Alerta na universidade: hai razóns económicas detrás do abandono?

Parte I, o caso da USC

Compartilhar no facebook
Facebook
Compartilhar no twitter
Twitter
Compartilhar no google
Google+
Compartilhar no whatsapp
WhatsApp
Compartilhar no telegram
Telegram
Compartilhar no email
Email
Compartilhar no facebook
Compartilhar no twitter
Compartilhar no google
Compartilhar no whatsapp
Compartilhar no telegram
Compartilhar no email

Amara Añón Gándara | Textos | Eva Neira  | Textos | Compostela, 19 de xuño.  “Cando souben que non podía seguir estudando entrei nun baixón anímico moi forte”, confesa Laura Álvarez, que volveu de Santiago para Vigo. Laura quixo estudar Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela (USC). O ano pasado presentouse a ABAU, a antiga selectividade, e conseguiu subir a nota media até un 6,98. Case medio punto por riba da cualificación esixida para recibir a bolsa do Ministerio de Educación.

Pero as prazas no grao de Historia da Arte reducíronse de 100 a 95 e quedou a 0,02 puntos de entrar. Decidiu matricularse en dez materias da mesma titulación pola UNED, e quedou a vivir en Compostela mentres buscaba traballo. “Foi duro”, di; pero estaba “ilusionada”. “Parece unha parvada, pero o meu soño era estudar Historia da Arte”, escúsase.

Laura solicitara a bolsa do Ministerio e aspiraba a contía máis alta. Explica que non ten recursos económicos, tampouco a súa familia: a nai esgotou hai pouco a axuda familiar e o pai ten unha minusvalía. En xaneiro, a Universidade de Vigo, onde se presentou a ABAU, non remitirá o expediente académico á UNED, malia que ela pagara os corenta euros que custa o traslado. A UNED estáballe reclamando o pagamento da matrícula. E desde o Ministerio din que non terá bolsa porque a súa nota é insuficiente para acceder á bolsa, e esta foille denegada.

O curso pasado (2016-17) a Universidade de Santiago de Compostela contaba con 20.276 alumnas e alumnos matriculadas en titulacións de grao. A taxa de abandono é do 24%. Os datos do curso 2015-16 xa sinalaban que máis do 23% dos estudantes non conseguira rematar o grao ao que accederan. Ou o que é mesmo: segundo este indicador, nos dous últimos anos académicos máis de vinte alumnas de cada cen deixaron as súas carreiras universitarias.

Os motivos son diversos: descontento coa titulación, maior dificultade da esperada, falta de vocación ou circunstancias persoais. Estes altos porcentaxes agochan, ademais, a precaria situación das alumnas que deixaron os graos por non poder enfrontarse ao pagamento da matrícula, do transporte ou da residencia. O certo é que a USC non ten ningún mecanismo para clasificar os casos de abandono segundo o motivo polo que se producen. O abandono por motivos económicos non deixa pegada nas estatísticas.

Facultade de Químicas da USC.

Laura volveu para Vigo e traballa nunha cafetaría. “O ano que vén quero estudar un ciclo superior de Turismo. O meu plan é aforrar para facer algunhas materias pola UNED de Historia da Arte pero non nun futuro inmediato porque pode ser unha carga emocional moi forte para min”.

O prezo

Na USC, o prezo da matrícula por curso académico (dez materias) poder variar dende os 591 euros das titulacións de Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas e Artes, ata os 835 euros  nos graos que pertencen as ramas de Ciencias, Ciencias de Saúde e Enxeñaría. No caso de suspender algunha materia ou non presentarse ao exame o importe vai aumentando progresivamente en cada convocatoria.

Os beneficiarios das bolsas do Ministerio de Educación non teñen que paga-la matrícula, a maiores poden obter unha contía económica para sufragar gastos de transporte e residencia. O requisito indispensábel: unha nota media igual ou superior ao 6,5. No curso 2016-17, o Ministerio concedera 6.963 bolsas a estudantes de primeiro e segundo ciclo, grao e máster da USC. A contía total, 20,9 millóns de euros. Un recorte dun 1,1% respecto do curso anterior. Tamén no número de beneficiados, que foran algo máis de 7.000, dos máis de dez mil que a solicitaran. É dicir, un terzo dos que a solicitan fican sen ela.

Laura Alvarez, ex alumna.
Laura Alvarez, ex alumna.

Laura reclamou pero a resposta segue sendo a mesma: a nota non lle dá. “Como eu estaba polo plan LOE, creo que o que tiveron en conta foi só a nota de bacharelato: un 5,58, non lle sumaron o resultado das dúas materias específicas que realicei na ABAU”. Esta é, a día de hoxe, a única explicación que atopa Laura.

