Presunción de inocencia, especie en extinción?

Bletxu Valeiras

Compartilhar no facebook
Facebook
Compartilhar no twitter
Twitter
Compartilhar no google
Google+
Compartilhar no whatsapp
WhatsApp
Compartilhar no telegram
Telegram
Compartilhar no email
Email
Compartilhar no facebook
Compartilhar no twitter
Compartilhar no google
Compartilhar no whatsapp
Compartilhar no telegram
Compartilhar no email

Di a RAG que presunción de inocencia é “a que se debe manter, mentres non haxa sentenza condenatoria, contra a persoa a quen se lle imputa un delito”. Todas temos moi claro que esta é unha das bases fundamentais de calquera sociedade democrática. Mais como toda sociedade (e mesmo toda democracia) é imperfecta, vemos que o que presumimos como dereito básico é supostamente esquecido tanto polas administracións como pola cidadanía.

No Reino de España estase a notar que a presunción de inocencia non é sempre tida en conta polo menos no mesmo nivel en todos os casos. O maior ataque que pode facer a Administración contra a presunción de inocencia é a prisión cautelar. Esta debería ser unha medida excepcional para aqueles casos en que haxa perigo de fuga, posibilidade certa de destrución de probas ou sospeita fundada de reiteración de delito. Temos bastantes exemplos en que podemos observar que a xustiza non é igual para todas. A finais do pasado verán, o noso país sufriu en poucos días unha vaga de lumes terrible. Ante esta situación a Administración colleu con forza a tese do terrorismo incendiario organizado. Esta tese caeu polo chan despois de case un ano de investigacións, mais non sen deixar antes algunha vítima polo camiño.

Este foi o caso dun home que foi detido por provocar un lume de menos dunha hectárea nunha leira da súa propiedade. A pesar de que ficou claro dende o primeiro momento que fora un caso de neglixencia e que o home fixo todo o posible por apagar o lume (chamando mesmo ás autoridades), decretouse para el unha prisión cautelar que durou cinco semanas, e que lle provocou serios problemas de saúde. Parece claro que ningún dos tres supostos se daban neste caso. Posiblemente (esquecéndonos da presunción de inocencia cara a Administración) estamos ante un cuarto suposto: a prisión cautelar exemplificante. Trátase de demostrar que está todo controlado e que ningún facineroso vai escapar das mans da xustiza.

Algo moi semellante está a ocorrer cun delito moi diferente. O caso das presas políticas catalás, que levan máis de oito meses en prisión cautelar. Fóra das institucións non había risco de destrución de probas. Fóra das institucións non había risco de reiteración de delito. O risco de fuga ficou descartado desde o momento que, sabendo que ían ser detidas, as políticas en prisión cautelar permaneceron a disposición das autoridades. Parece que o cuarto suposto da prisión cautelar exemplarizante volve aparecer.

O caso das presas políticas catalás. Fóra das institucións non había risco de destrución de probas. Non había risco de reiteración de delito. O risco de fuga ficou descartado desde o momento que, sabendo que ían ser detidas, as políticas en prisión cautelar permaneceron a disposición das autoridades. Parece que o cuarto suposto da prisión cautelar exemplarizante volve aparecer.

Por outra banda aparecen casos en que as medidas cautelares non son “tan duras”. O caso do cuñado do Rei, ou de algunhas das sentenciadas en primeira instancia do caso Gürtel, fai que certos sectores da cidadanía vexan trato de favor nestes casos. Aquí temos un dos nosos problemas: defender os dereitos do home preso por provocar un lume ou das políticas catalás, non se debe facer desde o ataque aos dereitos das que están “no outro bando da loita”.

O asunto non é reclamar medidas cautelares iguais de duras para os outros, senón esixir a obxectividade nas medidas cautelares contra toda persoa detida. Mais isto é algo realmente complexo que seguramente nos faga caer moitas veces nun claro acto de incoherencia. Deberíamos admitir que non haxa medidas de prisión preventiva para os membros de La manada? Pois eu acóllome ao suposto de perigo de reiteración. Esta xente non ten consciencia de ter cometido un delito, o que me fai supor que se para eles non é delito. Por que non repetilo? Ben mirado, non estou pedindo unha prisión cautelar exemplificante? Quero pensar que non, mais…

Porta, cárcere.

