Un método sen obxecto

Vista da Jaro na Audiencia Nacional: día 5

Compartilhar no facebook
Facebook
Compartilhar no twitter
Twitter
Compartilhar no google
Google+
Compartilhar no whatsapp
WhatsApp
Compartilhar no telegram
Telegram
Compartilhar no email
Email
Compartilhar no facebook
Compartilhar no twitter
Compartilhar no google
Compartilhar no whatsapp
Compartilhar no telegram
Compartilhar no email

Coletivo Amanhecer | A Coruña | 3 de novembro. Retírese!”. Alfonso Guevara, o controvertido presidente do tribunal que ditará sentenza a respecto das acusacións da Fiscalía contra doce independentistas galegos por enaltecemento do terrorismo e organización criminal, interrompeu a Uxío Caamaño. O ex preso político e militante de Ceivar acababa de traer á sala un escuro recordo. A reacción do maxistrado foi automática. As orixes do Estado están inevitabelmente unidas os seus tribunais, que defenderon a fe antes que a razón de Estado.

O xuízo da Jaro ficou listo para sentenza despois de que as defensas dos activistas de Ceivar e da organización política Causa Galiza contestaran as acusacións que sostén o Fiscal na mesma liña que dez días antes o fixera a representación legal dos militantes desta organización: non hai elementos suficientes para atribuír a estas persoas acción ningunha de enaltecemento do terrorismo nin sequera que se teñan coordinado para asociarse na comisión dun delito de enaltecemento. Polo tanto, as defensas piden a absolución.

O que faltan nesta causa son os feitos. Non aparecen as evidencias de delito. As autorías son difusas. Mesmo as testemuñas tropezaron sinalando algúns momentos e lugares. Nin a reconstrución constante da normativa por parte do aparato lexislador e xudicial, que parece pecar de certa vocación inquisitorial –como continua aínda que prudentemente, lle recriminaron os letrados galegos (e de maneira aberta Uxío Caamaño)–, dá para topar terroristas cos que encher as primeiras dos diarios e xa case nin apólogos do terrorismo que, por riba, locen moito menos. Pero a Administración de medo insiste, e hoxe, que xa non hai bombas, o delito que se persegue é algo así como a predisposición a colocar unha bomba. A policía goza tanto con eses filmes de ciencia ficción nos que se adiantan o delito entrando na cabeza do futuro delincuente que parece estar a piques de perder pé coa realidade. Non é unha brincadeira. Esa alucinación apareceu durante este xuízo. Fíxose presente…

O avogado dos activistas de Ceivar, Brais González, lembrou que o investigador principal, durante a súa declaración na sala, asegurou que o colectivo anti-represivo presta asistencia non só a presos políticos, tamén a persoas que enfrontan unha sanción administrativa, como (calquera) “mozo independentista radical que non pon unha bomba porque non ten medios, pero si que fai unha pintada no escaparate dun banco”. O letrado advertiu ao tribunal que esa lóxica perversa do continuo “no que pintada máis financiamento é igual a bomba” é inaceptábel nun estado democrático de dereito e revela, ademais, que os investigadores da Garda Civil, eles si, no seu rol dentro dunha Administración de medo, que mantén a ilusión de erradicar o delito sen tocar as causas que o provocan, están “introducindo un grao de inclinación á condena” no proceso.

Esa lóxica determina que o procedemento todo se faga a partir do que as defensas denominaron “modelo teoría do entorno”. As eivas do procedemento foron sinaladas polas defensas moito antes de que se tomase declaración aos investigados ou que estes sentasen diante do tribunal como acusados. As defensas veñen falando desde o 2015 (operación Jaro) e o 2017 (Jaro II) de xuízos políticos, que finalmente foron unidos nun so nun intento de crear unha “macro-causa”. Durante a vista oral, as defensas volveron lembrar que a Audiencia Nacional é un tribunal herdeiro do TOP que se especializou na loita contra o terrorismo (primeiro, o de ETA e outros; despois, tamén, o terrorismo internacional) e que fai parte dun aparato xudicial e policial en decadencia, sen obxecto, desde o momento en que as accións armadas desaparecen e se suceden os anuncios de abandonos ou desarticulacións. Así que a Audiencia, a falta de bombas, coa súa estrutura administrativa e policial enteira, empeza a perseguir apoloxías e enaltecementos e aplicar o método que durante décadas aplicou no Norte, porque non teñen outro e porque sen inimigo e sen ese método toda a estrutura perdería sentido. Así que o método serve desde hai anos para construír o obxecto.

