Os homes xustos
Cheikh Fayé
Uns anos antes do Congreso de Berlín de 1884 no que as potencias europeas repartiríanse as partes coñecidas de África, exploradores e buscadores de fortuna ao servizo dos reis como Leopoldo II e outros gobernantes levaban tempo traballando para ampliar as posesións europeas no continente.
No ano 1884, o chanceler Von Bismarck reuniu a belgas, franceses, británicos, portugueses e outras potencias menores en Berlín para dividir África sen ter que recorrer aos servizos de aventureiros que non sempre cumprían os acordos con quen os contrataba e acaban complicando os negocios.
O chanceler e as elites europeas querían organizar o comercio e a navegación en lugares estratéxicos como o val do río Congo, poñer fin ás disputas territoriais, ter paz entre eles, liberalizar os negocios e explorar e explotar o continente.
África estivo durante décadas baixo a colonización europea. Os soldados africanos contribuíran á liberación de Francia, que lles dixera que estaban pelexando pola liberdade. Eles querían a liberdade para os seus países. Despois da II Guerra Mundial, as colonias que participaran da vitoria dos aliados empezaron a reclamar a súa independencia. Nalgunha das colonias comezaron guerras de liberación (en Alxeria e en Guinea Bissau). Antes de 1960 chegaron as primeiras independencias. Pero a independencia política non significou independencia total. África, a maioría dos países, seguiron baixo a dominación das metrópoles. Algúns, como Thomas Sankara, rexeitárono.
Os soldados africanos contribuíran á liberación de Francia, que lles dixera que estaban pelexando pola liberdade. Eles querían a liberdade para os seus países. Despois da II Guerra Mundial, as colonias que participaran da vitoria dos aliados empezaron a reclamar a súa independencia.
A historia de África contada polos libros escritos por brancos europeos non é a mesma historia que contan os negros. É difícil relatar a historia desde calquera subxectividade; de aí as preguntas: Que é a historia? É unha disciplina científica? Eu adoito a mirar a historia desde o punto de vista dos leóns e non desde o dos cazadores, como dicía Chinua Achebe.
Un gran león
Thomas Sankara é o primeiro dos meus heroes. Chegou a ser presidente de Burkina Faso entre 1983 e 1987, a patria dos homes íntegros. Sankara formou parte dos militares que cambiaron o nome do país en 1984. Quixeron deixar claro que ían rematar para sempre coa corrupción no goberno.
Sankara era un militar e un político, procedía dunha familia pobre e seu pai quixo que fora relixioso. Tiña 34 anos cando chegou a presidente. Era un revolucionario. Quixo facer do seu país un país exemplar. En todo.
Fixo moito en pouco tempo, quizais porque sabía que a súa morte estaba próxima. Burkina Faso foi o primeiro país africano independente con varias mulleres no goberno, un goberno que foi o primeiro en prohibir a ablación. Tamén, desde o principio, Sankara tratou de impulsar a educación e a produción agraria como dous piares da soberanía. Soberanía cultural e soberanía alimentaria. Durante os pouco máis de tres anos que durou o goberno, duplicou a taxa de alfabetización, chegando a alfabetizar a case un terzo da poboación. E desenvolveu programas no campo para mellorar a produción de cereais e o aproveitamento do algodón, tamén coa intención de conseguir a soberanía no vestir e dispoñer de recursos para a exportación.
Durante os pouco máis de tres anos que durou o goberno, duplicou a taxa de alfabetización, chegando a alfabetizar a case un terzo da poboación. E desenvolveu programas no campo para mellorar a produción de cereais e o aproveitamento do algodón.
Foi un home exemplar nun goberno que foi exemplar nas pequenas cousas. Nun país pobre, os homes xustos prescindiron dos automóbiles de luxo e a Sankara, o presidente, a xente habituouse a velo nun Renault 5, un vehículo modesto. Sankara era un marxista e un panafricanista, que procurou alianzas na rexión con dirixentes como Muamar El Gadafi e o ganés Jerry Rawlings.
Sankara foi un digno fillo de África, que quixo a independencia para os africanos. Pero Francia e os seus aliados decidiron acabar con el. Sankara nunca abandonou a Blaise Compaore, un compañeiro. Sankara e Compaore coñecéranse en Marrocos. El foi quen o quitou de en medio. Non houbo un Sankara desde aquela. Haberaos no futuro? Seguramente xa naceu o próximo. Pode que nacera aquí mesmo.
A Coruña | 28 de maio.
Cheikh Fayé
Gade Escale (Senegal), 1962. Inmigrante. Vive na Coruña desde 2003. Comezou a escribir o blogue Senegaliza (https://senegaliza.wordpress.com/) hai tres anos, e en 2017 publicou Ser Modou Modou (AS-PG), con textos dese blogue. Mantén unha colaboración periódica en Sermos Galiza e eventuais noutros medios dixitais.
Outras opinións
Lupe Ces: Licuar o sexo/Liquar o sexo
Unha multitude dentro de Dylan
Algúns erros de esquerda que axudaron Ayuso
Outras opinións
A vida extínguese sen fogos de artificio
Lupe Ces: Licuar o sexo/Liquar o sexo
Unha multitude dentro de Dylan
Algúns erros de esquerda que axudaron Ayuso