A presunción de inocencia é tamén atacada pola sociedade (medios de comunicación, redes sociais, cidadanía en xeral…). A arma, o linchamento social. En determinados delitos (asasinatos, corrupción, violencia machista) tendemos a sinalar mediatico-socialmente como culpables antes de xuízo as persoas imputadas. Normalmente pensamos que son casos clarísimos, mais todo depende de como o “vendan” os medios.

Un caso sangrante foi o de Dolores Vázquez. Todos os datos da investigación que foron filtrados á prensa determinaban, sen dúbida algunha, que Dolores Vázquez fora a asasina de Rocío Wanninkhof. Houbo momentos en que o perigo de linchamento xa non social, senón físico, resultou elevadísimo. Até o feito de ser Dolores unha muller lésbica foi utilizado como argumento en favor da súa culpabilidade por non poucos sectores da opinión pública. Co tempo e despois dunha apelación, apareceu o verdadeiro asasino e Dolores Vázquez ficou liberada de sospeitas. Máis recente é o caso do neno de Almería que apareceu morto despois de varios días de busca. Neste asunto, nos primeiros momentos, era moi claro que un home que tiña orde de afastamento da nai do pequeno era o culpable. A prensa xa empezara a sacar fotos e datos del. Resultou non ter nada que ver.

Tendemos a sinalar mediatico-socialmente como culpables antes de xuízo as persoas imputadas. Normalmente pensamos que son casos clarísimos, mais todo depende de como o “vendan” os medios.

Nos casos de corrupción política hai unha visión distinta. Esiximos que así que aparece un escándalo cheguen as dimisións. Cada partido leva a súa esixencia a un grao distinto co que para unhas a simple investigación provoca a morte política, para outras a condena en firme non é sinónimo de dimisión. A listaxe de políticas (de todos os bandos) investigadas, lapidadas e posteriormente declaradas inocentes é moi longa. E como no caso do ataque administrativo, no social tamén é complicado manter unha postura coherente. Se son das nosas hai que deixar que se explique e se investigue, se son das outras que se vaian por roubar. Mais neste caso hai dous factores condicionantes moi claros que nos fan esquecer unha vez máis a nosa obriga de aplicar a “presunción de inocencia”.

O primeiro é a pouca fe que nestes casos existe no sistema xudicial. Como exemplo o caso do presidente da Deputación de Ourense. A causa foi arquivada, a pesar de teren saído á luz audios máis que clarificadores. A actuación do fiscal foi tan útil para o acusado como a do avogado defensor. Foi este un caso de favoritismo xudicial? Probablemente non, xa que a causa foi efectivamente investigada.

E aquí aparece o segundo factor condicionante do que falaba. Cuestións que xuridicamente non son penadas, ben sexa por falla de probas contundentes ou por non estaren establecidas como delito, si poden ser politicamente dolosas. Con eses audios xa públicos, non é aceptable que o señor Baltar mantivese os seus cargos.

A sociedade é imperfecta, a xustiza é imperfecta, e a nosa actitude ante a presunción de inocencia tamén é imperfecta, mais sempre podemos facer algo máis para mellorala, polo ben da sociedade e, quen sabe se tamén algún día polo noso propio ben.

Ourense, 11 de xullo.

Bletxu Valeiras

Bletxu Valeiras

Ourense, 1971. Secretario de Esculca - Observatorio para a defensa dos dereitos e liberdades, e activista. Ex traballador de banca.

EsCULcA

Eurovisión en Israel: cando a música normaliza un xenocidio

Este mércores 3 de Abril, no Teatro Principal de Compostela, Pallasos en Rebeldía e BDS-Galiza organizan unha Gala para mostrar o seu rexeitamento á celebración do Festival de Eurovisión en Israel: Eurovisión ArtWashing, Limpeza Étnica, Xenocidio – Boicote Israel 2019.

A mordaza nos estadios deportivos

O autor alerta sobre a limitación de simboloxía política ou identitaria nos recintos deportivos do Estado baixo o paraugas doutra lei represora.

Deixe um comentário

Deixe um comentário