As taxas de abandono

Entre as titulacións da USC, as que máis destacan polo seu elevado índice de abandono son os graos en Linguas e Literaturas Modernas, Filosofía, Física e o dobre grao en Física e Química, en todos eles o 50% do alumnado renuncia antes de acada-lo título, segundo os datos do pasado curso. As porcentaxes tamén son altas en carreiras coma Xestión e Administración de Empresas no Campus de Lugo (45%), Enxeñaría Forestal (44%), Ciencias da Cultura e Difusión Cultural(41%), ou Xeografía e Ordenación do Territorio (40%). En canto o número de renuncias durante o primeiro curso, o grao que sufriu máis baixa foi o de Lingua e literatura galegas, un 38% do alumnado abandonou prematuramente.

A ex vicerreitora de Comunicación e Coordinación da USC, Rosa Crujeiras*, explica que hai que analizar os datos título a título porque “non é o mesmo un 10% nunha titulación no eido das ciencias que no das ciencias sociais”. Crujeiras tamén defende que a universidade elaborou un indicador propio que rexistra o número de alumnas que non se presentaron a ningún exame no primeiro cuadrimestre. O obxectivo é facerlles un seguimento e tentar que se reincorporen á vida académica, pero a Vicerreitora recoñece que o calculo da taxa realízase a posteriori e as estudantes xa están fóra. Agora son os centros os que realizan accións máis inmediatas e concretas “para tratar de non perdelas”.

Sobre as causas que se agochan detrás do abandono, a USC admite que non ten ningún mecanismo para determinalas. Con todo, dende a institución académica afirman que os casos nos que as alumnas deixan os estudos por motivos económicos son “moi puntuais” e que foron máis habituais durante a crise, iso si, recoñecen a gravidade do asunto.

“Gustaríame que todos poidamos optar a estudar. A consigna de entrar por nota non deixa de ser elitista, só pode acceder a persoa que estudou moito, algo que entendo, pero debería contar máis o recurso económico. En moitos países a universidade está cuberta polo Estado. Eu vou traballar todo o verán para poder costear o autobús que me leve ao instituto onde quero facer o ciclo porque non vou depender dos meus pais. Din que os pais teñen que traballar para manter aos seus fillos, pero, se non se poden nin manter eles como van manter aos seus fillos?”, reflexiona Laura.

Colexio Fonseca
Colexio Fonseca.

Que facer?

Rosa Crujeiras sostén que o deber da Universidade é “pór a disposición da xente que teña estas dificultades tódolos medios para que non abandonen o seus estudos”.

Hai dous mecanismos aos que recorrer nunha situación precaria. Por un lado, unha Comisión de Garantías no eido das residencias universitarias públicas. O obxectivo deste tribunal é valorar a posibilidade de aprazar o pagamento da cota mensual ou incluso de eximir á alumna de realizalo, en situacións excepcionais como unha demora na chegada da bolsa ou se a familia pasa por dificultades financeiras. O outro é a posibilidade de aprazamento, exención ou anulación do pagamento da matrícula. O alumno pode acollerse a esta solicitude de excepcionalidade en calquera momento, pero será o reitor quen valore cada caso de xeito individual e decida. Crujeiras di que os obstáculos económicos cos que se atopan algunhas alumnas son “casos excepcionais” porque afectan ao ámbito privado e por iso, agrega, “son moi difíciles da valorar con parámetros obxectivos e cuantificalos”.

Se unha estudante se atopa nunha situación extrema por mor da precariedade ten varias opcións, segundo explica Crujeiras: pode informar no seu centro, na reitoría, na secretaría xeral ou no Servizo de bolsas e axudas ao alumnado. Moitas mozas tamén o canalizan a través do Valedor da Universidade. Chegue pola vía que chegue a solicitude de axuda, sostén a USC, van tratar de darlle solución.

Ademais a Universidade defende que Galiza conta coas taxas de matrícula máis baixas do Estado e, a maiores das bolsas concedidas polo Ministerio de Educación e pola Xunta, a USC tamén outorga as bolsas comedor: o ano pasado foron concedidas a 570 estudantes por un importe total de 623.137 euros. Hai dous cursos, no 2015-16, investíronse 24.000 euros máis nestas axudas e 594 alumnas foran beneficiarias.

Rosa Crujeiras fixo parte do órgano de dirección da USC até hai unhas semanas, cando se produciu o cambio de equipo tralas eleccións. Na primeira versión desta información figuraba como vicerreitora.

Deixe um comentário

Deixe um comentário