non houbo guerra, mais os pais acompañaron os fillos até a linde das aldeas para envialos a seguir escribindo a gloriosa historia de España na emigración.

Na aldea ficou a cruz, o medo, a humillación dos vencidos e unha advertencia que mantivo caladas sucesivas xeracións e foi impregnando todo de derrota implacábel.

 

 

 

Deixe um comentário

Deixe um comentário