"Son as esquerdas soberanistas as que manteñen as posicións máis transformadoras"

ENTREVISTA | Alexandra Fernández, nº 3 da lista do BNG por Pontevedra.

Compartilhar no facebook
Facebook
Compartilhar no twitter
Twitter
Compartilhar no google
Google+
Compartilhar no whatsapp
WhatsApp
Compartilhar no telegram
Telegram
Compartilhar no email
Email
Compartilhar no facebook
Compartilhar no twitter
Compartilhar no google
Compartilhar no whatsapp
Compartilhar no telegram
Compartilhar no email

Coletivo Amanhecer | Ourense, 3 de xuño. “Falarei como persoa que participou nun proceso de construción do espazo que foi En Marea e viu as limitacións que alí había para defender posicións soberanistas. E falo como independente. Non me pida lecturas da organización, como BNG, porque non fago parte dela”, advirte Alexandra Fernández, a través do teléfono, á hora do café, antes de retomar a campaña. As enquisas concédenlle un escano por Pontevedra dentro da lista que encabeza Luís Bará.

Como está a nación, o nacionalismo… tamén está afectada por Feixoo ou quedará a salvo de novo pase o que pase o domingo?

Hai un ciclo que comezou coa crise de 2008 e que remata agora, un ciclo económico que tivo unha resposta desde a política producindo un ciclo político. Esa crise interpelou a moitas, e saímos á rúa defender cousas que teñen a ver coa soberanía: a soberanía do Estado fronte a troika despois da modificación do artigo 135 da Constitución española, e a soberanía da Galiza dentro do Estado reclamando o dereito a decidir e a plurinacionalidade. Eses foron os elementos sobre os que se teceu aquela alianza entre forzas soberanistas e forzas de esquerda estatal para a recuperación da soberanía do Estado diante de Europa e das nacións diante do Estado. É evidente que aquel espazo, refírome a En Marea, experimentou grandes transformacións e moitas empezamos a ver ás limitacións que había para desenvolver estas reclamacións fundamentais. Apláudese a Nadia Calviño, que pertence á estrutura política da troika, para que marque as regras de xogo. Ou estamos vendo como a esquerda española renuncia recoñecer a plurinacionalidade do Estado e asume o marco estatal das Autonomías. É dicir, a esquerda española renunciou a aqueles principios.

E como afectou iso ao nacionalismo?

Neste momento é preciso dar unha resposta política desde o país á crise que se está a producir. Agora estamos nun proceso de suma. Estamos xente que sempre mantivo a posición de non realizar alianzas coa esquerda estatal, o BNG; xente que pasamos por esa experiencia que veño de describir e que non estamos dispostas a renunciar ao principio de soberanía; e por último está esa xeración moza, que non tiña participado na política, pero se topa cun escenario político moito máis clarificado para dar resposta a esta crise e observa que para cambiar de verdade as cousas hai que acreditar na esquerda soberanista. Ficou claro en todo o Estado español que son as esquerdas soberanistas as que manteñen as posicións máis transformadoras, e máis de esquerdas.

Ve a nación, o sentimento nacional, máis vivo ou menos que antes dese ciclo que establece?

Principalmente moitas das que participamos ou apoiaron o proceso de En Marea, temos moi claro que a soberanía é un principio irrenunciábel e chegou o momento de sumar ao redor do soberanismo. Despois está esa xente moza que ve como quen defende a derrogación da reforma laboral é a esquerda soberanista, quen defende ás traballadoras no concreto é tamén esa esquerda soberanista, quen está pensando un proxecto que dea oportunidades a esta xeración é a esquerda soberanista… O BNG é a forza preferida entre o electorado máis mozo, e penso que isto responde ao que acabo de apuntar.

No programa electoral, o BNG fala de autogoberno, mais non de independencia. Onde se sitúa vostede nesta cuestión?

Eu son soberanista. A soberanía é algo que hai que ir construíndo, e é un proceso que hai que abordar. Outra cousa son as fases concretas, e as conquistas concretas a respecto da relación do Estado. Entendo que nos iría moito mellor tendo un Estado propio, polo tanto, declárome independentista. Dito isto, nestas eleccións o que se discute é outra cousa. Estamos nun momento de ir conseguindo poder político para abordar ese proceso, no que haberá que ter en conta tamén a construción da república nun contexto, o do Estado, no que a creba do Réxime do 78 é evidente.

Este Parlamento colonial é unha ferramenta útil na construción desa nación, ou é apenas o espazo que o Estado lles concede ás forzas nacionalistas institucionalizadas?

Responder a isto é un pouco como fretar a bola do futuro. O que podo dicir é que as limitacións están claras. O Estado das Autonomías concíbese como xestor do estado do benestar. Pero as comunidades teñen pouca capacidade para intervir en cuestións centrais como o modelo económico, a fiscalidade ou as grandes infraestruturas, que son os tres elementos que definen unha xeopolítica de Estado. Na medida en que non temos soberanía para decidir sobre estas cuestións, resulta moi difícil tratar de xogar un rol diferente do que nos concede o Estado. Por certo, neste momento o Estado aposta por unha gran metrópole no centro, Madrid, con certos contrapesos no Mediterráneo e en Euskadi… e nada máis. O resto está abocado a ser unha periferia de servizos.

