Retrospectiva

"A Paga". FIN

Compartilhar no facebook
Facebook
Compartilhar no twitter
Twitter
Compartilhar no google
Google+
Compartilhar no whatsapp
WhatsApp
Compartilhar no telegram
Telegram
Compartilhar no email
Email
Compartilhar no facebook
Compartilhar no twitter
Compartilhar no google
Compartilhar no whatsapp
Compartilhar no telegram
Compartilhar no email

Que pasaría se tódalas persoas tivésemos a subsistencia garantida? Como mudarían as nosas vidas? Esta é a pregunta que se agocha detrás de A Paga.

Durante os case tres anos que durou este proxecto puxéronse sobre a mesa estas cuestións, amosando dende a ficción literaria as vidas de diversas persoas cos seus problemas e incertezas. Quixéronse propor exemplos de situacións habituais, e non tan habituais, nas que a existencia dunha renda básica universal e incondicional non só proporcionaría o necesario materialmente para poder vivir, senón tamén a liberdade que precisamos para poder facelo plenamente.

As dificultades ás que se enfrontan as persoas LGBTI+, coma o rexeitamento familiar e social que sofren en moitos casos, e a imposibilidade de poder ter a existencia desexada ao depender materialmente dos seus proxenitores; a sociedade patriarcal na que vivimos e como afecta esta ás persoas, dende as mulleres que sofren violencia machista e atopan dificultades para escapar dos seus agresores cando dependen economicamente deles, ata a presión que reciben moitos homes co que se presupón debe ser o seu rol na familia, desembocando moitas veces en depresións e nalgúns casos chegando a suicidios; a explotación laboral, que obriga ao proletariado a aceptar empregos miserentos para poder poñer comida sobre o prato ou ter un teito baixo o que durmir; ou a imposibilidade de alcanzar os soños e sentir realización persoal, ao non dispor dos medios materiais que necesitamos para poder facelo e que si teñen as clases altas. Estes son algúns dos temas que se trataron e pretenderon visibilizar ao longo da serie, xunto a outros non tan centrados na propia existencia material.

Quíxose falar da homofobia en si mesma, do racismo, do machismo, ou do especismo. Non cabe dúbida de que quedaron moitos temas atrás, pero isto non pretendeu ser máis ca unha pequena mostra do que acontece e de como cambiaría o mundo se tódalas persoas tivesen o necesario para, simplemente, poder vivir.

Non se tratou dun ensaio, senón dun proxecto literario de ficción, e como tal non pretendeu ser unha alegación a favor da renda básica en si mesmo, senón poñela de fondo, incluso ás veces en segundo ou terceiro plano, a modo de mostra do que poderiamos acadar de existir algo así nas nosas vidas.

Aproveitouse para experimentar, aínda que só fose un pouco, coa literatura, escapando da linealidade e da reutilización das formas, amosando relatos que van dende o realismo ata o misterio ou case a fantasía, utilizando dende primeiras persoas ata formatos de entrevista ou capítulos construídos en base a diálogos. Tamén, abandonando por momentos o relato, chamémolo de mostra do que se conseguiría, ou evitaría, cunha renda básica, chegouse a amosar algo dese mundo no que os cidadáns conseguiron establecela, unha pequena visión dos feitos que levaron a acadala e do proceso concreto que levou a ese mundo ficticio ata ela.

Non cabe dúbida de que unha renda básica, que no fondo non é outra cousa ca garantir o dereito a vivir, e poder facelo con dignidade, non resolvería moitos dos problemas e opresións coas que convivimos ou das que somos partícipes a diario. É só un pequeno paso en prol dunha sociedade máis xusta para todo o mundo, un pequeno paso que se cadra, a cada día que pasa, vaise facendo máis necesario.

Sen máis, agardo que isto servise para provocar algunha reflexión, para remover aínda que só fose a conciencia dunha persoa, e que, dalgún modo, puidese facer deste mundo un lugar un pouco mellor. Se non foi así, agardo que polo menos tiverades desfrutado coa lectura destes textos.

A Coruña, agosto 2021. 

O autor

Álex Pernas

Álex Pernas

A Coruña, 1986. Enxeñeiro de software, músico, poeta e activista polos dereitos dos animais. Autor da novela Xarfas.