O lume e o esquecemento presentes

Cristofer Gutiérrez

Compartilhar no facebook
Facebook
Compartilhar no twitter
Twitter
Compartilhar no google
Google+
Compartilhar no whatsapp
WhatsApp
Compartilhar no telegram
Telegram
Compartilhar no email
Email
Compartilhar no facebook
Compartilhar no twitter
Compartilhar no google
Compartilhar no whatsapp
Compartilhar no telegram
Compartilhar no email

Levo desde os 9 anos en Noceda vivindo coa miña familia. O monte é una forma de vida para nós. É algo que te aleda cada mañá. Sete meses despois do inferno o monte reverdece, a xente fai o difícil intento de esquecer o doloroso feito e todo segue adiante.

Noceda é una pequena aldea de Cervantes. Moi tranquila e alegre. A pesar dos poucos veciños, temos boa relación entre nós. Desde o lume, a xente non cambiou, só que ten medo de que volva ocorrer. Mesmo as cousas entre veciños melloraron considerablemente, contan moito máis uns cos outros para todo.

Ninguén o menciona xa, pero moitos inda lle damos voltas ao feito de que non se intentara atopar un culpable, de que non se investigaran as causas dunha queima tan grande como a de outubro. Moitos dirán que é un tema pasado, que hai que esquecer e cambiar. Pode que eles non teñan o sentimento do fogar, o saber que ti es de aquí, que nunca serás capaz de esquecer o que houbo e o que hai, porque forma parte do que es.

Non é só Noceda, é a comarca dos Ancares en si mesma. Unha zona sosegada, na que a maioría das persoas coñécense, axudámonos a todo, un sitio limpo e fermoso. Penso que calquera que veña vivir aquí unhas semanas querería ficar. E iso que desde o lume perdeu un chisco de cor.

E se no caso de arder monte tivéranse queimado aldeas? Non creo que o suceso fora casual, xa que comezou en puntos distintos de Cervantes. Os responsábeis están por aí, esperando outra para armar a catástrofe sen razón ou motivo aparente.

Desde o lume comezouse a limpar a aldea toda arredor para dificultar o paso dun incendio e vaise falar co alcalde para poñer un pozo para o helicóptero.

Gustaríame poder traballar na zona ou preto, que Noceda tivera máis xente e poder facer de Noceda un sitio aínda máis caseiro do que é. Penso que se a xente puxera un pouco máis da súa parte incluso poderíase aproveitar mellor a zona con novos postos de traballo para as veciñas e veciños.

Non sei se á xente de fóra realmente lle importan os Ancares. Igual é que o ven só como se fora sitio para pasear, nin repararon no valor que ten. E somos cultura, como calquera outra parte do país, por aquí tamén hai castelos, hai campamentos romanos e rutas para facer e coñecer.

Deberían ternos en conta, vir por aquí e saber o que hai e quen somos.

Noceda (Cervantes) | 22 de maio

Cristofer Gutiérrez

Cristofer Gutiérrez

Ourense, 1997. Vivo desde os 9 anos en Cervantes. Traballo na limpeza dos montes da zona e entre as miñas afeccións están a música e o debuxo.

Deixe um comentário

Deixe um comentário