O 17, día de Carvalho Calero

Real academia de quen?

Erea Blanco

Compartilhar no facebook
Facebook
Compartilhar no twitter
Twitter
Compartilhar no google
Google+
Compartilhar no whatsapp
WhatsApp
Compartilhar no telegram
Telegram
Compartilhar no email
Email
Compartilhar no facebook
Compartilhar no twitter
Compartilhar no google
Compartilhar no whatsapp
Compartilhar no telegram
Compartilhar no email

O día das letras galegas comezou a celebrarse o 17 de maio do 63, coincidindo co centenario da publicación de Cantares Gallegos de Rosalía, desde a súa primeira celebración, o Día das Letras resultou un día cunha significación inimaxinábel, un día no que a lingua e as e os autores galegos tomaban o protagonismo.

Ás veces pregúntome que representa o Día das Letras a día de hoxe en Galiza, ás veces nin estou segura de que non sexa unha mostra da RAG na que intenta manterse viva e á vangarda, non teño tampouco moi claro que este día teña moita máis transcendencia alén das campañas de Gadis.

Ao pasar o 17 de maio, como ben se di, pasou o día, pasou a romaría. As e os 59 autores conmemorados neste día pasaron ao esquecemento da xente cando rematou a semana das letras… É curioso que a homenaxe que pretendemos darlle á nosa lingua busque autores e autoras con requisitos, dea unha semana de fama, na que as librarías venden máis libros en galego, na que exaltamos a lingua por toda Galiza para finalmente volver a deixala de lado e vendida o día 18, e así até o ano que vén.

Non sei ben cal foi o momento no que o pobo se desmobilizou tanto como para acatar que é a RAG a que ten que decidir a quen se homenaxea cada ano, non sei en que momento o nacionalismo e o independentismo galego deixaron de homenaxear a outras autoras ou autores dos que dicía a Academia, mais é ben desolador pensar que a RAG sexa quen decide á persoa que ten que ter o protagonismo o 17 de maio.

O propio dicionario da RAG define a palabra “Academia” como “sociedade formada por científicos, escritores ou artistas”. É ben curioso que goberne o mundo da lingua galega quen se autoproclamou académico, quen rexeita a orixe histórica da lingua, quen varía a historia da normativa segundo lle conveña, quen non recoñece unha parte do debate.

“Toca dicirlle á RAG que non necesitamos que recoñeza a autores como Carvalho Calero porque é o pobo quen os ten que recoñecer e ver o seu valor, non ningunha Academia de eruditos”

E… se a Academia non recoñece unha parte da nosa historia, por que debemos ser nós quen recoñeza a Academia como unha Institución con valor algún? Coido que xa chega, chega de negar a nosa historia, de negar ás e aos nosos autores, que chega de renunciar á nosa raíz histórico-filolóxica, abonda de castelán na nosa lingua, abonda xa de entender á RAG como un ente todopoderoso que decide sobre nós.

Toca mirar á fronte e reclamar ás e aos nosos autores, mais non o 17 de maio, senón todos os días do ano, toca valorar a nosa lingua e coidar o seu uso, toca dicirlle á RAG que non necesitamos que recoñeza a autores como Carvalho Calero porque é o pobo quen os ten que recoñecer e ver o seu valor, non ningunha Academia de eruditos e, sobre todo tócanos a nós eliminar complexos, deixar de pedirlle a unha institución que non merece o noso respecto que lle recoñeza aos nosos autores.

Sinceramente, penso que o mellor que nos pode pasar, tanto como galegas e como defensoras da nosa lingua e como persoas políticas en defensa de Galiza, é que institucións como a RAG ou o ILG non recoñezan nunca as nosas reclamacións.

 

Ourense, 17 de febreiro. 

Erea Blanco

Erea Blanco

Ourense, 1996. Estudante na Facultade de Filoloxía da UDC. Militante de Isca! e activista da Marcha Mundial das Mulleres.

Deixe um comentário

Deixe um comentário