Vitoria independentista na AN

Sentenza absolutoria para as doce investigadas e Causa Galiza e Ceivar no xuízo da operación Jaro.

Compartilhar no facebook
Facebook
Compartilhar no twitter
Twitter
Compartilhar no google
Google+
Compartilhar no whatsapp
WhatsApp
Compartilhar no telegram
Telegram
Compartilhar no email
Email
Compartilhar no facebook
Compartilhar no twitter
Compartilhar no google
Compartilhar no whatsapp
Compartilhar no telegram
Compartilhar no email

Redacción adiante | Ourense | 22 de decembro.  O aparato policial e xudicial do Estado español construíu durante anos unha acusación para sentar o independentismo galego na Audiencia Nacional. Mais a acusación non se sostivo. Outras antes, tampouco se sostiñan, mais o contexto político e social mudou.

Parte da sentenza absolutoria no procedemento contra 12 independentistas e as organizacións Ceivar e Causa Galiza débese o fracaso dese aparato policial e xudicial como arma contra os independentismos neste novo contexto.

Outra parte está na estratexia das defensas.

O éxito das defensas foi expoñer a cuestión como un ataque aos dereitos e liberdades políticas no marco constitucional, o campo de xogo de democracia española da segunda restauración.

O marco de dereitos civís é o suficientemente amplo en ausencia de resposta violenta desde os independentismos á continuada represión policial e xudicial, e nun contexto no que a democracia española suma descrédito internacional (presos políticos, avance de discursos e prácticas neofascistas, fuga do rei…), como para que a maxistrada ponente explicite: “la orientación política de Causa Galiza es merecedora de protección constitucional (y) En igual sentido la asociación Ceivar” (páxina 47 da sentenza).

Supón isto un carpezato á represión política do independentismo galego?

“Non. Pode ser un intermedio, un respiro puntual… mais a represión vai acompañar a todos os procesos nacionais para conseguir a independencia a respecto do Reino de España”, di Joam Peres, un dos militantes de Causa Galiza que pasou anos baixo ameaza de cadea pola operación Jaro.

“Facemos unha lectura positiva da sentenza, pero non podemos considerar que se fixese xustiza, porque despois de cinco anos de desgaste organizativo e persoal, despois da criminalización do movemento e dos asaltos a domicilios por parte da Guardia Civil, despois de que na televisión pública galega e por parte da Delegación do Goberno se vulnerase a nosa presunción de inocencia, despois diso… isto non se pode chamar xustiza, senón o recoñecemento por parte dun tribunal de excepción de que todo o proceso iniciado no 2015 foi unha montaxe”, resume Peres.

A maxistrada García Quesada escrebe: “No puede entenderse, a la vista de la prueba practicada en el plenario, que fuera la finalidad de tales asociaciones la de llevar a cabo actos de enaltecimiento con relevancia criminal ni que los actos de homenaje realizados auspiciados o participados por tales grupos pudieran revestir la relevancia criminal que el Ministerio fiscal pretende en su tesis acusatoria.” (páxina 44).

“Estamos moi contentas, os compañeiros encausados, tamén o están, loxicamente. Para nós é un alivio. Volveremos retomar o traballo en marcha, o Processo Trevinca, a normalidade”, di Cris Rodrigues, unha das portavoces de Causa Galiza que hai unhas semanas, nunha entrevista, advertía: “Pensamos que a aberración é tan grande que era difícil mirar para outro lado e a sociedade galega, a través de representantes políticos, sindicais, xente da cultura e intelectuais, reaccionou.”

Este martes, despois de coñecer a sentenza, agradecía toda esa campaña de solidariedade ao redor da operación Jaro. “Este é un triunfo da solidariedade, de todas esas persoas e colectivos que levan meses apoiando ás organizacións e ás militantes contra a inxustiza”. Rodrigues lembra agoara “as compañeiras que seguen presas” e tamén ás militantes represaliadas noutros procesos: “hoxe é día de mandarlles ánimo tamén ás persoas que están encausadas por Meirás, ás 19 de Meirás, ás que o están no caso Bateragune e ás presas e presos do procés”.

Pese al relato presentado por el Ministerio fiscal en sustento de su pretensión condenatoria, es lo cierto que las organizaciones cuya disolución se pretende, por ser su finalidad presuntamente la del enaltecimiento de organización terrorista y de sus miembros, no tenían tal finalidad como objetivo social, sino los que figuran definidos en sus respectivos estatutos y a los que nos hemos referido en el relato fáctico“, indica a sentenza na páxina 42.

