Zona franca non rexistrable

Ana Varela

Compartilhar no facebook
Facebook
Compartilhar no twitter
Twitter
Compartilhar no google
Google+
Compartilhar no whatsapp
WhatsApp
Compartilhar no telegram
Telegram
Compartilhar no email
Email
Compartilhar no facebook
Compartilhar no twitter
Compartilhar no google
Compartilhar no whatsapp
Compartilhar no telegram
Compartilhar no email

Un venres, o 25 de agosto de 2017, publicábase no DOG a Resolución da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se sometía a información pública a actualización do proxecto de explotación, plan de restauración e estudo de impacto ambiental da concesión de explotación San Rafael número 2946, sita nos concellos de Touro e O Pino (A Coruña), promovido pola sociedade Cobre San Rafael, S.L.

O 28 de xaneiro de 2020 a Xunta rexeitou o proxecto pola falla de sostibilidade ambiental e por supor un risco para a calidade das augas e o sistema fluvial Ulla–Deza, zona de especial conservación. Era evidente que neste caso existían uns intereses máis dignos de protección que os dereitos mineiros.

A prevalencia dos valores ambientais dos ecosistemas fluviais e alta capacidade agrogandeira da zona afectada era indiscutible. En breve (e xa o fai con un atraso de polo menos 12 meses), a Dirección Xeral de Minas ditará a resolución que poña fin ao procedemento da solicitude de concesión mineira de A Lei 3/2008, de 23 de maio, de ordenación da minería de Galicia.

Nesta resolución terá que incorporar os condicionamentos necesarios para dar cumprimento aos informes preceptivos que terá que solicitar, para garantir a restauración ambiental de todos os procesos contaminantes, que sofre desde hai anos a área afectada polo dereito mineiro número 2946. Tal e como indica o artigo 26 da Lei 3/2008, de 23 de maio, de ordenación da minería de Galicia, prevese que a resolución denegará o dereito mineiro solicitado en base cando menos á inadecuación á normativa sectorial, de carácter ambiental, agraria ou outra, debidamente acreditada no expediente.

A Xunta de Galicia pode declarar, por razón de interese público, como non rexistrables zonas do territorio de Galicia, de oficio ou a instancia de parte interesada.

Pero o máis importante é que a resolución denegatoria implicará a cancelación da inscrición correspondente no Rexistro mineiro de Galicia sobre o dereito para o outorgamento de autorizacións, permisos e concesións mineiras ás que se refire a lei de minas de Galicia.

Mais esta cancelación do dereito mineiro no Rexistro mineiro de Galicia non significa que non poida saír a concurso mineiro de novo. A veciñanza de Touro terá que insistir para que a área afectada polos dereitos mineiros de Cobre San Rafael sexa declarada zona franca (libre de dereitos mineiros) e non rexistrable, para evitar no futuro un concurso mineiro e outro pesadelo similar á longa noite de pedra que viviron desde o 25 de agosto de 2017 até o de agora. A Xunta de Galicia pode declarar, por razón de interese público, como non rexistrables zonas do territorio de Galicia, de oficio ou a instancia de parte interesada. A veciñanza de Touro e O Pino ten que continuar a loita para conseguir isto último.

Mentres que non o consigan, ningunha veciña e ningún veciño poderán durmir tranquilos..

Silleda | 3 de febreiro.

Imaxe do cabeceiro, da páxina en Facebook do colectivo Cornado Mina NON. E imaxe da autora, tirada do documental San Finx 1960 de Irene Pin.​

A autora

Ana Varela

Ana Varela

Nacín en Corcoesto en febreiro de 1975. Licencieime en Dereito pola USC e en Ciencias políticas pola Uned. Traballo nunha empresa e son secretaria da asociación ambiental Petón do Lobo.

Petón do Lobo

Touro