8M: cal é hoxe a axenda feminista?

ANÁLISE

Compartilhar no facebook
Facebook
Compartilhar no twitter
Twitter
Compartilhar no google
Google+
Compartilhar no whatsapp
WhatsApp
Compartilhar no telegram
Telegram
Compartilhar no email
Email
Compartilhar no facebook
Compartilhar no twitter
Compartilhar no google
Compartilhar no whatsapp
Compartilhar no telegram
Compartilhar no email

                                            Tes que actuar como se fose posíbel transformar o mundo radicalmente. E tes que facelo todo o tempo. (Angela Davis)

Ximena González | Ourense, 22 de maio.  Tras as masivas mobilizacións do 8 de marzo e a resposta á sentenza infame da violación de San Fermín 2017 coñecido como caso de La Manada chegan as primeiras diverxencias na axenda feminista após o 8M. Coñecendo o movemento feminista non era difícil prognosticar que en canto se entrase nas diferentes materias da axenda as estratexias acabarían impondo intereses e prioridades diferentes. É, desde hai douscentos anos, a realidade diaria do movemento feminista.

1. UNIDADE CON AXENDA MÚLTIPLE. A chamada á unidade funciona cando a axenda e múltiple, é decir, cando coloca enriba da mesa un calendario e unha táboa reivindicativa abondo extensa como para atopar puntos de encontro que acotío traballan en axendas paralelas. Sábeno as feministas organizadas e descoñéceo quen acaba de chegar ao feminismo organizado. Será tamén unha das aprendizaxes posteriores a este masivo 8M.

Na Galiza é claro, mentres os feminismos autónomos centran o seu traballo en dar resposta ás denuncias das violencias machistas que trouxo o empoderamento do 8M no seo da esquerda política, os movementos sociais ou os contextos laborais, os grupos vencellados ás axendas estatais viran cara unha axenda institucional centrada na presión aos partidos políticos.

Diferentes, mais non excluíntes, ambas realidades conviven dende moito antes do 8M, son dous camiños coñecidos para o movemento organizado que non teñen dado poucas dores de cabeza para establecer axendas comúns alén das datas de reivindicación internacionais ou a expresión máis bárbara da violencia machista: os asasinatos. Mais nunca antes tanta xente ollaba cara esta axenda política das mulleres feministas con interese.

2. ESPAZOS DE UNIÓN CONTRA AS VIOLENCIAS. Dende hai uns anos, e froito dunha denuncia pública colectiva das feministas dunha agresión machista en Compostela, trabállase na Galiza nun protocolo para a prevención e abordaxe das violencias machistas nos movementos sociais. Os traballos, pausados e exhaustivos, traerán nos próximos meses un encontro de reflexión e debate á axenda de moitas mulleres pertencentes a diversos espazos e proxectos feministas.

No último mes houbo outra denuncia pública dunha agresión no seo do movemento xuvenil, apoiada nun momento político no que as redes e o apoio ás mulleres agredidas consegue crear espazos de seguranza para elas. Este caso, tamén vivido no ámbito de Compostela, ten centrado os esforzos do feminismo autónomo na organización de asembleas e espazos seguros para a denuncia e a resposta fronte a este tipo de violencias.

Tres anos separan unha denuncia da outra, e o máis recente vén retomar a axenda colectiva iniciada por aquel, que achegará ao conxunto do feminismo un documento sobre o que traballar e construír conxuntamente espazos de reflexión e acción sobre as violencias cotiás.

Diferentes, mais non excluíntes, ambas realidades conviven dende moito antes do 8M, son dous camiños coñecidos para o movemento organizado que non teñen dado poucas dores de cabeza para establecer axendas comúns.

8M. Campo da Leña.
8M na Coruña. Saída dunha das anifestacións na Praza de Pontevedra. Na imaxe do cabeceiro, outra das mobilizacións dese día, no Obelisco. Foto: Xurxo Guitián

3. INSTITUCIÓNS/CONTRAPODER. A tensión institución/contrapoder mantén a súa total vixencia no feminismo após o 8M. A axenda extensa e multipolar que chamou á grave feminista fíxoo para impugnar o conxunto do sistema socioeconómico heteropatriarcal, e agora volta virar para un sector do feminismo nunha cuestión de presión ou lobby face os partidos políticos do sistema.

