Proxecto imperial vs. proceso revolucionario
Bolivia, entre o golpe e as utopías - Parte IV (final)
Juan Carlos Pinto | La Paz, febreiro 2020. Vivimos case 14 anos de construción dunha democracia intercultural, e hoxe a partir dos acontecementos que derivaron na renuncia de Evo Morales, volvemos á situación dun enfrontamento clasista e racial dos sectores dominantes, con maiores dores e mortos froito da mobilización popular convencida de que defende un proceso que lles pertence.
Así pois, máis aló das súas xustificacións, están os feitos e o perfil do novo goberno. Asumiu que un partido se faga coa presidencia cando non obtivo nin o 4% dos votos, por medio dun dispositivo legal que non se pode acreditar en democracia. Si ben os divididos masistas non reaccionaron inmediatamente, iso non xustifica o atropelo das regras e leis vixentes. De tal modo que non existen renuncias (que ademais deben ser escritas) se non son aprobadas polo pleno do congreso. Estas foron tratadas no Congreso o pasado 21 de xaneiro logo de máis de 2 meses e baixo a ameaza golpista do exército despregado nas rúas, e cos lexisladores ameazados para que aprobasen a renuncia. Aínda máis, haberá que dicir que até esa data Evo Morales seguía sendo o presidente de Bolivia, poñendo de manifesto unha vez máis o golpe de estado.
Peor aínda cando un goberno “transitorio”, instaurado polo exército e a policía, se auto-atribúe o poder de asasinar, como poder de Estado, a 34 persoas, ferir a máis de 1.000 e apresar outro número similar, ademais de desatar unha política de persecución contra dirixentes políticos e sindicais baixo o argumento de bandas narco-terroristas (o mesmo discurso anticomunista que levaban os gobernos militares dos anos 70), ás que ademais se culpa de “matar aos seus propios compañeiros”. Non hai maior terrorismo de estado que este! E dinnos que non é golpe.
Aínda máis, perseguen ás misións humanitarias e de DDHH que veñen ao país organizados pola CIDH ou organizacións de dereitos humanos da Arxentina e outros países. Acósanas, perséguenas e finalmente táchanas de masistas. Ameazan con que non haberá eleccións para os chapareños, asasinan un xornalista arxentino, pretenden obrigar ás familias das vítimas de Senkata e outros lugares a recibir unha compensación a cambio “de non apelar xustiza ante organismos internacionais”. Pero din ser un goberno de “pacificación” e de transición.
Baixo este postulado, pretenden ademais privatizar nos seguintes días ao golpe as empresas estatais (que xa non son estratéxicas). Agora ao parecer son vistas como oportunidades para o mellor ofertante. Expulsaron ás embaixadas de Cuba e Venezuela, e rapidamente se aliaron a EUA, vendo a rápida posibilidade de que se rearme a USAID e retorne a DEA. Tamén se aliaron con Israel, a quen pediron que o MOSAD, o seu servizo de intelixencia, veña ao país “pelexar contra o terrorismo”, pois eles teñen moita experiencia asasinando palestinos.
En fin, haberá que pensar que todas estas características do desenlace dun golpe de estado contra os dereitos fundamentais das persoas, xunto a quen o patrocinou, ademais de ser sostido cos fusís militares e policiais que puxo este goberno de facto, compuxeron un golpe de estado con base nas receitas das guerras híbridas que hoxe se libran no continente.
Partimos da premisa de que se perdeu unha batalla, nas rúas e no discurso, pero que as confrontacións deben retomar un curso organizativo e institucional, que recuperado autocríticamente o proceder político desta conxuntura, nós permita rearmar politicamente o MAIS-IPSP, que representa o 50% da poboación votante. E que a partir dunha mirada autocrítica e do impulso de novos liderados, nós permita eventualmente participar da disputa electoral pola representación de quen como maioría aínda sosteñen o único Instrumento político con representación nacional.
Os primeiros pasos foron dados ao nomear e ratificar ao binomio de Luís Arce Catacora, para a Presidencia, e David Choquehuanca, para a Vicepresidencia. E fíxose de forma unificada, aínda que en condicións de persecución dos dirixentes e no medio dunha campaña para que o MAIS-IPSP teña as peores condicións políticas posíbeis. Enfronte só hai unha oposición atomizada que sostén como proposta a negación do proceso de cambio e o descontento, e que tan só buscará xustificar o seu proxecto alternativo nas carencias, así como no racismo, antes que nas propostas de sustentabilidade, tanto no plano da economía como nos camiños de encontro e interculturalidade. Até agora non foron capaces de ofrecer propostas para a pacificación do país.
“Que as prácticas de xestión comunitarias non sexan un imperativo do medo senón un acto político de vontade colectiva baseada na confianza e na certeza de que é posible construír un mundo diferente.”
Mais aínda temos que apuntar máis lonxe que á eventual competencia electoral, pois a oposición e o imperialismo non están dispostos a entregarnos novamente o goberno a través dunha inminente vitoria. Por iso debemos traballar en temas estruturais que fan á revolución e garanten a súa sustentabilidade. Retomar o camiño da democracia intercultural como alternativa fundamental fronte ao racismo. Recuperar a representación de base como esencia desa democracia. Mobilizarnos para defender os nosos dereitos fundamentais. Defender a representación de maioría que nos construíu como país de todas e todos, e continuar coa revolución para seguir construíndo unha patria para todas e todos.
Necesitamos avanzar sobre a construción dunha ética pública revolucionaria, que teña como base a formación política e a participación cidadán na construción do novo país. Soster na xestión pública o proxecto revolucionario, devolvendo o protagonismo á cidadanía non só coas súas propostas, senón coa construción colectiva do público.
O control social debe deixar de ser unha instancia burocrática ou de complicidade, e tomar o papel político de ser equilibrio e complemento crítico das decisións de Estado. Cambiar o sentido común das cousas construído pola ideoloxía de mercado para soster o proxecto alternativo do Vivir Ben levaranos tempo. Que as prácticas de xestión comunitarias non sexan un imperativo do medo senón un acto político de vontade colectiva baseada na confianza e na certeza de que é posible construír un mundo diferente. Iso é construír a patria como comunidade de destino que se consolide nunha democracia intercultural que promova a responsabilidade, a virtude e a identidade xunto ao interese común. A iso chamámoslle Socialismo Comunitario.
(*) Juan Carlos Pinto é sociólogo e analista político boliviano.
Próxima entrega (e última): O proxecto imperial fronte ao proxecto revolucionario.
Partes I a III
O golpe de estado neofascista cívico evanxélico en Bolivia
Bolivia, entre o golpe e as utopías (II) A aposta política do cambio.
Bolivia, entre o golpe e as utopías
Evo Morales
“Eu não acreditava na necessidade de gerar nova liderança”
illas
Precariedade institucionalizada nas bibliotecas públicas
Outras novas
Recadación de fondos para crear o Bosque da Lingua nos Montes de Couso
O aparato de propaganda dos xigantes eólicos sae a escena
Ecoloxistas exixen en Ourense moratoria para frear as macrogranxas