@BNG

Para que debe servir o Parlamento?

O marco que deixa Feixoo é terríbel: cero competencias asumidas. Hai que traballar nesta liña: conseguir máis competencias. Hai que ir construíndo en base esas competencias un tecido económico galego moito máis independente e con capacidade para decidir liñas estratéxicas. É fundamental que poidamos decidir tamén que papel vai xogar Galiza dentro do contexto europeo. Aí, nos temos que facer unha aposta clara pola relación con Portugal, porque o Estado español négalle a Galiza a súa potencialidade no eixo atlántico… Temos una fronteira moi marcada por esa visión de que Galiza ten que mirar cara Madrid e non pode mirar cara o Sur. Apostar por ese eixo significa ademais afastarnos dese imaxinario xeopolítico do Estado.

A que lle fixo máis dano Feixoo nestes once anos, á cultura ou á paisaxe?

Non fago distinción entre paisaxe e cultura, creo que todo fai parte dun patrimonio que resulta dunhas formas de ocupación do territorio e de utilización dos recursos. A paisaxe tamén é patrimonio. O gran problema está na transformación do valor de uso do patrimonio todo en valor de cambio. É certo que parece máis perceptíbel esa transformación na relación que o capital ten co territorio. Digamos que o territorio pode ser utilizado, mentres que outros aspectos da cultura ao capital directamente lle sobran. Estamos diante dun proceso de desapropiación dun pobo, o galego, da súa capacidade de producir cultura, espazo, de construír a súa propia comunidade.

O accidente de Angrois, as vítimas, son unha materia pendente da democracia galega?

A comisión parlamentaria no Congreso quedou interrompida pola convocatoria das eleccións estatais de abril do ano pasado. Non houbo conclusións. Pero despois das diferentes declaracións, quedou claro que é necesario volver abrir a comisión técnica. A Unión Europea tamén está esixindo que se abra esa comisión. Hai un proceso xudicial en marcha que vai sinalando novas responsabilidades. E neste momento non hai resposta ningunha por parte do goberno español. Hai que abrir esa comisión, e esa comisión tena que abrir o Estado. Pero o asunto non forma parte da axenda política do Estado. Se ese accidente fose en Madrid, hoxe habería comisión e investigación. E, por outra banda, nin PSOE nin Podemos están facendo nada por reactivar esa comisión.

Que lección tirou da crise da covid19?

Aprendín a valorar cuestións que son prioritarias para a vida e que perdemos de vista en medio da vertixe que impón o modelo capitalista. O confinamento colocounos a todos diante das persoas que temos ao redor, da necesidade de ter capacidade de sentir a súa dor, de sentir amor polos que queres, a solidariedade… No plano político, a crise evidenciou a importancia do público e o valor dos coidados. A política de coidados ten que deixar de ser secundaria.

Cal foi o mellor consello que lle deron para esta campaña, e quen llo deu?

Os consellos valen para circunstancias concretas, pero os principios e valores valen para todas as decisións políticas… Penso que para estar en política o que hai que ter son principios e valores. Hai que manter a honestidade, a coherencia, e saber a quen te debes. Tes un contrato coa xente que te vota para facer determinadas cousas, e iso ten que ser sempre o que vaia por diante.

Se lle tivera que poñer un titular a esta campaña, cal sería?

É a campaña da mobilización da esperanza. Hai unha campaña por parte do PP que pretende dar a entender que o 12 de xullo vai seguir todo igual. Debemos concienciarnos todas de que cada voto importa e acreditar nos nosos valores. As eleccións son cousa de todos, e importa o que digamos todas. Resumindo: a esperanza fronte á desmobilización.

A entrevistada

Alexandra Fernández

Alexandra Fernández

Vigo, 1988. É arquitecta e política. Foi deputada en Cortes entre 2016 e 2019 formando parte de En Marea como parte de Anova. Desligouse desa formación en marzo do ano pasado e menos dun ano despois aceptou o convite do Bloque para participar das súas listas como independente. Preséntase como número tres da candidatura do BNG por Pontevedra ás eleccións ao Parlamento galego do próximo 12 de xullo.

Políticas/os

O Entrevistado.

Nome Apelido Apelido

Nome Apelido Apelido

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Vestibulum ultrices viverra velit, vel congue nisl consectetur in. Nullam nec ullamcorper nisl, vitae sollicitudin nulla. Nunc fermentum odio lorem, vel vulputate nulla mollis sed.

Sed vitae feugiat neque. Integer sed vestibulum turpis. Duis molestie elit ut lorem tempus, id porttitor est efficitur. Vivamus ornare porta magna, nec consequat velit. Curabitur vehicula tempus semper. Proin facilisis lectus risus, a mollis tortor convallis sit amet. Suspendisse potenti. Etiam ac ex vel odio maximus pellentesque ac vitae dolor.

Donec imperdiet, purus non fermentum pharetra, leo mi posuere sapien, vitae pulvinar nunc mi ut enim. Vivamus maximus leo a nulla semper venenatis. Pellentesque viverra, eros non consequat tincidunt, metus magna aliquam leo, mollis porttitor turpis nibh ac ante. Mauris viverra arcu vitae dolor ultrices maximus.

Políticas/os

Deixe um comentário

Deixe um comentário