Exemplo paradigmático foron as mobilizacións do 16 de maio reclamando o cumprimento do Pacto de Estado, de escasa asistencia e proxección mediática na Galiza pois o feminismo autónomo non ten na súa axenda unha liña de reivindicacións institucional que negociar.

Tampouco serviu para repetir as mobilizacións da sentenza de La Manada, nin enmascarando as convocatorias eliminando a referencia ao Pacto de Estado e reclamando simplemente “Orzamentos = Compromiso” pois a dinámica estatal ten pouco a ver con como se coordina e mobiliza o feminismo galego. Apenas un cento de persoas na Coruña e un par de centos en Vigo amosaron que tampouco esa é unha axenda unitaria para o feminismo.

A destacar tamén o papel dos medios de comunicación no interese en centrar a axenda feminista na vía institucional, dando cobertura e relevancia a estas mobilizacións apenas secundadas por un sector do feminismo galego.

4. O REGO INSTITUCIONAL. A vía institucional é, foi e semella que seguirá a ser, o camiño que o sistema abre ao feminismo. Resultou demoledor nos oitenta coa incorporación de cadros do feminismo ás institucións descabezando parte dos movementos sociais ou, peor, dando excesiva voz aos sectores menos transformadores do mesmo. Agora, como forma de combater esa forza que se presentou imparábel e que impulsou a millóns de mulleres no mundo o 8 de marzo, o sistema emprega o debate institucional como rego polo que transitar na axenda feminista, reducindo a impugnación do sistema a un debate de cifras que, en ningún caso, vai saír fóra do control do propio sistema.

Onte mesmo os partidos do sistema expresaban as súa satisfacción por incorporar aos orzamentos da dereita que cuestionou o matrimonio de persoas do mesmo xénero ou o dereito das mulleres a decidir sobre os nosos corpos 35 veces menos orzamento que o destinado a defensa, nun Pacto de Estado que ademais inclúe medidas xa existentes nas leis que esa mesma dereita, e moita da esquerda, incumpren.

Falta saber que forza terá o feminismo que escolleu sentarse á mesa do sistema para debater no seu limitado marco político e se esa axenda acaba encontrando algunha alianza no feminismo autónomo. Hoxe non o parece.

Manifestación do 8M no Obelisco. Coruña.
Manifestación do 8M no Obelisco. Coruña. Foto: Xurxo Guitián

Falta saber que forza terá o feminismo que escolleu sentarse á mesa do sistema para debater no seu limitado marco político e se esa axenda acaba encontrando algunha alianza no feminismo autónomo. Hoxe non o parece.

5. A AXENDA ANTICAPITALISTA. Na Galiza o feminismo anticapitalista mantén o rumbo trazado antes do 8 de marzo, hoxe quizais con máis mulleres organizadas ou cerca de organizarse en algún dos colectivos que existen, e oxalá creando xa o xermolo de moitos máis.

A axenda semella inalterábel, construción de acordos e redes fortes que permitan afrontar novos retos e desafíos. Traballando desde a diversidade e cunha lentitude que quizais dende fóra desanime, mais que desde dentro impulsa e fortalece.

Aparentemente non hai convocatorias públicas colectivas próximas e o feminismo organizado continúa coas súas axendas, mais no día a día o feminismo crea proxectos e espazos de encontro e debate que xeran novas ideas e novas activistas.

O ciberactivismo feminista toma as redes como o feminismo tomou e toma os debates e conversas nos días posteriores ao 8 de marzo ou as mobilizacións da sentenza, mais cando os focos se apartan para mirar cara outro lado o feminismo segue medrando e organizándose na Galiza. No vindeiro mes será dando apoio ás reivindicacións LGBT, e xa se prepara a nivel local o 25 de novembro, Día Internacional Contra a violencia face as mulleres.

Cal é entón a axenda feminista? A mesma de sempre: transformar o mundo radicalmente. Que mudou entón após o 8M? Que hai máis mulleres organizadas, máis redes creadas e moita máis forza da que xa había para traballar como se fose posíbel facelo.

Deixe um comentário

Deixe um comentário