Precariedade institucionalizada nas bibliotecas públicas

As bolseiras cobren postos que a administración non convoca e a oferta de emprego para a mocidade é a precariedade.

Compartilhar no facebook
Facebook
Compartilhar no twitter
Twitter
Compartilhar no google
Google+
Compartilhar no whatsapp
WhatsApp
Compartilhar no telegram
Telegram
Compartilhar no email
Email
Compartilhar no facebook
Compartilhar no twitter
Compartilhar no google
Compartilhar no whatsapp
Compartilhar no telegram
Compartilhar no email

CNT Galiza. Secretaría de Comunicación | Compostela, verán 2021. Veño de traballar durante un ano nun dos arquivos dependentes da Xunta de Galicia. Eu era unha bolseira en formación. A cousa soaba ben: aprendería cousas ben interesantes traballando mentres cobraba algo parecido a un salario. De feito, se se mira desde a situación xeral das traballadoras do país, a cousa está bastante ben: xornada laboral de luns a venres, un ritmo de traballo asumíbel, os festivos non se traballa… Iso si, sen dereito a vacacións nin a días libres… pero que se lle vai facer, non? O delirante é que cada vez máis nos acostumamos a estas cousas, estamos normalizando a precariedade a uns niveis cada vez máis alarmantes.

A teoría era que eu estaba alí para aprender. No entanto, tiña o mesmo horario que as traballadoras e asignábanseme tarefas que cumprir do mesmo xeito que a elas. Aínda que eu traballaba coma elas , o meu salario non chegaba nin ao soldo mínimo. Tampouco tiven, como dixen, dereito a vacacións nin a ningún día libre en todo o ano que pasei alí. Se me puxese enfermo, os días que non asistise ao traballo por ese motivo serían descontados do meu ínfimo “soldo”. O único suposto contemplado nas bases da bolsa de formación para ter algo parecido a unha baixa laboral é se tes que parar de traballar por mor dun embarazo. Todas as horas que as bolseiras lle “debesen” á Xunta debían ser recuperadas…

Das bolseiras que ían a arquivos municipais, as que tiñan sorte ían a destinos nos que había unha arquiveira que actuaba como a súa titora, pero noutros destinos nin sequera contaban con unha titora presente no arquivo que lles explicase como debían realizar o seu traballo (en teoría, estábannos formando), eran abandonadas no arquivo do Concello (moitos deles en condicións deplorábeis) e tiñan que poñerse a clasificar e ordenar, moitas veces desde cero, toda a documentación municipal. Cando ocorría isto último, era a bolseira a que cumpría as funcións de técnica arquiveira. A súa titora era na teoría a responsable do Sistema do Servizo de Arquivos, á que verían dúas ou tres veces de xeito presencial e un par delas máis de xeito telemático. Na práctica isto convertíase en que te arranxases ti soa como puideses. Nalgúns caso incluso unha bolseira anterior formaba á nova bolseira que entraba…

Biblioteca Pública nun concello galego.

Formación.

Facíanse de vez en cando cursos desde a Xunta, para que as bolseiras soubesen desempeñar o seu traballo, pero non os suficientes para consideralo una formación seria. Consistían en dúas reunións telemáticas, dúas presenciais e un curso que se impartía durante menos de cinco horas unha mañá, en Santiago de Compostela.

O persoal dos arquivos municipais emprega a ferramenta Arqa. As bolseiras nestes postos chegaron a ter algunha reunión coa titora e co persoal da empresa concesionaria, na que foron as bolseiras as que lle notificaron á empresa os erros detectados no programa.

Como mencionei antes, o sistema de elección na bolsa é un concurso de méritos. En función deste, constitúese unha lista de bolsa de emprego na que se van cubrindo as prazas. Normalmente cóbrense primeiro as dos arquivos históricos e intermedios da Xunta, mentres que as dos arquivos municipais en concellos pequenos quedan ao final. Isto é un contrasentido en relación á pretendida función formativa das bolsas, xa que, nestes últimos, adoita non haber titora do propio arquivo ao non existir ningunha arquiveira. Como dixen, a titora é entón unha persoa que se atopa en Santiago e coa que case non tes relación.

O certo é que dos arquivos ofertados como destino, só 9 están xestionados pola Xunta de Galicia. Os restantes son arquivos municipais, que pertencen ao Concello, que ten a responsabilidade da súa xestión. Non parece que teña sentido logo que a Xunta convoque bolsas de formación para mandar a xente a traballar para os Concellos, debería ser o propio Concello o que convoque esas bolsas.

Isto dá como resultado que as bolseiras se convertan en man de obra gratis para os Concellos, que teñen sorte cando lles son asignadas bolseiras con experiencia, pois estas organízanlle o arquivo municipal, que na maioría dos casos están sen comezar a clasificación e catalogación. No caso de que as bolseiras non teñan experiencia pode ocorrer, ao estaren elas soas traballando sen titora, que a catalogación do arquivo municipal non sexa todo o correcta que debese, o que tamén repercute no prexuízo dos cidadáns e dos seus servizos públicos de arquivos.

Nas bolsas de formación, tanto de arquivos como de bibliotecas, había persoas que xa tiñan unha longa experiencia laboral e que se acollían a estas bolsas porque era un dos poucos empregos aos que podían acceder. Así, temos bolseiras en formación con 55 anos, xa suficientemente formadas, e que o único que o desexan é un emprego digno, difícil de atopar neste tempo do capitalismo tardío.

