Sete anos de gobernos negándonos a verdade
Plataforma Víctimas del Tren Alvia
Transcorreron máis dous mil cincocentos días, houbo catro gobernos e catro ministros de Fomento distintos e aínda non hai unha investigación técnica independente como reclama a UE. Nin tan sequera no xulgado, xa que a Xunta de Galiza impuxo, no seu día, a dous dos tres peritos xudiciais sen experiencia na materia.
Di moi pouco das nosas institucións e dos nosos gobernantes que aínda non se cumprise coa obrigación de pór en marcha esa investigación, tal e como solicitou a UE en varias ocasións. Non o fixeron nin os gobernos do PP, nin do PSOE, nin o deste último en coalición con Unidas Podemos pese ao apoio mostrado inicialmente e o posterior silencio -xa no goberno- do vicepresidente Pablo Iglesias.
Nun informe de 2016, a UE concluíu que o goberno non cumpriu coa obrigación de investigar a traxedia (Directiva de Seguridade 2004/49/CE), pondo de manifesto a falta de independencia e a invalidez da investigación realizada pola Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios (CIAF) ao non analizar cáusalas raíz, precisamente as que afectan a Fomento, Renfe e Adif.
As vítimas e a cidadanía merecemos saber toda a verdade. Non investigar correctamente impide tomar as medidas adecuadas para evitar que feitos tan terribles poidan volver repetirse, un dos principais obxectivos sinalados pola normativa.
Respecto das responsabilidades penais, o xuíz, co apoio do fiscal, mantén imputando ao ex-director de Seguridade do ADIF, o Sr. Cortabitarte, e ao maquinista, o Sr. Garzón, por 80 delitos de homicidio por imprudencia grave profesional. Pensamos que ademais existe responsabilidade penal por parte de Renfe, xa que tiña constancia por escrito dun aviso dun xefe de maquinistas sobre o perigo da curva e non actuou en consecuencia, tal e como obriga a Directiva 2004/49/CE.
Respecto das responsabilidades políticas, a comisión parlamentaria pechouse en falso, sen conclusións e non permitíndonos comparecer en último lugar. Esperamos que se retomen os traballos, pero antes é imprescindible que se faga a Investigación Técnica Independente, xa que moitos deputados na comisión parlamentaria replicaban e argumentaban en base a unha investigación técnica que Europa invalidou Ademais, débense de ter en conta novas informacións relevantes:
- Un mecánico denuncia que directivos de Talgo obrigárono a borrar as avarías do Alvia de Angrois inmediatamente despois da traxedia.
- Adif gastou 14.900 euros en asesorar aos seus comparecentes, o que explica que non desen resposta a preguntas sinxelas. Tratou Adif de manipular a Comisión? Algo que sería grave.
- Os procedementos de infracción que a UE mantén abertos a España por incumprimento da normativa europea de seguridade ferroviaria.
É imprescindible que se depuren todas e cada unha das responsabilidades e que se esclareza toda a verdade e se realice a investigación técnica independente, e se incorporese esta ao proceso xudicial.
Ao longo destes anos vítimas, familias e amigos tivemos que ir a Europa para ser tratados como verdadeiros cidadáns e loitamos moito para desmontar a verdade oficial.
Primeiro foi o PP con Rajoy á fronte e os seus ministros: Ana Pastor, Íñigo da Serna, Rafael Catalá, daquela o PSOE de Sánchez e o seu ministro Ábalos, e por último o vicepresidente Pablo Iglesias o que se sumou ao ninguneo que vimos recibindo dos nosos gobernantes e institucións.
EN MEMORIA DOS QUE DEIXARON A súa VIDA: VERDADE E XUSTIZA
Frankenstein 04155
Un ano despois, Blanco (PSOE) e Pastor (PP) seguen zafando
“Espero que se sinalen os culpábeis e que morran da vergoña”
“80 mortos, 4 anos de cadea: unha pena leve, non?”
Outras opinións
‘Let it Be’ e as ‘Nagra Tapes’
A vida extínguese sen fogos de artificio
Lupe Ces: Licuar o sexo/Liquar o sexo
Unha multitude dentro de Dylan
Outras opinións
A vida extínguese sen fogos de artificio
Lupe Ces: Licuar o sexo/Liquar o sexo
Unha multitude dentro de Dylan
Algúns erros de esquerda que axudaron Ayuso