Recadación de fondos para crear o Bosque da Lingua nos Montes de Couso

A Comunidade de Montes de Man Común lanza unha iniciativa para diversificar as fórmulas de protección do territorio... e da lingua.

Compartilhar no facebook
Facebook
Compartilhar no twitter
Twitter
Compartilhar no google
Google+
Compartilhar no whatsapp
WhatsApp
Compartilhar no telegram
Telegram
Compartilhar no email
Email
Compartilhar no facebook
Compartilhar no twitter
Compartilhar no google
Compartilhar no whatsapp
Compartilhar no telegram
Compartilhar no email

A Coruña | 12 de decembro.  A Comunidade de Montes de Man Común de Couso e a cooperativa coa Asociación Verdeval veñen de lanzar unha campaña de recadación de fondos para crear o Bosque da Lingua nunha área de 40.000 metros cadrados, na zona de As Rasas, dentro da parroquia de Couso en Gondomar.

O obxectivo da campaña é recadar 21.650 euros. Desde o seu inicio a pasada semana até este domingo 12 de decembro leva conseguido 5% da cifra, a través de 38 doazóns.

Esta é a ligazón para as achegas: https://montesdecouso.gal/campanhas/proxecto-bosque-da-lingua/, e para coñecer as recompensas por cada doazón, que van desde os dez até os trescentos euros.

Que é o Bosque da Lingua?

“Un lugar para interiorizar as artes plásticas, visuais, escénicas e literarias, a ciencia, o compromiso ecolóxico, o monte vivo, palestras. Un enclave para gozar de propostas lúdicas en equilibrio coa natureza (…) co obxectivo de preservar a conservación da natureza, de difundir e vivenciar o noso patrimonio cultural, particularmente o noso idioma”, di o comunicado que asina Xosé Antón Araúxo, presidente da Comunidade de Montes de Man Común de Couso.

Segundo os promotores, o Bosque contará cunha zona de recibimento, un parque de ocio, anfiteatro, áreas de investigación, lugares de creación, paneis e sinalizacións de recursos naturais, zonas de xogos, mapas, árbores literarias, árbores da arte… E estará aberto “a todas as persoas con sensibilidades medioambientais e culturais. Sinaladamente, centros educativos, e comunidades escolares, sexa de grao básico, medio ou superior”.

Para que?

O proxecto enmárcase na Axenda 20/30 das Nacións Unidas, e apela á potenciación do coñecemento e uso do idioma galego xunto con valores medioambientais e ecosociais. Os obxectivos do Bosque son “a conservación, apego, difusión e uso do noso patrimonio cultural, social e ambiental facendo fincapé na lingua galega”. A lingua e o territorio, dous tesouros do patrimonio común ameazados hoxe por colonizacións dun mesmo signo.

O espazo, esa é a pretensión dos promotores, servirá para desenvolver actividades didácticas, presentación de libros, lecturas colaborativas, obras de teatro, monicreques, recitais poéticos, cine ambiental, xogos, campamentos, e investigación, entre outras.

No proxecto xa está implicado o Instituto de Estudos Miñoráns.