"Queremos ter contacto directo cos nosos, sen limites de días nin de tempo"

Familias de usuarias reclaman a normalización do réxime de vistas ás residencias.

Compartilhar no facebook
Facebook
Compartilhar no twitter
Twitter
Compartilhar no google
Google+
Compartilhar no whatsapp
WhatsApp
Compartilhar no telegram
Telegram
Compartilhar no email
Email
Compartilhar no facebook
Compartilhar no twitter
Compartilhar no google
Compartilhar no whatsapp
Compartilhar no telegram
Compartilhar no email

Redacción adiante | A Coruña. 8 de febreiro de 2021. A recentemente constituída Federación Vellez e Dignidade reclama da Xunta de Galiza a normalización das visitas dos familiares ás residencias de maiores. Unha vez que os centros completaron a fase de vacinación e malia que coas cifras de onte no conxunto das residencias galegas hai 512 persoas, entre usuarias e traballadoras, infectadas pola covid e varios centros -Carballo, A Estrada, Sarria, Bande e Leiro, entre eles- presentan incidencias moi altas, as familias piden acceso máis flexíbel aos centros e reclámano nunha solicitude rexistrada telematicamente este luns diante da Xunta de Galiza.

As familias insisten, levan tempo chamando a atención sobre os efectos laterais das restricións impostas pola covid. “Non ten sentido demorar mais esta situación, agora que están vacinados, o tempo para moitos residentes acabase por cuestión de idade e demandamos o contacto directo cos nosos varios días á semana, se é preciso os familiares usaremos o EPI completo, ese que as residencias non dan as traballadoras”, indican no comunicado difundido este luns.

Vellez Digna, Faudema e ADUR, anunciaron ademais que federaranse a nivel galego para unir forzas na loita contra o abandono dos maiores e por un novo modelo de atención. Os colectivos de familiares, desligados de REDE por discrepancias co presidente daquela plataforma, acusan á Consellería de Política Social de “laxitude” no cumprimento do protocolo conxunto da Sanidade e de Política Social para o manexo da crise nas residencias, e recriminan ao departamento que dirixe Fabiola García de non ter investigado “cando menos os centros que tiveron maior numero de contaxios e mortes”.

“Neste contexto é indignante que Fabiola se considere boa xestora cando nas residencias galegas se repiten, na segunda e terceira onda da covid, os mesmos erros e consecuencias que na primeira, en boa medida porque Política Social nin reforzou os seus medios de inspección nin investigou para saber por que unhas residencias tiveron un numero tan elevado de contaxios e mortes e outras non, para saber en definitiva que se fixo ben e que se fixo mal e así poder actuar en consecuencia”, critican os familiares.

Vellez e Dignidade, a federación que agrupa agora o principal colectivo de familiares e que está representado no comité de espertos que a Xunta puxo en marcha para tratar o futuro das residencias, alerta de que nos centros “estase a producir unha forma de maltrato silenciosa que é o illamento dos residentes”, e lembran que en menos dun ano xa pasaron polo “estrito confinamento nas súas habitacións na primeira onda sen o persoal necesario para atendelos e acompañalos; ficaron sós e illados, sen saber que acontecía”. As familias consideran que na fase actual da pandemia o réxime de visitas ás residencias ten ás veces interpretacións “arbitrarias e abusivas” e que as direccións “tratan a toda costa de manter lonxe aos familiares para que no vexan nin se queixen nin denuncien”.

As familias critican que Política Social “nin reforzou os seus medios de inspección nin investigou para saber por que unhas residencias tiveron un numero tan elevado de contaxios e mortes e outras non, para saber en definitiva que se fixo ben e que se fixo mal”.

Auxilio da xustiza

Ademais, as familias denuncian que segue haber residencias que “nin teñen todo o persoal, nin dan EPIs completos nin suficientes ás traballadoras nin formaron ao persoal nin melloraron a desinfección e a limpeza, e que nesas condicións é imposible tomar as medidas preventivas que garantan que de entrar o virus non se propague novamente de forma masiva”. “É intolerable que para Política Social siga sendo algo normal residencias con 70 contaxiados ou co 60% dos residentes infectados”, critican.

Diante desta situación, Vellez e Dignidade pide que sexa a administración de xustiza “a que realice, de oficio, unha investigación nas residencias con mais de 10 contaxios” e que se explique por que o numero de mortes e proporcionalmente maior nas residencias privadas que nas públicas.

A semana pasada, desde ADUR, unha das asociacións que conforma o colectivo, recollían unha información da SER a nivel estatal na que se advertía que a primeira semana deste mes foi “a peor semana nas residencias de anciáns desde abril”. ADUR explicaba que, segundo os datos do SERGAS, na última quincena de xaneiro faleceron en Galiza 78 anciáns a causa da covid, e só nesa semana de febreiro tiñan morto 48. A media de falecementos de residentes pasou de 5 por día a 7. Este luns, a mesma asociación botaba as contas de como estaban as residencias nove meses atrás en canto a incidencia da covid. O 7 de maio había 562 casos activos de covid entre traballadoras e residentes; o 7 de febreiro a cifra era 512. “Que mudou?”, preguntábase a asociación.  

Deixe um comentário

Deixe um comentário