O reforzo do bipartidismo
ANÁLISE | Carme Arango
Madrid | 13 de xuño. Hai un mes, as enquisas daban por morto ao PSOE fronte a Ciudadanos, o partido de moda desde que se agudizou a crise catalá e o mellor situado para substituír ao Partido Popular no momento no que Mariano Rajoy convocase eleccións. Hoxe, Ciudadanos quedou tocado tras unha moción de censura que se gañou por sorpresa e que lle deu a Pedro Sánchez a oportunidade de redimirse como líder coa formación dun goberno pensado para competir polo centro ideolóxico.
1. Estratexia improvisada
A pesar do interese por vincular o cambio a unha estratexia derivada do olfacto de Iván Redondo, consultor fichado por Sánchez tralo seu segundo aterraxe na Secretaría Xeral, a realidade adoita ser menos cinematográfica. Un día antes de publicarse a sentenza sobre a peza central do caso Gürtel, que se esperaba dura para os intereses do PP, o PSOE non tiña no seu calendario unha estratexia de reacción; no seu lugar, Sánchez tiña previsto seguir co ataque contra o independentismo catalán mediante propostas como a do endurecemento do Código Penal contra as rebelións cívicas, que pasou a mellor vida.
O PSOE lanzou un órdago, a moción de censura, desde o medo do resto de grupos parlamentarios a aparecer como colaboradores necesarios dun PP que comezou o seu particular calvario xudicial polos casos de corrupción que se formaron durante a etapa de José María Aznar e que Rajoy arrastrou durante os 14 anos que estivo á fronte da formación conservadora. E saíu ben.
A chegada de Pedro Sánchez á Moncloa supón un punto de inflexión na lexislatura e permítelle recuperar foco. As primeiras enquisas sobre intención de voto publicadas tralo éxito da moción confirman que os socialistas controlan os tempos e que se matiza o cambio que se abriu nas eleccións de decembro de 2015 e xuño de 2016 respecto ao sistema político español.
Un día antes de publicarse a sentenza sobre a peza central do caso Gürtel, o PSOE non tiña unha estratexia de reacción; no seu lugar, Sánchez tiña previsto seguir co ataque contra o independentismo catalán mediante propostas como a do endurecemento do Código Penal contra as rebelións cívicas.
As últimas eleccións xerais derivaron nunha fragmentación do espazo de confrontación directa que, desde a Transición, pivotara en dúas formacións políticas que representaban identidades antagónicas e que convivían cun partido minoritario de extrema esquerda (PCE e logo IU) e partidos políticos que representaban nacionalismos periféricos (Euskadi, Catalunya e Galiza). Podemos e C’s avanzaron un novo tempo que nacía das cinzas da crise política e de representación que aínda arrastramos.
O statu quo comezou a quebrar co afundimento electoral do zapaterismo, en 2011, e coa xestión da crise política e financeira do Goberno de Rajoy desde 2012. A sucesión de casos de corrupción política consumou unha crise política que, noutros países da nosa contorna, que levou por diante a formacións tradicionais (en Francia desapareceron a UMP, malia o seu cambio de nome, e o Partido Socialista) ou ampliaron a competencia electoral, como ocorre en Alemaña coa ultradereita.
Este escenario corríxese trala moción de censura, de maneira que o foco volve estar nos partidos que controlaron a vida política e institucional durante catro décadas, con tres formacións que, a nivel estatal, competirán no espazo situado entre o centro e a dereita e con Unidos Podemos como única formación con capacidade para facer campaña desde a esquerda.
2. Un Goberno para unha campaña electoral permanente
A composición do Executivo, feito a imaxe e semellanza do presidente, sinala a súa intención de esgotar a lexislatura cun impulso diario a partir dos xestos das ministras e ministros. Así, Sánchez capitaliza os dous movementos actuais máis potentes: a mobilización feminista, á que respondeu coa elección dunha maioría de mulleres no Gabinete e o nomeamento de Carmen Calvo como única vicepresidenta; e a desprofesionalización da política co fichaxe de técnicos desvinculados dos partidos tradicionais.
Sánchez formou un Goberno de corte socioliberal, moi na liña do equipo que rodea ao presidente francés, Emmanuel Macron, ou ao que no seu momento formara o ex primeiro ministro italiano Mateo Renzi, e entra de cheo no marco que tanto éxito lle proporcionou a C’s. Unha parte dos ministros do seu Goberno (Pedro Duque, Dolores Delgado, Màxim Huerta ou o propio Javier Grande-Marlaska) podería estar nun gabinete liderado por Albert Rivera e mesmo polo candidato do PP chamado a substituír a Rajoy.
A composición do Executivo, feito a imaxe e semellanza do presidente, sinala a súa intención de esgotar a lexislatura cun impulso diario a partir dos xestos das ministras e ministros.
Os novos ministros permiten exhibir a bandeira da igualdade de xénero coa elección de once mulleres, algunhas en carteiras moi potentes, como ministras e con acenos ao colectivo LGTB coa presenza de dous ministros publicamente homosexuais, mentres que o nomeamento de Josep Borrell e de Meritxell Matet apunta sinais de recuperación dun discurso europeísta como plataforma de aterraxe do conflito catalán.
Estamos, pois, ante un gabinete con pouca conexión orgánica co partido e que presenta vocación de converter a súa acción diaria nunha campaña de márketing político sostido até a celebración das próximas eleccións xerais, previstas para xuño de 2020.