Isto dá como resultado que as bolseiras se convertan en man de obra gratis para os Concellos, que teñen sorte cando lles son asignadas bolseiras con experiencia, pois estas organízanlle o arquivo municipal, que na maioría dos casos están sen comezar a clasificación e catalogación.

Falta persoal.

Tamén nas bibliotecas, as bolseiras desempeñan tarefas que deberían desempeñar auxiliares, axudantes e técnicas. Faltan traballadoras pero a Xunta non saca esas prazas e as bolseiras fan a labor das traballadoras que non hai. Logo as traballadoras levan a maioría dos méritos do que fixeron as bolseiras, que parecen non existir na maioría de presentacións ou actos oficiais.

Para que as bolseiras das bibliotecas aprendan a desempeñar o seu traballo limítanse a darlle unha charla sobre Koha (un programa de xestión de bibliotecas) e outros aspectos sobre bibliotecas. As bolseiras dalgunha biblioteca si que tiveron a oportunidade de realizar cursos de formación oficiais ao igual que o resto das traballadoras, mentres que outras non, o que demostra que non existe unha política unificada a respecto da formación das bolseiras, que en teoría é o principal obxectivo da convocatoria da bolsa.

De un día para outro chamáronnos para que acudísemos ao Gaiás ao noso nomeamento. Ese día tivemos que escoitar un discurso baleiro e hipócrita do Secretario Xeral de Cultura. Desde o primeiro deixóusenos claro que isto non era un contrato de traballo, mais tamén se nos deixou claro que tiñamos que traballar co mesmo horario que as funcionarias. A responsable dos Sistema do Servizo de Arquivos explicounos todo o que debiamos facer. A persoa encargada de resolver as nosas dúbidas non parecía sentirse cómoda ao preguntarlle polos pagos que recibiamos cada mensualmente. Decateime despois do motivo polo que non lle resultaba cómodo responder a estas preguntas. Moitas veces a Xunta atrasábase nos pagos; o primeiro mes non nos pagaron até pasada unha semana do mes seguinte.Logo souben que a persoa á que dirixía as miñas preguntas é liberada sindical de CCOO; curiosa maneira de defender os dereitos das traballadoras.

Despois de un ano traballando e en teoría formándote para desempeñar un traballo, danche a patada, e a pesar de estar cotizando 12 meses nin tes dereito a paro nin a subsidio por desemprego.

Como digo, non había vacacións nin días libres durante un ano enteiro. Varias persoas enfermaron e descontáronselles todos os días que faltaron ao traballo do nosa xa ínfima retribución mensual. Incluso cando as bibliotecas reduciron a súa actividade, en febreiro, por mor do coronavirus as bolseiras seguiron traballando o mesmo. As ordes da Xunta foron que na biblioteca estiveran cada día só o 50 % das traballadoras para evitar contaxios. Así e todo, as bolseiras non contaban nese cálculo; imaxinamos que somos inmunes ao virus polo feito de sermos bolseiras… Algún arquivo histórico chegou a incluír ás bolseiras nestas medidas de protección fronte á Covid e recibiu ordes directas do Secretario Xeral de Cultura de non facelo, o que di moito do que lle importa as saúde das persoas á Xunta cando non dá réditos políticos.

A bolsa tiña unha duración de 6 meses, prorrogábeis a outros 6. Até o penúltimo día do ano, 30 de decembro, non soubemos se nos ían renovar ou non; o que demostra unha vez máis que para a Xunta somos meras ferramentas de traballo, non persoas. Inda por riba, as persoas dalgunha biblioteca nin sequera obtiveron un documento oficial que lles confirmase que foran renovadas, soamente lles dixeron o día 30 que o día 2 tiñan que acudir a traballar.

Despois de un ano traballando e en teoría formándote para desempeñar un traballo, danche a patada, e a pesar de estar cotizando 12 meses nin tes dereito a paro nin a subsidio por desemprego. Logo, para o ano, virán outras bolseiras a desempeñar os peores traballos e quitarlle carga de traballo á Xunta, que non contrata máis traballadoras que fan falla por aforrar uns cartiños, e así a roda sigue xirando. Hai bibliotecas e arquivos da Xunta de Galicia que se sosteñen a base de bolseiras. Este é o modelo que os nosos gobernantes queren para Galiza: a precariedade e a explotación laboral. De que maneira imos construír as nosas vidas as persoas mozas con esta incerteza permanente?

Como estes contratos de bolseiras case sempre agochan que o que realmente somos é traballadoras con un soldo irrisorio e sen dereitos laborais, é complicado reclamar nada, hai que demostrar que realmente temos unha relación laboral encuberta. O goberno español, autodenominado o máis progresista da historia, cunha das súas medidas estrelas, que leva anunciando varios anos, a reforma laboral, pretende acabar con estes contratos pero realmente o que vai facer é que sexan aínda máis longos e perpetuar á xuventude nesta precariedade. Ante isto, o único que nos queda é o apoio mutuo, a solidariedade de clase, organizármonos e defender os dereitos da clase traballadora.

Por último, gustaríame dedicarlle unhas palabras de agradecemento a todas as compañeiras que me axudaron a redactar este texto, pois sen os seus relatos e os seus apuntamentos sobre a redacción do artigo, non tería sido posíbel.

 

Testemuña dunha militante da CNT Galiza, quen prefire non dar o seu nome polas posíbeis consecuencias no ámbito laboral que poida ter o escrito.

Deixe um comentário

Deixe um comentário