E periodicamente consegue revivir o obxecto en Euskadi, con formas cada vez máis groseiras. Mais na Galiza non chega. Na Galiza non hai terrorismo. Non hai terrorismo, repetiu hai un par de semanas Manuel Chao, o avogado dos nove encausados que esta mañá non tiveron que volver a Madrid para sentar diante do xuíz Guevara. Non hai terrorismo, repite Brais González, defensor de Uxío, Iria e Afonso. Non hai terrorismo, repite Guillermo Presa, que defende Causa Galiza dunha nova ilegalización.

Mais dino diante do xuíz Guevara, precisamente o xuíz que creou o obxecto Resistencia Galega no 2013. Pero son valentes e non renuncian aos seus principios, quizá porque pensan que só unha defensa sen tacha duns principios radicalmente democráticos poderá ser quen de cambiar o signo da sentenza.

“No mundo xurídico galego hai debate sobre o pronunciamento da Audiencia Nacional no 2013, e nós discrepamos daquela sentencia”, dixo González ao xuíz. E foi máis alá: “aquí están tres persoas [en referencia aos seus defendidos] que participan dunha organización que nega a competencia da Audiencia Nacional para tratar os procesos de terrorismo pola súa propia configuración como herdeira directa do TOP, e que piden á mesma sala que pronuncie unha sentencia absolutoria. Así é como se debe exercer a liberdade de expresión. A liberdade de expresión non é para a loa nin para a xustificación, é para a contradición, a disidencia. Este proceso pon en xogo as liberdades de expresión e de participación, e deben vencer estas liberdades en favor do estado de dereito”.

En certa forma, visto desde unha óptica distinta da xurídica, os independentistas pídenlle a un tribunal que non recoñecen que actúe segundo uns valores universais que eles non aprecian no tribunal. Pídenlle que se absolva a si mesmo… Iso é política e esa linguaxe non é allea o tribunal. Por iso cando Caamaño deixa caer a palabra inquisidor non está a desprezar o Fiscal nin sequera o tribunal, está mostrando a cara máis escura do Estado. Por iso inquisidor foi a última palabra que puideron pronunciar as defensas.

A defensa final de Guillermo Presa tamén apelou á conciencia política do tribunal. Non apliquen o dereito do inimigo, non poñan policías tirar conclusións de textos políticos, ou non atendan esas conclusións, non emitan unha resposta desproporcionada diante duns feitos que son o único terreo común que pisamos e no que podemos encontrarnos: o dos dereitos fundamentais. Mais para non deixar fenda ningunha, a defensa de Presa tamén puxo sobre a mesa cuestións técnicas, de dereito procesual, subliñou as eivas no procedemento, a falta de garantías no dereito á defensa e a confusión na atribución de tipos delictivos. E rematou pedindo a Guevara que non consentise “a morte civil” dunha organización legal, que realiza actividades públicas, convocadas e comunicadas á autoridade desde o ano 2007.

Do mesmo xeito concluíu Brais González, sinalando que os recibimentos polos que se acusa aos seus defendidos non poden ser consideramos por si mesmos un feito delictivo, porque eran actos legais, comunicados, consentidos pola autoridade, que tiveron vixilancia policial, nunca foron suspendidos e nunca interveu a policía, e non hai proba ningunha sobre expresión enaltecedora ningunha, nin sequera nos documentos ocupados, que nin son da autoría dos acusados nin eran documentos públicos”.

As defensas non se atreven a avanzar un prazo para que se coñeza a sentenza.

xuizo na Audiencia Nacional

Deixe um comentário

Deixe um comentário