3. Todo listo para unha substitución de liderado no PP desde a oposición
A crise económica e, sobre todo, a implicación de Rajoy nos equipos directivos nos que se fraguaron as prácticas corruptas facían imposíbel que o ex presidente do Goberno puidese liderar unha estratexia baseada en que a corrupción era cousa do pasado. As polémicas de Cristina Cifuentes e Pablo Casado cos seus expedientes académicos acentuaron a idea dunha crise de exemplaridade acumulativa que lastraba as opcións electorais fronte a C’s, percibido como alternativa de futuro.
O anuncio de Rajoy de que abandonaba a política chegou por sorpresa, tamén entre os seus. Conxeláronse as quinielas e os nomes que figuraran durante meses como sucesores naturais (Soraya Sáenz de Santamaría, María Dores de Cospedal e Alberto Núñez Feijóo) filtraron que estaban pensándoo. Nun partido tan presidencialista e xerárquico como o PP, o abandono de Rajoy, que promete ser total, deixa orfa unha dirección que non sabe moi ben como afrontar un novo tempo que reclama primarias para elixir ao líder, un proceso que non está precisamente no seu ADN como organización. É por iso que desde todos os espazos reclámase unidade e unha candidatura única para evitar un cisma público, especialmente entre os partidarios de Cospedal e de Santamaría.
A renovación do PP, que debera ir máis aló do liderado, chega nun momento no que se freou a súa caída nas enquisas, da que C’s fora o principal beneficiado. O PP mantense estable en torno ao 25% de intención de voto e parece estar recuperando unha parte do electorado que perdera cara a abstención tras asumir que o partido conservador por antonomasia non servía para o próximo ciclo electoral, que terá a súa primeira parada nas eleccións municipais, autonómicas e europeas previstas para o próximo mes de maio.
A renovación do PP, que debera ir máis aló do liderado, chega nun momento no que se freou a súa caída nas enquisas, da que C’s fora o principal beneficiado. O PP mantense estable en torno ao 25% de intención de voto e parece estar recuperando unha parte do electorado.
As últimas enquisas publicadas recollen un efecto honeymoon (lúa de mel) do electorado co Goberno, do que se beneficia o PSOE e, indirectamente, o PP. Sospeitamos que a saída abrupta de Rajoy do poder tería consecuencias na recuperación dunha parte do electorado popular, que desertara diante da incapacidade de Génova de construír un relato que permitise superar a mancha da corrupción, e parece que se está producindo este retorno de votantes.
Aínda que o PP ten unha base electoral moi avellentada (só é favorito entre os maiores de 65 anos), conta cunha vantaxe: C’s xa non é percibido como unha formación impoluta e o seu líder ten todo a favor para cometer erros non provocados pola súa enorme exposición mediática. As intervencións de Rivera durante os debates da moción mostraron os seus logros, pero tamén as súas debilidades, e o PP pode entrar agora a subliñalos porque ambos compiten, desde a oposición, por un electorado coincidente.
4. Distensión catalá a curto prazo
Neste contexto de reacomodo, Cataluña converterase nun dos argumentos dos próximos meses. Aínda que a independencia catalá figura como un problema secundario para os españois (sexto asunto segundo o CIS do mes de abril), si forma parte dos marcos esenciais do centrodereita, como se confirma polo éxito demoscópico de C’s e o xiro do PSOE cara a esas posicións.
As reaccións políticas á decisión do Consello de Ministros de devolver o control das contas públicas á Generalitat, como consecuencia da desactivación do artigo 155 da Constitución, permiten avanzar que o centrodereita volverá sobre o tema catalán como pegamento para aglutinar ás súas respectivas bases electorais.
Por iso, será interesante coñecer o nome do sucesor de Rajoy o próximo mes de xullo: si o liderado de Génova recae sobre Santamaría ou Cospedal, podemos anticipar unha estratexia de fortaleza contra a Generalitat e o independentismo, que durante estes días vive as súas horas máis baixas co recoñecemento da súa incapacidade de alcanzar a independencia nos días posteriores ao 1 de outubro. Si o PP opta por Feijóo como líder, é posible que se reafirme o intento de reducir a tensión, algo que xa fixo o presidente catalán, Quim Torra, coa elección definitiva da súa Govern.
En calquera caso, a distensión que se percibe non debería facernos concluír que o conflito quedou desactivado. Existe un 80% de cataláns que quere decidir o seu encaixe no Estado, unha gran maioría non está conforme co statu quo e ata dous millóns de cidadáns desconectaron “emocionalmente” de todo o que significa España nun contexto de recentralización como resposta ás pulsións independentistas.
Carmen Arango
Son autora do blogue La última en llegar. Son xornalista e politóloga, especialista en comportamento electoral e análise. Desde Madrid, teño contribuído á política de comunicación de partidos políticos. Aínda que estou en fase de transición, sigo con interese os procesos internos de renovación de liderados e proxectos políticos no Estado, cun ollo posto en Catalunya.
Outras opinións
‘Let it Be’ e as ‘Nagra Tapes’
A vida extínguese sen fogos de artificio
Lupe Ces: Licuar o sexo/Liquar o sexo
Unha multitude dentro de Dylan
Outras opinións
A vida extínguese sen fogos de artificio
Lupe Ces: Licuar o sexo/Liquar o sexo
Unha multitude dentro de Dylan
Algúns erros de esquerda que axudaron Ayuso