Ritos e matrias

27/07/2018
Héctor Tejón Sáez
Héctor Tejón Sáez

É licenciado e doutorando en Socioloxía pola Universidade da Coruña. Desenvolveu gran parte da súa carreira profesional coma investigador social…

Ver perfil

“…unha nación é unha comunidade construída socialmente, é decir, imaxinada polas persoas que se perciben a si mesmas coma parte dese grupo” 

Benedict Anderson

Unha máxima da politoloxía di que non existe política sen ritual, sen ter porque quedar esta relegada exclusivamente a este campo. O ritual xorde como forma de comunicación. Expresión simbólica daquilo ao que os participantes conceden un significado especial; sexa coma mostra de solidariedade, integración, forma de construír significado dos actos dun grupo ou comunidade ou algo tan atávico e funcional coma destruír a imaxe pública do inimigo (neste punto, cabe mencionar a forma de estigmatizar ó diferente ou estraño. Coma queda a diario reflectido na elaboración da maximízaa dos refuxiados e migran tes de procedencias racial izadas).

O día 25 de xullo é o chamado día da patria ou de Galiza. Un día onde o ritualismo endominga as rúas da capital do país; manifestacións, mitins festivos, paparotas, fin de festa lúdico e folclórico. Moitos dos seus compoñentes simbólicos están presentes e dispersos todo o ano. Mais o dia da patria cohesionan nun lugar (maioritariamente a capital do país) e integran nun festexo (exaltación dun feito diferencial) o que a diario semella oprimido e, no caso do independentismo galego, perseguido e estigmatizado. Non se pode escapar que o citado día ten un elevado contido político. Non so pola manifestación popular dese feito diferencial do “ser galego”, se non por esa especie de leirismo político onde cada partido aproveita o dia para mostrar seu músculo particular así coma seu xeito de entender e querer a Galiza.

Todos os anos os mesmos ritos, nas mesmas rúas, no mesmo lugar. Todos os anos as mesmas discusións simbólicas sobre a manifestación unitaria, autodeterminación, soberanía e un longo etcétera pola loita de probar quen é “o mais galego”. E nos últimos tempos agroma unha especie de oportunismo metafórico. Non so daqueles que falan de nacionalismo excluínte (que os hai, coma o español) se non desa nova ficción política que é o concepto “matria”. Sen dúbida, é fundamental soterrar o patriarcado, descabezar o falocentrismo que oprime, doma e castiga polo mero feito de ser muller ou un outro home. Ninguén o debería poñer en dúbida. Pero a día de hoxe, matria non significa nada. Nada que non sexan asasinatos do corpo muller.

Nada que non sexa unha división sexual do traballo desvalorizada e sobrecargada no ámbito domestico, precarizada no ámbito publico. Matria, curiosamente, so é algo cando a muller cunha posición de clase privilexiada (sobre todo no eido político) ocupa un lugar masculinizado ou sigue desenvolvendo a mesma metodoloxía política pero cun xénero diferente.

Envolverse na bandeira da matria é estar espida. Ou oca. Pois coma bo significante baleiro, non existe realidade plausíbel que o sustente. Ten que encherse para que non calquera poida empregalo no seu uso e beneficio de parte aproveitando o momento actual de suceso feminista. A matria é unha ficción que axuda a camiñar. Sempre e cando se constrúa en praxes e lugares alén do competitivo, binario e oportunista político. Do mesmo xeito, as arelas soberanas dun destino de mudanza compartido non poden ser sinaladas coma excluíntes pola caterva española na Galiza e o magma españolista no estado, quen as oprimen e criminalizan.

E pode que este sexa o testamento dun país da zona do non-ser. Unha matria oportunista e inexistente e unha soberanía imaxinada nunca efectuada. Ou pode que non. Nas nosas mans está, alén de baleiras abstraccións…

A Coruña, 27 de xullo