Estes fins son, segundo sinala a Audiencia Nacional: “En el caso de Causa Galiza (…) la promoción de la cultura y la lengua gallega y la afirmación de Galicia en todos los ámbitos sociales y culturales, y la decidida voluntad de actuar en el escenario político como una fuerza nacionalista y socialista gallega, tal y como rezan los textos constituyentes de la entidad, y en el caso de Ceivar la finalidad de apoyo a los presos independentistas durante su estancia en prisión en distintas facetas de la situación carcelaria, así como el apoyo a sus familias, la reivindicación de acercamiento y de mejora de sus condiciones y los recibimientos de que eran objeto cuando por un motivo u otro alcanzaban la libertad.”

Probabelmente este parágrafo non se reproduza nos medios que prescribiron sentenza condenatoria o mesmo día que empezaba a vista oral o pasado 19 de outubro e publicaron a imaxe que buscaba o aparato policial e xudicial: independentistas, outra vez, no banco diante dun xuíz da Audiencia Nacional.

La promoción de la cultura y la lengua gallega y la afirmación de Galicia en todos los ámbitos sociales y culturales“, en calquera caso, segue baixo sospeita…

“Nós, polo que traballamos é pola independencia da Galiza do Reino de España”, anota Joam Peres.

Os letrados, prudentes

Para o letrado Manuel Chao, defensor dos nove militantes de Causa Galiza acusados pola Fiscalía: “Fíxose xustiza con esta sentenza. Non había sequera proba indiciaria, nada que acreditase a existencia dunha organización criminal para facer enaltecemento do terrorismo. Garántese minimamente o dereito á participación política, á liberdade ideolóxica e á liberdade de expresión. A sentenza dá acollida a nosa tese de que nestes dereitos hai que encadrar a actividade dos nosos representados”.

Chao evita, polo momento, facer unha valoración política sobre o que a sentenza de hoxe supón para ese relato que a xustiza española asentou sobre a existencia de terrorismo na Galiza. “Acabamos de recibir a sentenza e é moi pronto para que poidamos entender o alcance que podería ter. Pero o que si podo interpreta é que a sentenza garante eses tres dereitos fundamentais aos que me referín antes. Agora mesmo non podo interpretar se isto terá un significado máis amplo do que estritamente se xulgou”.

Para o avogado, a maior satisfacción na primeira lectura da sentenza é “a fundamentación xurídica, porque recolle basicamente o que sostivemos nas conclusións da vista, e nas que procuramos ampararnos na Constitución e no Convenio Europeo de Dereitos Humanos”.

Con parecida prudencia exprésase Guillermo Presa, letrado vigués defensor da organización Causa Galiza sobre a que recaía unha petición de ilegalización. “Apenas puiden lela. Estou moi satisfeito. A sentenza confirma as teses da defensa e a denuncia que fixemos sobre a estratexia policial de incriminación do independentismo galego. Tamén quedan en evidencia os informes de intelixencia que utilizou a acusación”.

O avogado subliña ademais as valoracións que introduce a ponente en referencia á lexitimidade do independentismo como opción política. Para Presa, tamén é pronto para saber se a sentenza suporá un punto de inflexión na estratexia de represión desde o aparato xurídico-policial. “É difícil falar diso neste momento, o que vexo é que neste caso concreto tivemos a fortuna de que acontecese algo que debía ser normal: que os xuíces fagan o seu traballo como xuíces. Desde o punto de vista xurídico, a argumentación paréceme correctísima e vai desbotando unha a unha as teses da Fiscalía”.

Ademais dos dereitos civís dos activistas e militantes e das organización, a sentenza deixa claro que nin Causa Galiza nin Ceivar teñen relación ningunha “personal o institucional, con el grupo denominado Resistencia Galega“, e que tampouco se acreditou “que entre los fines” das asociacións estivese “enaltecer o justificar las acciones llevadas a cabo” por Resistencia Galega.

A sentenza conclúe tamén que “…en los años en los que se sitúa la actuación que se califica como constitutiva de delito por parte de las asociaciones citadas y sus miembros, los años 2014 y 2015, no existía una actividad terrorista entendida como actuación violenta, con daños para personas o bienes, lo que impide que pueda entenderse concurrente la situación de riesgo real o potencial, de causación de daños, derivado del discurso de ambas asociaciones, máxime cuando no consta en el escrito de acusación que se imputara a las asociaciones o a las personas integrantes de las mismas un llamamiento al uso de la violencia, a la realización de actos terroristas que crearan esa real o potencial situación de riesgo.

Deixe um comentário

Deixe um comentário